17.2 C
Pontevedra
Sábado, 31 de Outubro de 2020

Tag: salvaterra de miño

Salvaterra de Miño adxudica o contrato do Servizo de Axuda no Fogar

A alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, vén de asinar o novo contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para os próximos catro anos coa empresa Idades, S.L. por un importe de 1.711.584,00 €, entre SAF dependencia e SAF básico.

Alxén ultima os preparativos para o sétimo ‘Serán dedicado á vendima’

O 14 de setembro celébrase en Alxén, Salvaterra de Miño, a sétima edición do seu Serán dedicado á vendima. Un acontecemento xa consolidado na contorna ao que acoden grupos folclóricos de toda a comarca.

Amplo programa de actividades para a ‘LX Festa do Viño do Condado do Tea’ de Salvaterra

O Concello de Salvaterra vén de dar a coñecer o amplo programa de actividades que desenvolverá, entre os días 23 e 25 de agosto, con motivo da celebración da 'Festa do Viño do Condado do Tea' que con esta acada xa a súa sesaxésima edición. No programa, o viño que é o auténtico protagonista, está perfectamente complementado coa boa música e gastronomía.

Salvaterra abre a inscrición para os Cursos/Cata da Festa do Viño do Condado do Tea

Salvaterra de Miño vive, estas datas, inmersa nos preparativos da Festa do Viño do Condado do Tea que, con esta, chega a súa 60 edición. Dentro da programación desta festa, o Concello vén de abrir a inscrición para as catas comentadas que, cada ano, contan cun maior número de seguidores.

O BNG cualifica de “desidia” que o goberno de Salvaterra tardara seis anos en xestionar o arranxo dunha rotonda

O BNG en Salvaterra de Miño lamenta o que cualifica de situación de “desidia e parálise” do goberno de Salvaterra de Miño que, segundo os nacionalistas, “tardou seis anos en asumir unha iniciativa presentada polo BNG para pór solución á perigosidade da rotonda situada na estrada PO403”, á altura das interseccións da rúa Fiás e o polígono industrial Chan da Ponte.

Salvaterra pide á Xunta a mellora da glorieta na PO-403 Salvaterra-Ponteareas

O Concello de Salvaterra de Miño aprobou no Pleno do pasado 29 xullo, por unanimidade, a proposta do Goberno local de solicitar á Xunta de Galicia as medidas necesarias para mellorar a seguridade na glorieta da PO 403. As pequenas dimensións da mesma e a súa situación, propician a que a maioría dos vehículos a pasen sen facer "a rotonda" con conseguinte risco para a circulación.

Salvaterra asina o contrato do cambio de pavimento para o Pavillón Municipal de Leirado

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, vén de asinar o contrato de subministro e instalación de pavimento deportivo no Pavillón Polideportivo de Leirado coa empresa Mondo Ibérica, por un importe de 61.752,29 €, cun prazo de execución de dous meses.

María Miranda do CPA Condado de Salvaterra, subcampiona galega benxamín

O Club Patinaxe Artística condado de Salvaterra acadou unha medalla no transcurso do Campionato Galego nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil que se disputou en Gondomar. Na categoría Benxamín, Marta Fraga, do CPA Maxia da Coruña conseguia o ouro mentres que a prata e o título de...

Marta Valcárcel presenta o proxecto de ampliación da Escola Infantil de Salvaterra

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, vén de reunirse co xerente do Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíños, para presentarlle o proxecto de máis de 200.000 € para a ampliación da Escola Infantil de Salvaterra. Un proxecto que contempla ...

Alto Minho, Salvaterra e Vilanova de Arousa prepáranse para vivir «O Mundo a Dançar»

Coa organización do Grupo Folclórico da Casa do Povo de Barbeira, entre o 27 de xullo e 5 de agosto desenvolverase, a unha e outra beira do río Miño, o «34º Folk Monção O Mundo a Dançar» que, como en anteriores edicións, promete volver a encantar a milleiros de persoas...

Marta Valcárcel presenta o programa de actividades «Vive agosto en Salvaterra»

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, vén de presentar a programación que, durante o mes de agosto, ofrecerá o Concello e que se desenvolverá baixo o lema «Vive agosto en Salvaterra». A programación cultural presentada, como xa é habitual no concello fronteirizo, é "variada,...

Salvaterra de Miño facilita a conciliación familiar e laboral cos campamentos de verán

Este pasado luns daba, en Salvaterra de Miño, a segunda quincena do Campamento de Verán, unha iniciativa enmarcada no programa de conciliación familiar que desenvolve o Concello que preside Marta Valcárcel. "Este Concello leva anos traballando en diferentes accións e programas de conciliación familiar e laboral, que...

Salvaterra abre o prazo para o campamento de conciliación de Semana Santa

A tenente de alcalde do Concello de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, vén de presentar o Campamento de Semana que o Concello desenvolve ao abeiro do programa de Concilación Familiar. A actividade, que de desenvolverá do 15 ao 22 de abril cun custe de 10 €,...

Éxito da xornada gratuíta de defensa persoal feminina organizada polo Concello de Salvaterra

O pasado 16 de marzo daban comezo, en Salvaterra de Miño, as clases de defensa persoal feminina organizada polo Concello e que contan cunha enorme participación. Serán catro xornadas a través das que se darán ás participantes nocións básicas de como afrontar diversas situacións de risco, como resolvelas...

Salvaterra de Miño celebra o Día da Árbore

Un ano máis, con motivo da celebración do día da árbore, a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Salvaterra de Miño, que dirixe Marta Valcárcel, organiza varias actividades involucrando aos Centros Educativos do Municipio de cara a concienciar, aos nenos e nenas, na necesidade de coidar...

A Xunta investirá 400.000 euros no IES de Salvaterra

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, anunciou onte que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vai licitar este ano a reforma do IES Salvaterra de Miño. Segundo informou, o departamento educativo está redactar o proxecto, que contempla unha reordenación dos espazos co traslado...

Preto de 2.000 persoas, no Enterro da Lamprea de Salvaterra de Miño

O Concello de Salvaterra de Miño pecha as inscricións do Enterro da Lamprea 2019 coa participación de 19 carrozas e preto de 2.000 persoas desfilando polas rúas da vila. O desfile, que arrancou no ano 2007, ano a vaise consolidando sendo, hoxe en día, un evento de referencia...

Colaboradores