24.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Setembro de 2023
Máis

    Tag: tecnoloxía

    Mos forma aos seus maiores no uso da tecnoloxía móbil

    Desde o Concello de Mos, concretamente desde a Concellería de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, infórmase dunha nova formación TIC para maiores, que comezará o vindeiro 20 de abril.

    A Deputación e ASIME percorren a provincia presentando “Tecnolóxicas Week”

    O programa Tecnolóxicas, iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra e ASIME, chegará a toda a provincia de Pontevedra a través da “Tecnolóxicas Week” para fomentar as vocacións técnicas na xente nova.

    Alumnado do CEIP Mestre Martínez Alonso solicita á alcaldesa decretar un día de apagón tecnolóxico

    Mos celebra o seu xa tradicional Pleno Infantil conmemorativo do Día da Infancia. A iniciativa forma parte do programa municipal de actividades cos centros educativos en horario lectivo.

    Carmela Silva pon o foco na MIC do Mindtech na urxencia de “dar o salto para que as mulleres sexan líderes tecnolóxicas” na transformación dixital

    A urxente necesidade de que as mulleres estean presentes “en todos os retos da transformación total e absoluta” que está a vivir a Humanidade da man da tecnoloxía e dixitalización centrou hoxe a intervención da presidenta da Deputación de Pontevedra na apertura da Conferencia Internacional da feira Mindtech en Vigo. Na apertura da MIC, xunto a vicepresidenta primeira do Goberno de España e Ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, Carmela Silva incidiu na importancia de que as mulleres “poidan formarse e adquirir a posición para ser dirixentes das tecnolóxicas”.

    Zona Franca desenvolve unha plataforma web de apoio a emprendedores do sector mariño-marítimo da Eurorrexión

    Como unha das principais accións a desenvolver pola Zona Franca dentro do Proxecto Sherpa do Mar, no día de onte o Delegado asinou o contrato coa empresa Ilunion Tecnoloxía e Accesibilidade S.A, do grupo ONCE, para o desenvolvemento dunha plataforma Web, denominada i-Sherpa, que dará apoio ao proxecto europeo para a mellora tecnolóxica do sector mariño-marítimo da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.