13.9 C
Pontevedra
Venres, 8 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: xardíns

    A Deputación doou no 2022 máis de 700 plantas ornamentais de Areeiro

    A Deputación de Pontevedra fixo un total de 754 doazóns de plantas ornamentais da Estación Fitopatolóxica de Areeiro para que concellos, centros educativos, entidades, institucións e particulares puidesen enriquecer ao longo deste 2022 os xardíns abertos ao público na provincia.

    Mondariz Balneario recupera os seus históricos xardíns coa axuda da Deputación

    As obras de axardinamento e recuperación de elementos históricos dos Xardíns de Mondariz Balneario, a carón do Gran Hotel, permitiron recuperar o esplendor desta contorna e de varios dos seus recunchos máis senlleiros a través dunha achega do Plan Concellos da Deputación.

    Nigrán crea un novo espazo axardinado de 50 metros cadrados na Ramallosa

    O Concello de Nigrán rematou hoxe os traballos para dotar dun espazo axardinado o cruce entre a rúa Manuel Lemos e o Camiño da Cabreira, na Ramallosa. Tras inhabilitarse un carril de saída de vehículos polas obras de mellora da seguridade viaria na PO-552 a cargo da Xunta, o Concello aproveitou ese lugar para crear un punto verde de 50 metros cadrados.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.