27.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Maio de 2020

Tag: medioambiente

Peche temporal do paseo do río Maceiras de Redondela

A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Redondela, despois das chuvias torrenciais acaecidas o pasado 18 de Decembro, e previndo que as fortes precipitacións continúen os próximos días, decidiu pechar o paseo peonil que transcorre á beira do río Maceiras.

ADENCO festexa os seus 30 anos de actividades micolóxicas

O Grupo Ecoloxista ADENCO festexou o sábado, no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas e arroupado por numeroso público e representantes políticos da Comarca, os seus 30 anos de actividades micolóxicas continuadas.

Nigrán lanza unha campaña de recollida e reprantación de árbores de Nadal

O Concello de Nigrán presentou hoxe no CEIP A Cruz (Camos) a súa primeira campaña municipal de recollida de árbores de Nadal para a súa posterior replantación co obxectivo, ao mesmo tempo, de promover a sostibilidade e a concienciación ambiental entre a veciñanza. Esta iniciativa, pioneira na comarca, terá como resultado un novo bosque de abetos e pinos no espazo público do parque de Poutón (Vilariño).

Rematan as «Vacacións con Traballo» en Mozambique dun técnico ambiental do Concello de Redondela

Jesús Bravo, técnico medioambiental do Concello de Redondela vén de rematar a súa estancia dun mes en Mozambique, tempo no que estivo asesorando aos parceiros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en materia de xestión do lixo.

«Venres polo planeta» trasládase ao xoves 5 para actuar no monte de Prado

A actividade 'Venres polo planeta' do Concello de Ponteareas que busca, a través da Concellería de Mocidade que dirixe Miguel Bouzó, "cambiar o futuro indo máis aló das palabras e deseñando accións participativas", adiántase esta vez ao xoves 5 de decembro, dada a festividade do Día da Constitución do venres 6.

A Guarda aposta pola reforestación do Camiño de Santiago con especies autóctonas

O Concello da Guarda desenvolverá unhas xornadas medioambientais, ao abeiro do programa 'O Camiño Aguárdate' presentado hai uns días, nas que amais dunha andaina, inclúese unha actividade de reforestación en colaboración A Jalleira AFEA e a Comunidade de Montes de Camposancos.

Salvaterra de Miño adhirese ao «Pacto dos alcaldes sobre o Clima e a Enerxía»

O Concello de Salvaterra de Miño ven de aprobar en pleno a adhesión ao Pacto dos alcaldes sobre o clima e enerxía, compromenténdose a reducir as emisión de CO2 e aumentar a súa resiliencia mediante a adaptación ás repercusións do cambio climático.

Costas do Estado remata a escollera provisional de protección da praia Lamiña-Forte

Despois de case dous anos de xestións por parte do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e cando a situación, no punto máis crítico da praia, facía prever que a duna non aguantaría un inverno máis, e se produciría a inundación da depresión existente tras ela; Costas do Estado acometeu unha escollera provisional que permitirá frear a erosión do litoral mentres se traballa no proxecto definitivo de 'Estabilización da Marxe do río na súa desembocadura'.

Os «Venres polo Planeta» recalan no monte de Prado para unha limpeza voluntaria

A concellería de Mocidade que dirixe Miguel Bouzó convoca unha nova acción de compromiso medioambiental enmarcada dentro da iniciativa 'Venres polo planeta'. A mocidade e todas as persoas que o desexen, poderán colaborar na limpeza do monte da parroquia de Prado este venres día 8 de novembro.

O Concello de Covelo traballa na posta en valor de lugares de interese comunitario

O Concello de Covelo vén de realizar accións de recuperación de hábitats de interese comunitario e mellora da utilidade pública na zona de especial conservación do río Tea dentro do Termo Municipal. Os traballos desenvolvéronse ao abeiro dunha axuda para a realización de investimentos ligados a obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000.

Redondela retira os polémicos tubos de batea almacenados en Cesantes

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela que xestiona Roberto Villar, vén de poñer fin a un almacenamento indebido de varios flotadores de batea que estaban almacenados no Campo de San Pedro, na parroquia de Cesantes, dende xuño de 2017 debido, sinala a Concellería "a unha mala xestión e permisos verbais, que acabaron con un depósito indebido de materias nun espazo público que non está destinado para tal fin".

A Concellería de Medio Ambiente subsana unha antiga vertedura na estrada O Pereiro en Cesantes

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela vén de resolver un problema de vertedura de augas fecais na rede de saneamento que tiña un percorrido duns 400 metros e viña afectando, dende hai varios anos, á veciñanza do cruce da Estrada O pereiro coa estrada N-550 e do Camiño das Folgosas, continuando a verter no río Pexegueiro.

Nigrán elimina as verteduras de pluviais aos colectores de residuais paralelos ao río Muíños

O Concello de Nigrán iniciou esta semana a través da empresa adxudicataria Sodein Soluciones Integrales os traballos para reducir os verquidos de pluviais aos colectores de residuais que discorren paralelos ao río Muíños, xa que nos momentos de moita choiva se produce desbordamento das arquetas no tramo final do río.

