Tag: navegación
Novas saídas pola costa da Guarda a bordo do volanteiro O Piueiro
Debido a alta demanda destas saídas de navegación pola costa co Volanteiro O Piueiro o Concello da Guarda colabora novamente coa Asociación Piueiro ofrecendo novas saídas en setembro para todos aqueles que non puideron optar a praza nas saídas de finais de agosto. Esta actividade duns 70 minutos permite descubrir esta embarcación tradicional a vela e inclúe navegación polo exterior do porto.
Tui acollerá o parladoiro entre a literatura galega e as historias de navegación
A Sala Municipal de Exposicións de Tui acolle hoxe mércores, 2 de xuño, ás 20 horas o parladoiro “A Galicia navegante no imaxinario literario”. No mesmo participarán os escritores Víctor Freixanes, Pemón Bouzas e Ramón Nicolás.
Vinte e tres persoas obteñen a licencia de navegación no curso impartido en Tomiño
O pasado sábado impartiuse en Tomiño o curso para obter ou renovar a licencia de navegación, organizado pola Real Federación Galega de Motonáutica. En total matriculáronse na actividade formativa 23 persoas, das cales unha pertence a un colectivo con discapacidade.
A Federación Galega de Motonáutica impartirá un novo curso en Tomiño para obter ou renovar a licencia de navegación
A Federación Galega de Motonáutica impartirá en Tomiño un novo curso para obter ou renovar a licencia de navegación. Impartirase o sábado 10 de abril, sendo o día 6 o último día para apuntarse.
A Federación Galega de Motonáutica imparte en Tomiño un novo curso aberto para obter ou renovar a licencia de navegación
O vindeiro sábado, 1 de agosto, pola mañá, a Federación Galega de Motonáutica, impartirá coa colaboración da Concellería de Deportes de Tomiño, un novo curso para obter ou renovar a licencia de navegación. Carlos Estévez, vocal da federación, e Marcos Casaleiro, colaborador, mantiveron este mediodía unha reunión co concelleiro de Deportes, Fran Campo, para ultimar os detalles da acción formativa teórico-práctica.