11 C
Pontevedra
Domingo, 28 de Febreiro de 2021

Tag: policía local

Detida unha persoa en Atios por un presunto delito de violencia machista

A Policía Local do Porriño detivo, esta pasada noite a un veciño de Atios, A.G.F., de 58 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero. As vítimas son a súa esposa, unha muller de 52 anos e o seu neto de 6 anos, ambos feridos de diversa consideración.

A nai do mozo atropelado no Porriño agradede o traballo da Policía Local que esclareceu o caso

Yerai, o mozo atropelado por un conductor que fuxiu e puido ser localizado pola Policía Local de O Porriño, evoluciona favorablemente dos múltiples traumatismos ainda que permanecerá ingresado no Hospital Alvaro Cunqueiro. Elena, a súa nai, acudiu onte ao Concello para agradecer persoalmente a investigación realizada pola Policía Local que permitiu o esclarecemento do caso que agora xa está en mans do xulgado.

A Policía Local do Porriño esclarece o caso dun atropelo con fuxida

No transcurso do día de onte, a Policía Local entregou no xulgado de garda as dilixencias coa investigación levada a cabo para esclarecer o suceso do conductor que se deu á fuga despois de atropelar e ferir gravemente a un mozo na noite do pasado xoves 12 na rúa Ramiranes, de Porriño.

Trece positivos en alcohol e drogas no control conxunto da Policía Local do Porriño e Garda Civil

Mañá martes 17 un conductor acusado dun delito contra a seguridade vial será sometido a un xuizo rápido nos Xuzgados do Porriño. O conductor, que cuadruplicaba, a taxa de alcoholemia e tiña o permiso de conducir retirado por dúas sentezas xudiciais, foi interceptado nun control conxunto realizado pola Policía Local e a Agrupación da Garda Civil de Tráfico.

O Rosal conta cun novo vehículo para a Policía Local

O Rosal conta xa cun novo vehículo de Policía Local para tarefas ambientais na súa flota. O vehículo, un Citroën C5 Aircross, súmase ao equipamento do Concello tras o corespondente proceso de licitación pública.

Policía Local do Porriño e Garda Civil impiden un roubo no estanco de Mos

A Policía Local de O Porriño colaborou coa Garda Civil de Mos para frustrar esta mañanciña, o roubo roubo ao estanco de Mos conseguindo deter ao presunto autor dos feitos, un individuo que estaba a forzar a entrada do establecemento cunha palanqueta.

A Policía Local do Porriño atende un condutor en parada cardíaca

Os axentes da Policía Local salvaron a vida a un conductor que se atopaba inconscente dentro do seu vehículo despois de colisionar contra un sinal de tráfico na rotonda do Cristo de Belén. No momento de recibir o aviso, ao lugar dos feitos desprazáronse dous coches patrulla e atoparon ao conductor accidentado en parada cardíaca.

A policía do Porriño esclarece a “detención ilegal” dun chofer dun vehículo de aluguer

A Policía Local de O Porriño esclareceu un caso dunha presunta "detención ilegal" do chófer dun vehículo dunha empresa portuguesa de aluguer con conductor. O chófer foi retido, presuntamente pola forza, por catro mozos tamén portugueses que viñan 'de marcha' por varios días e que foron detidos por axentes locais de Porriño a través dun control policial efectúado na rúa Antonio Palacios.

A Policía Local do Porriño captura ao presunto autor dun roubo nunha empresa

Axentes da Policía Local de O Porriño detiveron a J.F.F.R. de 30 anos de idade, pola presunta comisión dun delito contra o patrimonio, acusado de roubar nunha empresa da vila, a plena luz do día. Os feitos ocorrreron onte domingo. A Policía Local do Porriño recibiu a alerta de que un mozo rachara un cristal dunha fiestra para acceder a unha empresa ubicada no casco urbano.

A Policía Local de Ponteareas cuantifica en 600 persoas a afluencia máxima ao botellón

A plantilla da Policía Local e o concelleiro de Bo Goberno Roberto Mera celebraron onte unha reunión de traballo enmarcada nos traballos de análise do fenómeno do botellón. Na reunión a Policía cifrou nunhas 500 a 600 persoas as que participan no botellón nas épocas de afluencia máxima, coincidindo con festas ou o verán.

Ponteareas reforzará a cooperación entre Policía Local e Garda Civil

A Xunta Local de Seguridade de Ponteareas celebrou onte unha reunión extraordinaria a petición do alcalde Xosé Represas de cara a afondar na necesidade de colaboración entre a Policía Local e a Garda Civil e expoñer a situación da policía ponteareá que, na actualidade conta tan só con seis axentes activos e seis auxiliares "claramente insuficiente para atender tres turnos diarios de traballo, sete días á semana”, sinalou Represas.

O Goberno local fai un “balance positivo” dun Entroido de Verán n o que participaron máis de 25.000 persoas

O Goberno local de Redondela vén de cualificar de “moi positivo” o balance do recentemente celebrado ‘Entroido de Verán’ tanto no que fai referencia á asistencia de público, cifrada pola Policía Local en máis de 25.000 persoas, coma na “viraxe da programación con respecto a outros anos” que ofrecía unha festa máis familiar, con numerosas actividades infantís e afastada da imaxe de macrobotellón de anos anteriores.

Digna Rivas, “no prazo dun ano a Policía Local de Redondela terá a plantilla completa”

Dende o pasado 15 de xuño, tres policías procedentes da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) realizan o seu período de prácticas en Redondela para, unha vez rematado este –o 15 de agosto– voltar á Academia para superar as probas finais e incorporarse xa definitivamente, dous deles á Policía Local de Redondela e outro á de Soutomaior.
Sistema

Mos aposta pola seguridade infantil nos vehículos

O departamento municipal de Política Social do Concello de Mos organizou hoxe, en colaboración coa Policía Local, unha charla sobre Sistemas de Retención Infantil nos vehículos que tivo lugar esta mañá no Centro de Saúde de Mos, no Rebullón. No encontro a Policía explicou que “cada día, nas...

Incorpórase un novo axente ao cadro de persoal da Policía Local de Ponteareas

A concellería de Seguridade Cidadá, que dirixe Vanesa Fernández, vén de dar conta da incorporación dun novo axente da Policía Local que pasará a engrosar o cadro de persoal da Policía local ponteareá. O novo axente iniciará agora a súa formación na Academia Galega de Seguridade. A...

A Guarda incrementa os efectivos da Policía Local

A Guarda ven de publicar a Oferta de Emprego Pública 2019 na que se inclúen 3 Policías Locais e un oficial de Policía local, 4 novos efectivos que formarán parte dos efectivos fixos deste corpo de seguridade para suplir as baixas e reforzar o cadro de persoal...

A Guarda intensifica a presenza policial

Na mañá do luns 18 de marzo o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, mantivo unha xuntanza no Concello co Comandante do Posto da Guarda, Eligio Rivas, de cara a trasladalle a preocupación de comerciantes, veciñanza e responsables municipais, polos roubos que últimamente véñense producindo na Guarda. 

Colaboradores