Ponteareas celebra unha andaina cun marcado carácter solidario

Arroz, pasta, leite, galletas, atún e sardiñas en conserva, legumes, froita e verduras en conserva e aceite de oliva son os produtos que máis precisa o Centro de Reparto de Alimentos de Ponteareas e por iso a concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, e o grupo 'Os do Condado' piden a colaboración da cidadanía para que, todos e todas as que poidan, aporten este domingo, 27 de outubro, algúns destes produtos.

Concello de Nigrán e Asociación de Escolas de Surf colaboran na «Limpeza simultánea de praias»

O Concello de Nigrán súmase por terceiro ano consecutivo, e nesta ocasión coa Asociación de Escolas de Surf de Patos, á novena xornada de limpeza simultánea de praias capitaneada pola asociación ecoloxista Adega. Así, a praia de Patos formará parte, este sábado dende as 11:00 horas, da vintena de areáis de toda Galicia no que se intervirá.

Arbo súmase ao Pacto dos Alcaldes contra o Cambio Climático

O Concello de Arbo forma parte xa do Pacto dos Alcaldes contra o Cambio Climático. Horacio Gil, alcalde de Arbo, asegurou que "todos temos algo que facer e no ámbito da administración local o facemos deseñando estratexias para reducir esas emisións en función das nosas competencias".

Ponteareas, no noveno seminario sobre compostaxe doméstica e comunitaria

A concelleira de Medio Ambiente do Concello de Ponteareas, Rosa Covelo, participou nestes días no noveno seminario sobre compostaxe doméstico e comunitario que se celebra en Valladolid e no que a vila do Tea participa co obxectivo de acadar "unha vila o máis sustentable posible e ir mellorando as ferramentas que se comparten coa cidadanía para conseguilo".

Máis de 150.000 euros da Deputación para 9 puntos limpos da provincia

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno a adxudicación do contrato de subministración de equipamentos para os 9 puntos limpos da provincia entre os que se atopan os de Ponteareas, A Guarda, Nigrán e Gondomar.

A veciñanza do Baixo Miño di “non” ao uso de herbicidas nos espazos públicos

A pasada fin de semana, un grupo de persoas do Baixo Miño mantiveron a primeira reunión do recén creado 'Grupo Antiherbicidas do Baixo Miño', formado por máis dunha ducia de persoas que se unen para loitar contra o uso de herbicidas por parte da administración nos espazos públicos: estradas, camiños, etc.

Redondela comeza a entrega de composteiros individuais

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela comezou as charlas sobre compostaxe doméstica, realizadas a través do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, onde os e as participantes recibiran de balde un composteiro individual, un aireador e un manual, así como a información necesaria para utilizalos.

A Guarda reforza a súa aposta pola reciclaxe e a compostaxe

O concelleiro de Servizos do Concello da Guarda, Miguel A. Español, e o presidente de Sogama, Javier Domínguez, reuníronse no mes de setembro na sede desta empresa pública en Cerceda, onde puideron comprobar o funcionamento da nova planta de recuperación de materiais. A reunión tiña como obxectivo estreitar a colaboración para avanzar cara a unha xestión máis sustentable dos residuos.

Tomiño recolle máis de 70 kilos na limpeza simultánea de ríos

Éxito de participación en Tomiño na colaboración coa limpeza simultánea de ríos impulsada por Adega ao abeiro do Proxecto Ríos o pasado 29 de setembro, unha xornada pensada para retirar lixo da beira dos ríos, para concienciar á veciñanza e para achegar un gran de area na conservación dos ecosistemas.

O Rosal adhírese ao «Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía»

O Concello do Rosal vén de anunciar a súa adhesión ao «Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía», unha iniciativa da Comisión Europea, aberta a todas as cidades e municipios de Europa, que busca involucrar ás autoridades locais e aos cidadáns no desenvolvemento e a aplicación da política enerxética da Unión Europea.

O Porriño distribúe 80 novos composteiros individuais

O Concello do Porriño distribuirá, próximamente, un total de oitenta composteiros individuais para vivendas unifamiliares de cara a para estender a compostaxe no municipio. Na mañá de onte, persoal do «Plan Revitaliza» da Deputación Provincial fixo unha acción informativa e de recollida de solicitudes de composteiros, a través dun stand que montou na praza Arquitecto Antonio Palacios en colaboración co Concello.

O Esteiro da Foz, 800 quilos máis limpo

O Concello de Nigrán sumouse por quinto ano consecutivo este domingo ao 'Proxecto Móllate polos Ríos', coordinado pola asociación ecoloxista Adega e que nesta ocasión se centrou no Esteiro de A Foz, desembocadura do río Miñor, onde se retiraron preto de 800 kg de lixo na 'XII Limpeza Simultánea' en toda Galicia.

Defendendo o Tea retira preto de media tonelada de lixo do río

Un ano máis, e xa van once, «Defendendo o Tea» quixo facer gala ao seu nome e formou parte activa do Proxecto Ríos de Adega e da súa iniciativa de limpeza simultánea de ríos. Vinte e catro persoas, entre elas sete nenos e nenas, amosaron que con vontade se poden facer grandes cousas e foron quen de retirar entre 450 e 500 quilos de lixo.

