9.6 C
Pontevedra
Venres, 26 de Febreiro de 2021

Tag: ponteareas

O Pontebike Team-Sportskids de Ponteareas incorpora a Óscar Barciela nas súas filas

O Club de Enduro/ Dh de Ponteareas, Pontebike Team, dá un paso máis no seu crecemento e para esta vindeira Tempada 2021 crea o seu Equipo de competición na Real Federación Española de Ciclismo, denominándoo Pontebike Team-Sportskids, e incorpora ao varias veces campión galego de motocrós e supercrós, Óscar Barciela Fernández.

A Deputación aproba unha achega de máis de 200.000 euros para Ponteareas e Cuntis

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra pecha o ano aprobando máis obras do Plan Concellos 2020, que contou neste exercizo cun orzamento global de 42,2 millóns de euros. Desta volta deuse o visto bo a recursos por máis de 200.000 euros para os concellos de Cuntis e Ponteareas. Ponteareas obterá preto de 142.500 euros para a mellora da pavimentación no lugar de Chan da Gándara e labores de conservación e mantemento do cámping 'A Freixa', mentres que Cuntis recibirá 66.800 euros que permitirán o acondicionamento do camiño de acceso e do interior do núcleo rural de Fontecova.

Comeza o obradoiro de emprego ‘Coidar de nós III’ que formará a vinte persoas desempregadas de Ponteareas e As Neves

A Consellería de Emprego e Igualdade vén de activar a nova quenda de obradoiros duais de emprego na provincia de Pontevedra, que contará con ata 14 destas actividades, coa posta en marcha da iniciativa laboral Coidar de Nós III, que formará a vinte desempregados dos concellos de Ponteareas e As Neves grazas a un investimento de 346.946 €.

A Xunta publica no DOG o decreto de expropiacións para reforzar a seguridade viaria na estrada PO-403 en Ponteareas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para executar as obras de mellora da seguridade viaria no treito de concentración de accidentes da estrada PO-403 ao seu paso polo concello de Ponteareas.

Ponteareas incorporarase en 2021 á rede de cidades transfronteirizas do Eixo Atlántico

O Pleno da Corporación Municipal debaterá este martes a iniciativa do goberno local para aprobar a adhesión de Ponteareas á rede de cidades do Eixo Atlántico, entidade que promove a cooperación entre Galicia e o norte de Portugal. Unha vez aprobada a adhesión, Ponteareas sumarase oficialmente ao Eixo Atlántico unha vez a súa asemblea dea o visto bo.

O Goberno ponteareán aclara que os datos de recadación aportados polo PP “son falsos”

O Goberno Local de Ponteareas, a través do seu concelleiro de Bo Goberno, Transparencia e Participación Cidadá, Roberto Mera, deu a coñecer os datos oficiais de recadación de sancións durante o ano 2020, desmentindo de plano os datos feitos públicos recentemente polo Partido Popular.

A Xunta mantén o peche perimetral en Ponteareas, que baixa a nivel medio-alto, e realiza cribado a comercio e hostalaría

A Xunta vén de comunicar ao Concello de Ponteareas a nova situación sanitaria tras a xuntanza do comité clínico da Consellería de Sanidade. Onte martes, o número de casos situábase en 43. Tal como establecen as normas da Xunta, a localidade debe manter o peche perimetral, pero baixa a nivel medio-alto.

Ponteareas reabre hoxe á circulación as rúas Vidales Tomé e Santa Ana

A Concellería de Mobilidade e Tráfico informou da reapertura ao tráfico das rúas Vidales Tomé e Santa Ana hoxe mércores durante a mañá. Ambas as dúas rúas estiveron durante tres semanas cortadas ao tráfico rodado.

Ponteareas agasalla á veciñanza co seu Calendario Galego

O Concello de Ponteareas, como cada ano, agasalla á veciñanza co seu Calendario Galego que a partir de hoxe martes día 22 estará disponíbel para todas e todos na Casa do Concello e na Biblioteca Pública Municipal.

Ponteareas amplia a máis do dobre o aparcadoiro de Granitos de Galicia

O Concello de Ponteareas anunciou a apertura provisional da ampliación do actual aparcadoiro público de Granitos de Galicia, sobre unha superficie duns 3.000 m2. O novo espazo de estacionamento está dispoñíbel desde hoxe e supón un incremento de 80 prazas de aparcadoiro, pasando das 58 actuais ás 139.

