20.2 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis

    Tag: mrcyb

    Monte Real Club de Iates de Baiona lánzase a navegar co deporte adaptado

    A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, destacou hoxe a importancia que ten o deporte adaptado para facer novas compañías e amigos, así como para a saúde, autonomía e desenvolvemento persoal.

    Baiona laurea aos vencedores do Trofeo Príncipe de Asturias

    O Trofeo Príncipe de Asturias xa ten novos vencedores. Nunha xornada en grao sumo complicada por mor da ausencia e inestabilidade do vento, a cita que organizan o Monte Real Club de Iates e a Escola Naval Militar co patrocinio de ABANCA pechouse este domingo coroando aos vencedores do seu trixésimo oitava edición.

    Un convenio entre o MRCYB e a Xunta fai posible a Escola de Vela adaptada

    O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, vén de asinar co presidente do Monte Real Club de Iates de Baiona (MRCYB), José Luis Álvarez, o contrato de patrocinio polo que a Xunta achega á entidade un total de 8.000 euros para a realización da Escola de Vela adaptada para persoas con discapacidade física e psíquica.

    O Dorsia Covirán de Valencia gaña a liga Nacional Feminina de Vela 2021

    O Dorsia Covirán da Marina Burriananova (Castellón) foi finalmente o vencedor da liga Nacional Feminina de Vela 2021 que, tras o seu paso polo País Vasco e Mallorca, esta fin de semana celebrou en Galicia as súas últimas e definitivas probas.

    Os Premios Nacionais de Vela recoñecen a Joan Cardona como mellor regatista olímpico

    Era o máis novo do equipo español e foi o último en sumarse ao escuadrón de regatistas que acudiron a Tokio 2020 representando a España, pero nin unha cousa nin a outra lle impediron lograr o seu ansiado soño de colgarse ao pescozo unha medalla olímpica.

    O Aceites Abril gana o seu quinto Trofeo Conde de Gondomar

    O Aceites Abril, patroneado por Luis e Jorge Pérez Canal, gañou a cuadraxésimo sexta edición do Trofeo Conde de Gondomar – Gran Premio Zelnova Zeltia Banco Sabadell tras selar unha fin de semana perfecta que lle permitiu ao equipo do Real Club Náutico de Vigo sumar o seu quinto triunfo na emblemática regata cunha vantaxe de cinco puntos sobre o segundo clasificado.

    Ignacio Sánchez Otaegui, “aínda que manteremos o espírito da proba, este ano introduciremos cambios no Conde de Gondomar”

    Ignacio Sánchez Otaegui é o comodoro do Monte Real Club de Iates de Baiona e responsable das regatas e todo o que atinxa ao apartado deportivo do Club. Nesta entrevista fai un repaso, polo miúdo, das regatas celebradas ata o momento, das dificultades derivadas da COVID-19 e pon foco tamén nas competicións máis próximas.

    José Luis Álvarez, presidente do MRCYB, “O Monte Real está máis vivo que nunca”

    A piques de cumprirse un ano da declaración do estado de alarma derivado do coronavirus, o presidente do Monte Real Club de Iates de Baiona, José Luis Álvarez, fai balance do que significaron para o club estes últimos meses de confinamentos e restricións; e das actuacións que lles permitiron ser unha excepción nun panorama desolador.

    O Monte Real Club de Iates reabre as súas instalacións con novos protocolos de seguridade e hixiene fronte á COVID-19

    Tras dous meses prestando os servizos mínimos establecidos polo goberno para os portos deportivos, o Monte Real Club de Iates de Baiona reabre mañá parte das súas instalacións con novos protocolos de seguridade e hixiene fronte ao coronavirus.