El cambio climático

Esta semana, en concreto el viernes, la mayoría de los noticieros de la caja tonta abrían con la noticia de la huelga que se estaba celebrando en muchas partes de nuestro planeta para defender al mismo, para evitar el cambio climático.

Ponteareas creará un gabinete de acción contra a emerxencia climática a iniciativa do BNG

O Pleno de Ponteareas aprobou por unanimidade, a iniciativa do BNG, apoiar a mobilización mundial en defensa do clima do 27 de setembro e denunciar “a responsabilidade dos gobernos dos países desenvolvidos e das grandes corporacións na actual crise climática”.

Redondela inicia a entrega de composteiros individuais ao abeiro do plan Revitaliza

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela que xestiona Roberto Villar, comeza esta semana coa inscrición previa para unhas charlas de compostaxe doméstica onde os participantes recibiran un composteiro individual e un manual.

A Deputación de Pontevedra envórcase coa Semana Global de Acción polo Clima

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto á deputada de Transición Ecolóxica, Iria Lamas, presentou esta mañá a axenda 'A provincia que queres é sostible' creada con motivo da Semana Global de Acción polo clima, que terá lugar entre o 20 e o 27 de setembro.

‘Zero Waste’ lanza este venres un monográfico sobre o Plan Revitaliza como experiencia relevante na UE

A axencia europea 'Zero Waste Europe' lanzará este venres en toda Europa a súa publicación monográfica sobre o Plan Revitaliza da Deputación tras consideralo unha ‘experiencia ambiental relevante’ e asegurar que é un ‘caso de estudo’ na xestión do lixo aplicable en moitas zonas da UE.

Adenco organiza un curso de ‘fototrampeo’, un xeito de estudar a fauna sen interferir

O Grupo Ecoloxista ADENCO vén de anunciar a organización dun curso de 'fototrampeo', "unha ferramenta ou técnica moi útil –sinalan os ecoloxistas– para coñecer a fauna silvestre que habita un determinado territorio sen case interferencia no Medio".

A Deputación leva o seu compromiso coa transición ecolóxica ao ‘Barbeira Season Fest’ de Baiona

A Deputación de Pontevedra revalidará o seu compromiso co medio ambiente cara á transición ecolóxica no Barbeira Season Fest, o festival que dará prioridade á ecoloxía, a cultura e a economía circular e que se desenvolverá o vindeiro 21 de setembro na praia de Barbeira de Baiona.

Tui entrega os primeiros 41 composteiros individuais

O pasado vernres o Concello de Tui fixo entrega dos corenta e un primeiros composteiros individuais de exterior, COINEX, e un aireador, que reparte o Concello de Tui dentro do plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, entre aqueles veciños que así o solicitaron.

A Guarda, no Pacto dos Alcades para o Clima e a Enerxía

O pasado mércores o tenente de alcalde da Guarda, o nacionalista Anxo Baz, reuniuse cos representantes da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia, entidade coordinadora na nosa comunidade do chamado «Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía» para impulsar e axudar a cumprir os compromisos en materia de enerxía e clima.

Salceda compostará preto de 1.000 litros de lixo orgánico da Festa dos Callos

No só foi a primeira festa dos callos "en Igualdade" que sinalaba a alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, na presentación do evento esta pasada semana, senón que a Festa dos Callos de Salceda nesta vixéximo oitava edición, foi tamén todo un exemplo de colaboración medioambiental que permitirá converter en compost, preto de 1.000 litros de lixo orgánico.

Tui repartirá 81 composteiros individuais entre a veciñanza que o solicite

Na aposta que pola reciclaxe do lixo que se realiza dende o Concello de Tui, e grazas á participación no programa Revitaliza da Deputación, vanse repartir 81 composteiros individuais de exterior, COINEX, e un aireador, entre aqueles veciños e veciñas que así o soliciten.

Mos, unánime na adhesión ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía

O Pleno do Concello de Mos aprobou onte, durante a sesión ordinaria do mes de agosto e por unanimidade dos seus membros, a adhesión ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, unha iniciativa impulsada hai máis dunha década a nivel europeo para implicar tamén ás administracións locais na loita contra o cambio climático.

Os montes de Meis acolleron a apertura da terceira edición das ‘DepoRutas BTT’

Un día despois da exitosa estrea da terceira edición das 'DepoRutas BTT', a Deputación de Pontevedra abriu esta mañá o prazo de inscrición para a segunda cita do ano, que terá lugar en Silleda o vindeiro 15 de setembro. O concello de Meis recibiu este domingo a máis de 200 amantes do ciclismo BTT que gozaron do circuíto de 41,29 quilómetros, cunha proba realmente esixente.

As campaña da Deputación de control da acacia e impulso de froitos do bosque, chega ás Neves

As campañas que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha en colaboración coa Federación Galega de Medio Ambiente (FEGAMA) e a Asociación Sectorial Forestal Galega (ASEFOGA), para o control da mimosa (acacia dealbata L.) e a promoción do cultivo dos froitos do bosque estiveron esta mañá no concello de As Neves.

Colaboradores