Os escolares de Ponteareas descobren o Wrestling Dummie, unha actividade pioneira en España para tempos de pandemia

O CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas acolleu este pasado xoves unha actividade pioneira na loita olímpica española. A Federación Galega de Loita e D.A. puxo en marcha cos alumnos de 5º e 6º de Primaria deste centro educativo a campaña de promoción da loita sen contacto e contra bonecos: Wrestling Dummie.

O Concello insiste para que a Xunta realice un cribado en Ponteareas ao manterse o peche perimetral

“Se a Xunta nos di que temos que seguir co peche perimetral porque se mantén a incidencia da pandemia en Ponteareas, é urxente que tomen o asunto en serio e actúen en consecuencia procedendo á realización dun cribado con probas masivas á nosa veciñanza. Dende o Concello xa lles temos as instalacións preparadas e recursos humanos á súa disposición”.

Este sábado goza da retranca do humorista galego Sergio Pazos en Ponteareas

Este sábado dia 19 de decembro ás 20 horas poderemos gozar do espectáculo "Rebento se non o conto" de Sergio Pazos. A Concelleria de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida a toda a veciñanza a desfrutar deste monologuista que se atreve nesta actuación a analizar unha realidade tan próxima e tan afastada como a que conforma España, os seus tópicos, as súas mentiras piadosas e as súas medias verdades coa ironía como único bisturí.

O Concello licita a explotación da cafetaría do parque das Pombas

O Concello de Ponteareas anunciou a licitación da explotación da cafetaría do Parque das Pombas. A instalación hostaleira está pechada desde finais do pasado ano cando o anterior adxudicatario renunciou a continuar coa súa xestión. O anterior contrato e as súas condicións tiñan a súa orixe no ano 1998 cando o goberno do Partido Popular de José Castro adxudicara a xestión da cafetaría por un prazo de 30 anos e cun canon de 600 euros anuais, é dicir, 50 euros ao mes.

Familias Azuis ofrece formación para familiares de persoas con autismo

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Verónica Carrera, convida a participar na charla "Unha familia con autismo na miña familia" organizada por Familias Azuis en colaboración con Autismo Galicia e co apoio do Concello de Ponteareas.

O Concello inicia as obras de mellora da seguridade vial no IES O Barral

Os concelleiros de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, e de Vías e Obras Chus Garrote anunciaron o inicio das obras de mellora da seguridade viaria na N-120 á altura do IES do Barral.

A entrada ao centro urbano pola Avenida de Galicia cortarase ao tráfico durante 12 horas o xoves día 17

A Concellería de Mobilidade e Tráfico informa do corte ao tráfico da entrada ao centro urbano pola Avenida de Galicia o vindeiro xoves a partires das 8 horas da mañá e durante aproximadamente 12 horas.

O Concello lembra que o confinamento de mes e medio é o que prexudica o comercio e hostalaría e non o tráfico

O goberno local saíu ao paso das críticas do PP sobre o tráfico en Ponteareas. “É certo que hai moitas obras e iso é o que realmente parece molestar o Partido Popular”, sinalou o concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, “pero falar de caos circulatorio e de atascos a diario é unha esaxeración que non se sostén”.

A Concellería de Vías e Obras inviste máis de 60.000€ na mellora de viais en Fozara e Santiago de Oliveira

A Concellería de Vías, Obras e Alumeado, que dirixe Chus Garrote, executa unhas importantes obras de mellora de camiños municipais que dan servizo á veciñanza de Outeiro de Castro, en Fozara, e de Santiago de Oliveira.

O Goberno de Ponteareas explica os factores que non permiten evitar o solapamento de obras no casco urbano

A concellaría de Mobilidade e Tráfico, que dirixe Roberto Mera, informou da reapertura ao tráfico da rúa Carballos no tramo que vai desde a Avenida de Galicia até a Estación de Autobuses. A rúa quedara cortada á circulación o pasado mércores por causa das obras de soterramento da rede de calor con biomasa.

