27.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Maio de 2020

Tag: medioambiente

O Concello de Redondela convida a gozar do Entroido de Verán “respectando a convivencia e o medio ambiente”

A Concellería de Cultura do Concello de Redondela quere facer un chamamento para que todas as persoas que se acheguen a vixésima segunda edición do Entroido do Verán que se celebrará este próximo sábado en Redondela, o fagan desfrutando da festa pero respectando a convivencia co resto dos veciños e veciñas e colaborando no mantemento de todo o casco urbano da vila nas mellores condicións posibles.

O PP pedirá no Pleno do Porriño a inclusión do Concello no «Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía»

O grupo municipal do Partido Popular do Porriño pedirá ao Pleno que acorde solicitar a inclusión do municipio no «Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía» no que están xa implicados case que a metade dos concellos galegos e, segundo explican os populares porriñeses "O Porriño non é un deles".

Mos intensifica o control ante as verteduras incontroladas de residuos

O concelleiro de Medio Ambiente de Mos, Leo Costas, e o edil de Recollida de Residuos, Gonzalo Alonso alertaron hoxe públicamente do repunte de verteduras incontroladas dende finais da pasada primavera, situación ante a cal o Concello de Mos se atopa alerta, intensificando a vixilancia por parte tanto do propio departamento municipal de Medio Ambiente, dos concelleiros e da Policía Local.

Ponteareas organiza o xoves unha nova cita con ‘Xoga e aprende do medio ambiente’

A oficina municipal de voluntariado do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Mocidade que dirixe Miguel Bouzó, convida a todos os veciños e veciñas a participar na actividade medioambiental 'Xoga e aprende do medio ambiente' este xoves 22 de agosto.

Adenco organiza un roteiro polo Uma, espazo incluído na Rede Natura 2000

O grupo ecoloxista adenco organiza, para este vindeiro domingo, 25 de agosto, un roteiro polo río Uma. A andaina, de dificultade baixa, sairá ás 10 horas da igrexa de Angoares e non precisa inscrición previa, tan só estar no punto de reunión á hora indicada.

A Deputación súmase á campaña internacional ‘BreathLife’, Respira a Vida

A Deputación de Pontevedra adheriuse á campaña da Organización Mundial da Saúde, Nacións Unidas e a Coalición Clima e Aire Limpo que se coñece internacionalmente como 'BreathLife' e que en España denominouse 'Respira a Vida'. A entidade que preside Carmela Silva convértese, deste xeito, na terceira representante institucional española en sumarse a un proxecto no que, a día de hoxe, só participan o País Vasco e Cataluña.

Ángeles Vázquez e Nidia Arévalo avanzan na próxima adhesión de Mos ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía

O Concello de Mos sumarase proximamente ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, unha iniciativa impulsada hai máis dunha década a nivel europeo para implicar tamén ás administracións locais na loita contra o cambio climático. Este foi un dos principais asuntos que abordaron a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, durante a reunión de traballo que mantiveron na mañá do venres 9 de agosto.

Tomiño pon en marcha unha campaña de verán de recollida de obxectos voluminosos

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Tomiño, que dirixe Ana Belén Casaleiro, vén de por en marcha unha campaña de verán de recollida de voluminosos, co obxectivo de reducir o número de vertedoiros incontrolados que, sobre todo, en verán, proliferan nas proximidades dos colectores de residuos sólidos e de recollida selectiva.

Arbo adxudica a creación dun parque forestal en Bouza de Miguel

O Concello de Arbo, pretende crear o “Parque Forestal Bouza de Miguel”, dacordo coa concesión de subvención concedida pola Deputación Provincial de Pontevedra ao Concello de Arbo, ao abeiro do reparto de axudas a Concellos destinadas a Mellora dos Montes mediante a creación de Parques Forestais por importe de 38.271,74 €.

Nigrán bonifica o imposto de rodaxe aos vehículos eléctricos, híbridos e a gas

A aposta do Concello de Nigrán polo medioambiente, dista moito de ser unha mera declaración de boas intencións –como por desgraza acontece noutros concellos– senón que é unha filosofía de traballo que dende o pasado mandato desenvolve o executivo de Juan González coa aplicación de medidas concretas,...

A loita europea contra a contaminación dos mares, comeza en Nigrán

Nigrán, pioneiro nunha chea de cousas, pasará a selo tamén, a nivel europeo, na loita contra a contaminación. O Concello que preside Juan González conta dende esta semana no río Muíños (ao seu paso por Porto do Molle) coa primeira biobarda contra a contaminación de Europa, fabricada...

Salceda apela á responsabilidade veciñal para manter limpo o entorno

O Concello de Salceda de Caselas vén de lembrarlle á veciñanza que teñen a súa disposición un servizo semanal de recollida enseres voluminosos para uso particular, polo que aqueles veciños e veciñas que precisen desfacerse de algún moble, electrodoméstico ou similar, poden poñerse en contacto co Concello...

A Guarda retira da costa 75 sacos de plásticos

O pasado domingo día 21 de xullo a Agrupación Guardesa de Pescadores, Mariñeiros e Mariscadores non profesionais «O Buxeiro» organizou unha gran recollida de plásticos na costa da Guarda. Esta actividade, que contou coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda, realizouse por diferentes puntos...

O «Fleur de Passion» amarra no Monte Real

O Monte Real Club de Iates acolle estes días nos seus pantaláns ao Fleur de Passión, o veleiro suízo de 33 metros de eslora que durante o últimos catro anos e medio navegou ao redor do planeta replicando a primeira volta ao mundo de Magallanes e Elcano. O club baionés...

