21.5 C
Pontevedra
Luns, 28 de Setembro de 2020

Tag: turismo

Balneario de Mondariz, líder dos destinos elixidos polas españolas para viaxes individuais

Balneario de Mondariz lidera a clasificación dos destinos elixidos polas españolas para viaxes individuais, segundo acaba de publicar La Guia Fememnina, revista dixital nacional construída por mulleres e enfocada a mulleres, que destaca á vila termal galega na nova moda, que crece cada ano, de viaxes en solitario para reencontrase ou descansar da familia.

Alumnado do obradoiro ‘Percorre Tui’ realiza visitas guiadas para os maiores da residencia ‘San Telmo’

O alumnado do Obradoiro de Emprego Percorre Tui realizou estes días unha visita guiada dirixida a un grupo de maiores da Residencia San Telmo. En concreto a visita partiu dende a propia residencia, na rúa Antero Rubín, até a igrexa de San Domingos, situada a poucos metros, onde recibiron explicacións, por parte dos alumnos e alumnas do obradoiro da historia e características deste templo.

O PP de Nigrán alerta sobre “o incontrolado” aumento de autocaravanas nas praias

O Partido Popular de Nigrán vén de advertir "do aumento incontrolado de autocaravanas que literalmente invaden os principais aparcamentos dos areais do municipio durante este verán". O portavoz popular, Carlos Abal, incide en que "é de total necesidade" que leve a cabo unha regulación real da situación".

Carlos Font acusa á Xunta de “ocultar datos relevantes para facer crer que o turismo non vai ben”

O deputado provincial Carlos Font cualificou hoxe de “incomprensible” a actitude da Xunta de Galicia “que despois de faltar a verdade sobre o tirón turístico da provincia de Pontevedra, ofrecendo datos parciais e ocultando os que realmente son relevantes do primeiro semestre do ano, por enriba pretenda atacar á Deputación cando somos a institución que coincide plenamente coa información do INE en canto a número de pernoctacións e días de aloxamento”.

A provincia de Pontevedra volve a superar os seus resultados de ocupación cun 70,4 % en xullo

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ofreceu hoxe os datos de ocupación media na provincia de Pontevedra durante o mes de xullo, que salientan que “seguimos a ter uns resultados extraordinarios cunha media na provincia do 70,4 %, 3 puntos máis que no mes de xullo de 2018”.

Tui presenta o Plan Director de Turismo para converterse “nun referente na zona”

O martes 30 de abril presentouse na casa do concello de Tui o Plan Director de Turismo elaborado pola empresa Valora. O alcalde, Carlos Vázquez Padín, xunto a Antonio Rodríguez García e Tamara Tilve de Valora, foron os responsables de dar a coñecer o traballo desenvolvido nos últimos meses. Previa...

Nigrán garante aos hostaleiros que a ausencia de bandeiras azuis non afectará ao turismo

O goberno de Nigrán envía un mensaxe de calma aos hostaleiros de Nigrán preocupados pola ausencia de bandeiras azuis nos areais. Neste sentido, o alcalde, Juan González, insiste en que a decisión de non pedilas "foi moi meditada e previo estudio da situación nos municipios galegos e...

Entrega distintivos Sicted en Baiona

O alcalde de Baiona e responsable de Turismo, Ángel Rodal, fixo entrega no Salón de Plenos do Concello de Baiona dos distintivos de calidade ás 29 empresas e servizos que superaron o comité de decembro pasado. Rodal agradeceu aos establecementos turísticos, o seu compromiso coa calidade e a...

Colaboradores