As actividades do Revitaliza para escolares chegaron este ano a máis de 8.000 participantes a pesares da COVID-19

As actividades do Revitaliza para escolares chegaron neste ano 2020 marcado pola COVID-19 a máis de 8.000 escolares. A cifra é considerada como todo un éxito por parte da Deputación xa que, ademais, amplíase ao contabilizar os datos por cursos escolares: no 2019-2020 celebráronse 420 obradoiros para 9.628 crianzas –a pesares de que o terceiro trimestre non foi operativo–, e só no primeiro trimeste deste curso contabilizáronse 2.055 nenos e nenas en 138 actividades.

O PP de Ponteareas solicita un plan “especial e temporal” de tráfico para non prexudicar ao comercio e hostalaría no Nadal

O Grupo Municipal do PP solicita ao Concello local un Plan Especial de Tráfico para as datas do Nadal e acusa ao Goberno local de "falta de planificación". Os populares consideran que a situación actual, obras en varias rúas céntricas, a climatoloxía adversa e cambios de sentido efectuados recentemente son os motivos deste caos na Vila do Tea.

A Xunta mantén o peche perimetral en Ponteareas logo que o número de casos activos, neste venres, sitúese en 54

A concelleira de Saúde de Ponteareas e alcaldesa en funcións, Cristina Fernández Davila, analizou coa Xerencia da Área Sanitaria de Vigo e a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade da Xunta a evolución da pandemia na localidade no encontro semanal que ambas administracións manteñen.

A humanización da rúa Redondela amplíase incorporando o soterramento dos cableados telefónicos

A humanización da rúa Redondela incorporará o soterramento dos cableados telefónicos o que suporá unha mellora engadida ás xa previstas inicialmente no seu proxecto de reurbanización. Tralo acordo acadado entre o Concello e a compañía de telefonía as obras deixarán listas as canalizacións necesarias para a posterior instalación do cableado de xeito que non haia que volver obrar.

Clausura do obradoiro de emprego ‘Coidar de Nós II’ en Ponteareas

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, clausurou esta mañá o obradoiro de emprego Coidar de Nós II no Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas e anunciou o inicio inmediato da 3ª edición desta iniciativa laboral, tamén baixo o formato dual e cunha duración de nove meses, grazas a un investimento de 346.000€ por parte da Consellería de Emprego e Igualdade.

A Xunta autoriza as expropiacións para reforzar a seguridade viaria na PO-403 entre a saída da A-52 e o final da travesía de Angoares

O Consello da Xunta aprobou onte o decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para executar as obras de mellora da seguridade viaria no treito de concentración de accidentes da estrada autonómica PO-403 ao seu paso polo concello de Ponteareas.

O PSdeG destaca o compromiso do Goberno con Ponteareas e lamenta que o BNG “prefira os orzamentos de Rajoy e Ana Pastor” que dende 2015 nin empezou a variante

O coordinador dos socialistas galegos no Congreso dos Deputados, Guillermo Meijón, destacou hoxe o compromiso do goberno de España con Ponteareas a través dos orzamentos para o ano que vén, uns orzamentos que o BNG non apoiou a pesares de que inclúen cuestións como a variante para a vila que o PP nin empezou dende 2015.

O BNG critica que PSOE e Podemos marxinen a Ponteareas nos Orzamentos do Estado

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, explicou o voto en contra da formación nacionalista ao proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2021 presentado polo Goberno español e criticou “a marxinación coa que PSOE e Podemos castigan á veciñanza de Ponteareas, ao rexeitar as emendas do BNG que pretendían lograr investimentos para satisfacer necesidades históricas e vitais como son a mellora da seguridade viaria na estrada N-120 e a construción da Variante de Ponteareas”.

A obra Loló e Mamá chega mañá martes ao auditorio municipal de Ponteareas

A Concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, anuncia que mañá martes día 8 de decembro ás 18 horas de De Ste Xeito Producións representará a obra “Loló e Mamá” no auditorio municipal.

Ponteareas súmase á ‘Iniciativa Xabarín’ para a difusión de programación infantil e xuvenil en galego

O Concello de Ponteareas vén de sumarse á campaña popular para pedir a través dunha proposición no Parlamento Galego que a TVG se dote dunha maior oferta de contidos para a infancia e a mocidade, retomando a labor que no seu día efectuaba o 'Xabarín Club'. Esta campaña, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística tras unha iniciativa particular, pretende ademais que a programación infantil e xuvenil estea dispoñible en todas as plataformas de contidos audiovisuais

O Club Natación Ponteareas ‘volve a casa’

Coa incerteza que caracteriza esta tempada, as disciplinas deportivas buscan adaptar a súa actividade e calendario ás esixencias de saúde. Pero seguen adiante.