O Concello de Nigrán vén de dar por rematada a instalación dos cabicheiros ou "dispensadores" de cabichas nas praias de Patos, Area Fofa, A Madroa, Panxón e Lourido. O obxectivo desta campaña é que as persoas fumadoras "sexan máis conscientes do daño que sufren os nosos areais...

Ponteareas pide a colaboración veciñal para o uso do servizo de recollida de enseres

A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, quere recordar á cidadanía que cada semana os veciños poden dispor do servizo de recollida de enseres, referíndose deste xeito a mobiliario voluminoso, colchóns, neveiras ou somieres, entre outros moblaxes de particulares e dos fogares. Todos aqueles que...

Nigrán e Aqualia entregarán a OVALMI 5.000 bolsas reutilizables para repartir entre a clientela

Concello de Nigrán e a concesionaria Aqualia entregarán a OVALMI 5.000 bolsas da compra reutilizables para que os establecementos comerciais do municipio as distribúan gratuítamente entre os seus clientes e contribuír así coa protección do medio ambiente. Estas xa foron deseñadas e encargadas a unha empresa do...

Nigrán abre maio cunha andaina polo futuro parque forestal ‘Os Matos-Río Táboas’

O Concello de Nigrán abre a programación cultural do mes de Maio cunha andaina este mércores 1 polo futuro parque forestal Os Matos-Río Táboas (entre Camos e Chandebrito). Guiada polo educador ambiental Antón Lois, o roteiro comezará ás 18:00 horas saíndo dende o Cemiterio de Camos (rúa...

Os centros de compostaxe comunitaria de Mondariz, xa operativos

Mondariz xa ten instalados os 13 centros de compostaxe comunitarios previstos para este concello, dos cales 2 xa están en funcionamento e 3 máis comezarán a operar a partires da vindeira semana. A paulatina posta en marcha destes centros de compostaxe vén sumarse á compostaxe individual que...

Máis de 800 participantes de tódalas idades daranse cita na VII Corre X Salceda

O vindeiro domingo 6 de maio Salceda de Caselas acollerá a VI edición da carreira popular que cada ano percorre o municipio, organizada pola Concellaría de Deportes en colaboración coas Escolas Deportivas. Baixo o nome 'Corre X Salceda', a proba servirá para que os participantes poidan coñecer os...

Nigrán declina seguir colaborando coa empresa privada responsable das ‘Bandeiras Azuis’

O Concello de Nigrán anunciou a súa intención de non seguir colaborando coa empresa privada ADEAC, responsable de conceder os distintivos 'Bandeira Azul'. Trátase –segudo explica o alcalde Juan González– dunha decisión moi meditada tras catro anos detectando falta de rigor e arbitrariedade en ADEAC". González insiste...

Escolares de Nigrán plantan 140 árbores en Porto do Molle

O alumnado do CPI Arquitecto Palacios de Panxón e do Centro de Educación Especial Juan María participaron esta semana na iniciativa do Rotary Club de Vigo, a través do Concello de Nigrán, para repoboar a única zona verde municipal do parque empresarial Porto do Molle sen árbores. Así, a empresa Darlim...

A alcaldía do Porriño denuncia “intereses partidistas” na convocatoria de concentración da plataforma antilindano

A convocatoria realizada pola denominada Plataforma Antilindano que fai "un chamamento urxente" a todos os porriñeses e porriñesas para "tomar a Praza do Concello" o vindeiro luns, día 1 de abril ás 17:00 foi respondida hoxe dende o Concello do Porriño que, se ben sinala amosar "o...

A plataforma Antilindano da Louriña alerta da aparición dunha nova vertedura en Torneiros

A Plataforma Antilindano do Porriño vén de facer pública a aparición, "dunha nova vertedura de lindano en Torneiros", en monte comunal "preto da zona da Pereira-Contrasto" lugar onde se fixeron as obras de saneamento. Segundo a plataforma, a aparición desta nova vertedura, da que tiveron constancia o...

Salvaterra de Miño celebra o Día da Árbore

Un ano máis, con motivo da celebración do día da árbore, a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Salvaterra de Miño, que dirixe Marta Valcárcel, organiza varias actividades involucrando aos Centros Educativos do Municipio de cara a concienciar, aos nenos e nenas, na necesidade de coidar...

Éxito do Centro de Compostaxe Comunitaria da Casa da Xuventude das Neves

O novo centro de compostaxe comunitaria situado á beira da Casa da Xuventude de As Neves xa funciona a pleno rendemento. Persoal técnico do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra esta pasada semana, con motivo da súa posta en marcha, unha charla informativa entre a veciñanza da...

A mocidade do Porriño pide medidas que freen o cambio climático

Unha chea de rapaces e rapazas, procedentes dos colexios de educación primaria e infantil do concello así como dos Institutos 'Pino Manso' e 'Ribeira do Louro', reclamaron aos políticos, "sen excepcions, medidas inmediatas para frenar o cambio climático e as súas consecuencias", como sinalaba o comunicado lído...

O alumnado de Ponteareas reforestará o monte con 500 árbores

Con motivo do día da árbore a Concellería de Ensino do Concello de Ponteareas, que dirixe Cristina Fernández, e a Concellería de Medio Ambiente, xestionada polo alcalde Xosé Represas, traballarán con todos os centros educativos de Ponteareas para render homenaxe á natureza e ás nosas árbores autóctonas. Por...

Colaboradores