4.4 C
Pontevedra
Sábado, 5 de Decembro de 2020

Tag: louriña

Recepción en Mos a unha promesa da hípica

Onte á tarde celebrouse no Pazo de Mos a recepción ao deportista Hugo Vila Malvido de 10 anos, en recoñecemento polo título acadado na copa galega 2020 de salto con poni na categoría de ponis A, onde acadou a medalla de ouro.

Colisión entre dous coches en Mos

No concello pontevedrés de Mos, unha colisión entre dous turismos deixou a dúas persoas feridas nas primeiras horas da mañá de hoxe. O choque produciuse na A-55, á altura do punto quilométrico 9 e os feridos foron encamiñados ao Hospital Álvaro Cunqueiro e ao Hospital de Fátima.

A Corporación Municipal do Porriño aprobou apoiar hoxe a manifestación dos traballadores de Maderas Iglesias

Os voceiros e concelleiros dos grupos políticos da corporación local do Porriño acordaron por unanimidade apoiar coa súa presencia a manifestación que hoxe realizarán os traballadores de “Maderas Iglesias”.

O Concello comeza a realizar desinfeccións diarias nos colexios e garderías

O Concello do Porriño comezará hoxe xoves, 1 de outubro, a realizar as desinfeccións diarias dos colexios públicos e das dúas escolas infantís segundo os protocolos anti-covid. Trátase dunha competencia impropia que o Concello realiza pero que non lle corresponde. De xeito que, como outros concellos limítrofes (Gondomar ou Nigrán), realizase polo axuntamento que despois facturará os gastos á Xunta de Galicia que é a administración que ten esa competencia.

As Palilleiras de Mos volcadas na saída de “La Vuelta” ciclista desde Mos

A Asociación de Palilleiras de Mos, unha das asociacións culturais referente do municipio mosense e integrante ademais da mesa de traballo “Mos con La Vuelta” traballa activamente nun proxecto que formará parte do atrezo na etapa número 15 de La Vuelta a España 2020, que sairá desde Mos en dirección á Pobra de Sanabria o xoves 5 de novembro ás 10 h.

Mos aproba en pleno unha moción de apoio aos autónomos

O corporación municipal de Mos aprobou hoxe en Pleno unha moción conxunta que recolle unha serie de medidas para apoiar aos autónomos, aos que consideran un pilar fundamental para a economía do municipio.

Salceda apela á colaboración veciñal ante unha ‘gamberrada’ transformada nun perigo para seguridade cidadá

O Concello de Salceda está a sufrir, nestes últimos días, un acto que vai máis aló do gamberrismo e chega a ser unha ameaza para a seguridade pública e para a propia integridade física de peóns e condutores. Nas última horas, aparecían varias arquetas abertas en moi diferentes puntos do concello co perigo evidente que iso supón.

As Festas do Cristo frecen o espectáculo “Ópera Break’s” coa mestura das actuacións da soprano Esperanza Mara e artistas urbanos

Hoxe luns 28, festivo local no Porriño, a programación das Festas do Cristo ofrecerá un espectáculo musical que mesturará a ópera coas artes urbanas como o break dance e os dj’s.

Colectivos de Mos reciben máis de 100.000 euros en axudas da Xunta

As entidades destínano a traballos de mantemento, obras e equipamentos para os seus locais. Soamente no que vai de 2020 foron 110.000 € os concedidos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e xustiza, a través do Plan específico de acción comunitaria.

A alcaldesa do Porriño anuncia á veciñanza que a supresión do paso a nivel está máis preto dende hoxe

Eva García de la Torre anuncia á veciñanza do Porriño que “a ansiada supresión do paso a nivel ferroviario polo centro da vila está dende hoxe máis preto de materializarse grazas a que o Goberno Central ven de adxudicar os estudos e a redacción do proxecto para a súa supresión”.

Comezan as obras do Parque Infantil do Abrente na parroquia de Torroso

A Alcaldesa Nidia Arévalo e o Concelleiro de Parques e Xardíns, Baldomero Lorenzo; supervisaron hoxe xunto coa directiva de dita asociación, as obras do novo parque na contorna do Círculo Cultural Abrente na parroquia de Torroso.

A Concellería de Cultura e Festexos comunica novos cambios debido ás previsións climatolóxicas adversas

Foto de arquivo da presentación das festas A Concellería de Cultura e Festexos ven de decidir unha serie de modificacións na programación das Festas do Cristo 2020 para os vindeiros días debido ás previsións climatolóxicas adversas. O primeiro destes cambios...

3.000 máscaras enviadas polo Goberno Central distribúense polo Concello entre os colectivos máis vulnerables

Para facer fronte á crise sanitaria producida polo covid-19, o Goberno de España e a FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) achegaron á Deputación de Pontevedra un total de 97.500 máscaras para se repartan entre concellos da provincia.