Regulación dos accesos e saídas en Vidales Tomé, Emilio Rodríguez e Santa Ana o sábado e festivos

As obras de soterramento da rede de calor manteñen cortado o acceso á rúa Vidales Tomé afectando tamén á rúa Emilio Rodríguez e Santa Ana. A isto engádese a reanudación das feiras e mercados dos sábados que imposibilitan o acceso pola rúa Concha Brey e Constitución.

Ponteareas actualiza a información sobre o avance da pandemia e as súas restricións

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a tenenta de alcalde e concelleira de Saúde, Cristina Fdez. Davila, mantiveron este xoves un novo encontro virtual coa Xerencia da Área Sanitaria de Vigo e a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade para analizar a evolución da pandemia na localidade e as medidas a aplicar dende esta fin de semana.

Ponteareas pon en marcha unha nova liña de axudas á hostalaría

O Concello de Ponteareas pon en marcha unha nova liña de apoio ao sector da hostalaría local para tentar rebaixar o impacto do peche decretado polo goberno da Xunta de Galicia coa finalidade de combatir a expansión da pandemia. Estas novas axudas poderán tramitarse a partir da vindeira semana e están dirixidas únicamente para os negocios da hostalaría que están pechados nestas semanas. Trátase dunha axuda complementaria á anunciada polo goberno galego e tamén complementaria doutras do propio Concello.

O Concello de Ponteareas actualiza as limitacións de tráfico polas obras da rede de calor

O Concello de Ponteareas vén de dar conta que este vindeiro luns luns comezarán os traballos de soterramento da rede de calos municipal na rúa Vidales Tomé o que obrigará ao seu corte ao tráfico rodado. A Concellaría de Mobilidade xa informou aos residentes de Vidales Tomé e de Santa Ana sobre os itinerarios a utilizar para acceder as súas garaxes. Así, accederase a Santa Ana por rúa de Oriente e San Xoaquín mentres que a saída se realizará pola Praza Maior. No caso de Vidales Tomé os usuarios de garaxes poderán acceder en sentido contrario ao habitual de circulación coas debidas precaucións.

Humanizacións, unha cuestión de vontade e de valentía política

Humanizar unha cidade ou unha vila, é dicir, facela máis 'humana', menos fría e máis vivible, foi e e será sempre unha cuestión de visión de futuro e, para calquera Goberno local e nos tempos nos que andamos, de valentía política. Trátase de ter claro un concepto...

O Concello de Ponteareas apela a seguir respectando as medidas de seguridade ante a pandemia tras superar os 100 casos activos

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a tenenta de alcalde e concelleira de Saúde, Cristina Fernández Davila, mantiveron nestas semanas encontros virtuais coa Xerencia da Área Sanitaria de Vigo e a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade para analizar a evolución da pandemia na localidade. “Agora...

Ponteareas apoia ao pobo saharaui e asina o convenio de axuda alimentaria para os campamentos nesta situación de pandemia

O goberno de Ponteareas, representado polo alcalde Xosé Represas, mantivo hoxe un encontro coa presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Isla, para a sinatura do convenio que permite desenvolver o programa de “Axuda alimentaria para os campamentos de refuxiados saharauis” e así poder cubrir o déficit existente de arroz, aceite, azucre, legumes e almorzo nas escolas dos campamentos de refuxiados saharauis.

Ponteareas acomete novos traballos de mellora da seguridade viaria e da mobilidade

A Concellería de Mobilidade e Tráfico, que dirixe o concelleiro Roberto Mera, iniciou novos traballos de mellora da seguridade viaria e da mobilidade en máis de 30 rúas da vila. As actuacións que se están desenvolvendo consisten no repintado de máis de 30 pasos de peóns e na creación de 10 novos pasos, que se suman aos 15 creados en meses anteriores.

Aberto o prazo para solicitar as axudas do Concello de Ponteareas para reactivar a economía local

O Concello informa que o Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) publicou onte a segunda convocatoria de axudas do Concello de Ponteareas para reactivar a actividade económica local, unha medida creada para contribuír a paliar os efectos económicos, sociais e laborais derivados da Covid-19 nos negocios e pequenas empresas locais.

Colaboradores