BaideTapas, cando Baiona transfórmase en gastronomía

O Mesón Fidalgo de Sabarís, establecemento que no pasado ano 2018 obtiña o recoñecemento á segunda Mellor Tapa da pasada edición do BaideTapas, foi o escenario elixido para a presentación da cita anual que converte a Baiona nun claro referente da calidade gastronómica do sur de Pontevedra. Entre os días 9 de maio e 2 de xuño, veciñanza e visitantes poderán degustar un total de 23 tapas, a cada cal mellor, noutros tantos establecementos cun prezo de 2,50 € ou 3,90 € se é combinado cun dos catro viños patrocinadores da campaña.

  • Publicado en Baiona

Entrega distintivos Sicted en Baiona

O alcalde de Baiona e responsable de Turismo, Ángel Rodal, fixo entrega no Salón de Plenos do Concello de Baiona dos distintivos de calidade ás 29 empresas e servizos que superaron o comité de decembro pasado. Rodal agradeceu aos establecementos turísticos, o seu compromiso coa calidade e a súa continuidade nun proxecto que se perpetúa no tempo.

  • Publicado en Baiona

Ángel Rodal: “Somos un pobo pequeno cun potencial que xa quixeran municipios máis grandes”

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, asumiu a alcaldía en outubro de 2015 logo de que o alcalde electo, Jesús Vázquez Almuíña, fora nomeado conselleiro de Sanidade. Tiña ante si, Ángel Rodal, o dobre reto de, por unha banda, desenvolver os proxectos xa trazados –ou cando menos esbozados– polo seu predecesor para o mandato que comezaba e, por outra, ser capaz de darlle a ese mandato un selo de identidade propia.

  • Publicado en Baiona

Entrega dos premios do concurso de Escaparatismo de Nadal de Baiona

O salón de plenos do Concello de Baiona foi escenario do acto de entrega dos premios do concurso «Decorando Baiona non nadal» convocados pola Concellería de Comercio dentro das súas actividades de promoción e dinamización comercial. Na presente edición do concurso participaron 7 establecementos dos cales se valorou o mellor engalanado, a mellor decoración interior e a orixinalidade e innovación. Deles saíron os tres escaparates que mereceron este ano os premios.

  • Publicado en Baiona

O Monte Real Club de Iates, un porto sen fume

O Monte Real Club de Iates é oficialmente, desde este venres, un porto sen fume. Esta mañá, o conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Almuíña, fíxolle entrega ao presidente da entidade, José Luis Álvarez, dun diploma que recoñece a participación do Monte Real na 'Rede Galega de Portos sen Fume'. 

  • Publicado en Baiona

'Can I help you?' curso gratuíto de inglés para mellorar á atención aos turistas

Podo Axudarche?, é un lema que serve para definir a esencia deste curso gratuíto que a empresa Royal Celtic organiza en colaboración con ACEBA (Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona) e o Concello de Baiona no seu 30 Aniversario. Trátase dunha actividade formativa, gratuira e orientada ao sector empresarial e comercial de Baiona amais dos traballadors do Concello. E o xeito, sinalaban na presentación, "que Royal Celtic ten de poñer o seu gran de area á Excelencia Turística da Real Vila".

  • Publicado en Baiona

O alcalde de Baiona inicia unha rolda de visitas polas parroquias

O alcalde de Baiona, Ángel Rodal, comezou hoxe luns no CEIP de Belesar, a rolda de reunións que manterá nas diferentes parroquias do municipio de cara a coñecer "de primeira man" as necesidades e opinións da veciñanza de cara a unificar criterios. Mañá martes, o encontro será no colexio de Sabarís; o mércores será a quenda de Baíña no Centro Cultural da parroquia, o xoves a reunión será no Centro Cultural de Baredo, e o venres viernes 26 de outubro rematarán as roldas de reunións no CPI Cova Terreña.

  • Publicado en Baiona

Baiona realiza traballos de mellora na iluminación viaria

A Concellería de Electricidade do Concello de Baiona vén de desenvolver traballos tendentes á mellora da iluminación na zona da urbanización «O Bosque». As obras abrangueron a modificación dos báculos existentes tanto no que atinxe a súa altura coma inclinación con respecto á vía pública. Amais procedeuse á substitución de 20 lámpadas de 125W de luz mestura máis reactancia de 25W por outras de 30W de tecnoloxía LED.

  • Publicado en Baiona
Suscribirse a este canal RSS