9.5 C
Pontevedra
Mércores, 6 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: verquidos

    O Concello de Ponteareas elimina novas vertedura incontroladas en distintos puntos da vila

    O Concello de Ponteareas vén de retirar novas verteduras incontroladas en diferentes puntos da vila, espazos públicos ben a carón de colectores ou na propia rúa nos que se detectaron unha nova acumulación de residuos sólidos de distinta natureza, dende restos de madeira ou obras ata pequenos electrodomésticos antigos, mobiliario ou colchóns.

    O Concello de Ponteareas elimina unha vertedura incontrolada preto do Castro de Troña

    O Concello de Ponteareas vén de retirar unha vertedura incontrolada preto do Castro de Troña, un punto no que se detectou a acumulación de residuos sólidos de distinta natureza , co conseguinte prexuízo que causa tanto á propia veciñanza como para a contorna dende o punto de vista ambiental.

    O Concello do Porriño actuará con contundencia ante os verquidos ilegais

    Dende a Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Antía Carrera, advertiuse hoxe que o Concello do Porriño actuará con contundencia ante os verquidos ilegais que se están a detectar no municipio.

    Redondela remite o resultado da análise do verquido de maio á Xunta que apunta a Aucosa

    O departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela enviou á dirección xeral de Cambio Climático da Xunta de Galicia, á de Gandería e a Augas de Galicia sendas copias co resultado do informe analítico do verquido detectado nas inmediacións da ponte de Rande o pasado 26 de maio.

    Nigrán finaliza as obras que resolven o problema de verquidos de augas pluviais aos colectores de residuais paralelos ao río Muíños

    O Concello de Nigrán rematou esta semana a través da empresa adxudicataria Sodein Soluciones Integrales os traballos para reducir os verquidos de pluviais aos colectores de residuais que discorren paralelos ao río Muíños, cun investimento de 103.000 €.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.