17.2 C
Pontevedra
Martes, 3 de Outubro de 2023
Máis

    Tag: olimpiadas

    O nome de Gustavo Rodríguez figura xa na rúa Olímpicos Tudenses

    Onte tivo lugar na rúa Olímpicos Tudenses a recolocación da placa cos nomes dos deportistas tudenses que teñen participado nuns Xogos Olímpicos tras a incorporación do nome de Gustavo Rodríguez Iglesias, medalla de prata nos Xogos Paralímpicos de Tokio en Triatlón PTVI.

    A provincia de Pontevedra rende homenaxe ás e aos deportistas paralímpicos. “Sodes as verdadeiras heroínas e heroes desta sociedade”

    A Sala Rosalía da sede viguesa da Deputación, presidida por un “GRAZAS” protagonista en todo momento no evento, foi testemuña hoxe da homenaxe e agradecemento da provincia de Pontevedra ás e aos dez deportistas que participaron nos Xogos Paralímpicos de Tokio. Carmela Silva, acompañada do deputado de deportes, Gorka Gómez, recibiron ás e aos paralímpicos, en palabras da presidenta como “as verdadeiras heroínas e heroes desta sociedade. Sodes o mellor que temos, sodes a bomba!”.

    O medallista olímpico Gustavo Rodríguez recibido con honores súa chegada a Tui

    A Corporación Municipal de Tui recibía o 1 de setembro no Salón de Plenos da Casa do Concello ao deportista tudense Gustavo Rodríguez que o pasado sábado logrou a medalla de prata en Tríatlon coma guía de Héctor Catalá nos Xogos Paralímpicos de Toquio.

    Tui despide aos membros do equipo olímpico uruguaio de remo concentrado en Tui e que partiu cara Tokio

    Hoxe partiron dende Tui cara Toquio os membros da selección uruguaia de Remo que estiveron concentrados na cidade dende o pasado 12 de xuño. En concreto participarán nos Xogos Olímpicos Bruno Cetraro, que será o abandeirado da delegación uruguaia, e Felipe Kluver, xunto ao adestrador Osvaldo Borchi.

    Lete enxalza a “fortaleza e capacidade de superación” dos 21 deportistas preseleccionados galegos no equipo paralímpico español para Toquio

    O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na presentación dos vinte e un deportistas galegos preseleccionados no equipo español de cara aos Xogos Paralímpicos de Toquio que terán lugar entre o 24 de agosto e o 5 de setembro.

    LIBROS

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.