Tag: parque
O Porriño solicita que empresas, Bispado e aseguradoras implicadas que cheguen a un acordo para arranxar a Capela do Cristo
O Concello do Porriño "agarda que o Bispado de Tui-Vigo e as empresas e aseguradoras implicadas, cheguen a un acordo para resolver as actuais diferenzas que manteñen e se poida arranxar a capela e, por conseguinte, a administración municipal sexa quen de reabrir o parque e a zona de lecer pública do Cristo", manifestou hoxe Pedro Pereira, concelleiro responsable do Patrimonio.
O parque infantil do Montiño obxecto de actos vandálicos ás poucas horas de rematar a súa reparación
O parque infantil situado no Montiño, en Rebordáns, foi obxecto de actos vandálicos ás poucas horas de rematar a súa reparación.
O Parque Urbano Fluvial Transfronteirizo de Valença-Tui xa está en estudo
Valença quere avanzar coa creación do Parque Urbano Fluvial Transfronteirizo Valença-Tui. O pro
xecto foi anunciado, hoxe, pola Eurocidade Tui-Valença. Manuel Lopes, Presidente da CM Valença e Henrique Cabaleiro, alcalde de Tui o teñen claro, “Queremos unha ponte porque é unha necesidade, porque os cidadáns mudaron os hábitos e están a esixir mudanzas nos deseños das cidades. Hoxe, queren cidades máis humanizadas, con máis espazo dedicado ás persoas”.
O parque deportivo do Codesal consolidase como espazo de ocio
O Concello da Guarda avanza na mellora do Parque Deportivo do Codesal en Camposancos, onde se teñen realizado diferentes tarefas para adecuar o terreo para a práctica de diferentes modalidades deportivas coma o volei, o fútbol, o balonmán ou a petanca.
O Concello inviste 70.000 euros na mellora de estradas e no equipamento do parque de Pancenteo
O Concello continúa coas obras de mellora de estradas e instalacións en distintos puntos do Rosal. Así, durante as últimas semanas, leváronse a cabo varios traballos de renovación do firme e incorporación de novo equipamento cun investimento total de 70.000 euros que foron subvencionados ao abeiro do Plan Concellos 2018 da Deputación de Pontevedra.
Mos proxecta a súa segunda pista de Skate
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Mocidade e Medio Ambiente Sostible, Leo Costas, informaron de que o Concello atópase inmerso na redacción dun proxecto de mellora da zona de San Rafael (parroquia de Pereiras) na que se ubica a pista multideporte.
Iniciados os traballos para dotar a Redondela do primeiro parque de calistenia do municipio
O Concello de Redondela ultima os traballos para abrir, nas vindeiras datas, o que será o primeiro parque de calistenia do muncipio, unha modalidade de exercicio cada vez máis solicitada e na que só se utiliza o peso corporal seguindo diferentes táboas.
A Guarda adxudica a redacción do Proxecto para un Pumptrack de 700m2
O Concello da Guarda adxudicou a redacción do Proxecto para a construción dun Pumptrack para a práctica deportiva que estará emprazado no entorno da Atalaya no Porto da Guarda.
Redondela recupera a contorna da antiga industria téxtil de Regojo reconvertida nun parque público
Redondela conta cunha nova zona de esparexemento público situada nunha áreas máis novas do casco urbano, a denominada urbanización Regojo que ocupa boa parte dos terreos que, no seu tempo, albergou a unha industria téxtil de renome nacional e internacional.