    O Campionato Galego de Optimist celebra as súas vodas de ouro en Baiona

    Baiona acolle esta fin de semana a celebración das vodas de ouro do Campionato Galego de Optimist, que cumprirá os seus 50 anos de vida no Monte Real Club de Iates, o club que o viu nacer en 1970 coa organización da súa primeira edición. Cinco décadas despois daquel primeiro campionato, no que participasen 17 nenos e resultase gañador José da Gándara a bordo do “Canario”, o club baionés reunirá a uns 120 regatistas de clubs de toda Galicia nunha competición que se prolongará durante tres días.

    O campión de España de J80, Javier Aguado, coloca ao «Alboroto» na cabeza da «Liga de Inverno»

    O Alboroto converteuse na tarde do sábado, en Baiona, no primeiro líder da liga de Inverno J80 tras impoñerse ao resto de veleiros na xornada inaugural da competición que organiza o Monte Real Club de Iates. O veleiro armado por Juan Carlos Ameneiro e patroneado polo campión de España Javier Augado, logrou elevarse todo o máis alto da clasificación tras asinar un segundo e un primeiro posto nas dúas probas celebradas na baía.

    Deporte Galego renova o seu apoio á Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Iates de Baiona

    O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, acaba de asinar co presidente do Monte Real Club de Iates, José Luis Álvarez, o contrato de patrocinio polo que a Xunta achega á entidade un total de 9.000 euros para as actividades da Escola de Vela adaptada para persoas con discapacidade física e psíquica.

    O «Conde de Gondomar» cita ás mellores tripulacións nas Rías Baixas

    O día grande de Galicia volverá estar marcado, un ano máis, por unha das citas náuticas máis importantes do ano, o Conde de Gondomar do Monte Real Club de Iates de Baiona, que se mantén fiel á celebración dunha das súas regatas máis históricas facéndoa coincidir co festivo de...

    Trinta millas decidirán os novos campións galegos de ‘Solitarios’ e ‘A Dous’

    Un percorrido dunhas 30 millas náuticas de ida e volta entre Baiona e a illa de Ons decidirá, o vindeiro sábado 1 de xuño, quen son os gañadores do Campionato Galego de 'Solitarios' e 'A Dous' de 2019, que se celebra no marco do Trofeo Prima Vinia do Monte...

    En liza unha nova edición do ‘Trofeo Repsol’ do Monte Real

    O Monte Real Club de Iates de Baiona pon en liza a partir de mañá unha nova edición do Trofeo Repsol, que este ano será tamén Copa Luso Galaica de J80 e celebrarase durante tres xornadas na ría de Vigo, con varias regatas no interior da baía de Baiona...

    O ‘Okofen’, vencedor da liga de Inverno de J80

    O Okofen de Javier de la Gándara volveu deixar a súa marca unha vez máis no territorio dos J80 en Galicia, no que desde hai anos é, sen dúbida, un dos barcos máis destacados e con máis premios na súa traxectoria. Tras recibir hai uns días o título de 'Mellor J80 da...

    Escolares ingleses aprenden a navegar en augas de Baiona

    Escolares da localidade británica de Manchester navegaron este luns pola baía de Baiona grazas ao ofrecemento do Monte Real Club de Iates. Os alumnos e alumnas, de entre 10 e 11 anos de idade, atópanse estes días de visita no Val Miñor con motivo dun intercambio lingüístico co Colexio de...

    A liga de Inverno de J80 decidirase na última xornada

    Un vento sen ganas de estabilizarse e desaparecido por momentos obrigou a suspender, na tarde do sábado en Baiona, a penúltima xornada da liga de Inverno de J80 organizada polo Monte Real Club de Iates. Dificultades para definir o campo de regatas, unha chamada xeral, cambios de percorrido, unha proba...

    O Club de Iates de Baiona súmase ao 8M

    O Monte Real Club de Iates de Baiona quixo hoxe achegar o seu gran de area ao Día da Muller e, nada mellor que facelo a través dun video onde mulleres e mar son as grandes protagonistas. Regatistas, padroas, armadoras, alumnas da escola de vela, traballadoras, adestradoras... están presentes...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.