En tempos difíciles, Mos ampara aos seus autónomos

O Goberno de Mos presentou en comisión informativa unha serie de medidas para apoiar aos autónomos, aos que consideran un pilar fundamental para a economía do municipio. É xeralizada a preocupación que existe no ámbito administrativo local sobre a falta de instrumentos legais dos que dispoñen as entidades locais para, dende un punto de vista fiscal, poder paliar os efectos económicos para a poboación en xeral e para os profesionais e traballadores autónomos.

José Luis Baños de Cos, gañador do III Premio Roberto Vidal Bolaño

José Luis Baños de Cos é o gañador da terceira edición do premio literario “Roberto Vidal Bolaño”, coa obra titulada “A cámara escura”. O galardón instituído polo Concello do Porriño, a Editorial Galaxia e o IES Ribeira do Louro entregouse hoxe pola alcaldesa Eva García nun acto condicionado polos protocolos anti-covid, celebrado no salón de sesión do consistorio porriñés coa asistencia do galardoado.

O concello de Salceda de Caselas súmase á terceira edición do certame Vilas en Flor

O programa "Vilas en Flor", unha iniciativa que procura a mellora ambiental, social e económica dos concellos galegos de menos de 45.000 habitantes, chega este ano á súa terceira edición con doce novos concellos participantes confirmados. Este ano, incorpórase á lista de participantes a localidade pontevedresa de Salceda de Caselas xunto cos concellos de Cambados, Fene, Guitiriz, Lalín, Narón, Pontedeume, Sada, Sarria, San Sadurniño, Ames e Tui.

A Asociación de Veciños de Torroso asinou hoxe a cesión de terreos que permitirá a humanización da contorna parroquial de San Mamede

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo Gómez e o concelleiro de urbanismo e edil da parroquia de Torroso, Alberto Mendez Lago; reuníronse esta mañá co Presidente da Asociación de Veciños de Torroso, Juan José Romero Dominguez e demais membros da Xunta directiva, para proceder á sinatura da cesión de terreos do que na actualidade é o proxecto máis grande de toda Galicia do Plan Hurbe, ascendendo o orzamento total da obra de humanización a case 400.000 euros, 390.000 euros para ser exactos. Dos que a administración autonómica asume o 70% e o Concello financia un 30%.

Executada a mellora de camiños rurais municipais en tres lugares da parroquia de Chenlo

Remataron as obras de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas nos lugares de Ladeira, As Cales e Vilar, na parroquia de Chenlo, segundo informa a Concellería de Infraestruturas que dirixe Pedro Pereira.

A piques de rematar a mellora do Cemiterio Municipal de Torroso

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto co concelleiro mosense da parroquia de Torroso e edil de Urbanismo e Patrimonio, Alberto Méndez, o presidente da Comunidade de Montes de Torroso, Camilo Grandal, e o arquitecto municipal, Manuel Toucedo; visitou o Cemiterio Municipal de Torroso, para supervisar os traballos que se están a acometer no cemiterio e que se iniciaron a semana pasada. A obra marcha a moi bo ritmo e prevese que quede rematada a semana próxima.

Presentado o spot publicitario promovido pola Concellería de Igualdade baixo o título “Insistir, persistir, resistir e nunca desistir”

Nun acto celebrado a tarde de onte no auditorio do Centro Cultural Municipal, a Concellería de Igualdade e Xuventude do Porriño que dirixe Cami Moreira, presentou o spot publicitario que promove a igualdade no deporte e rachar cos clichés de xénero.

Riders da escola de Ciclismo A.D. Avanza, viaxarán a Valladolid e Granada para participar nos campionatos de España de XCO e BTT descenso DHI

Co ouro conseguido polo rider da escola David Fernández nos campionatos de España de Enduro aínda quente, varios integrantes da escola entre os que se atopa o mesmo David Fernández desprazáranse ata Valladolid para participar no Campionato de España de XCO onde as cores da escolala de ciclismo Avanza estará presente da man de David Maquieira, Pablo Rodríguez, Adrian Durán, David Fernández, e Luís Fernández “Oli” que acompañaran o tamén rider da escola Gabriel Conde que viaxara a Valladolid da man da selección Galega. Os riders da escola viaxan ata Valladolid cunha boa inxección de moral co ouro obtido por David Fernández fai escasamente uns días.

Presentado o primeiro equipo do Balonmán Porriño feminino que comeza a súa tempada o vindeiro sábado

O Balonmán Porriño presentou hoxe o seu equipo que xogará unha tempada máis na "Liga Guerreras Iberdrola" da División de Honra feminina que comezará o vindeiro sábado 19 de setembro.

Tras a interrupción por mor da crise sanitaria da COVID-19 a obra da casa que ardera en Pereiras está xa case rematada

A familia de Pereiras que quedou sen o seu fogar debido a un grave incendio a finais do ano pasado poderá regresar a ela durante este outono. Os traballos de rehabilitación da vivenda estaba previsto que estiveran rematados no primeiro trimestre deste 2020, o que non puido ser debido á crise sanitaria da COVID-19 e ao estado de alarma derivado da mesma, que obrigou a interromper a obra.

Inclúese unha comunidade de augas máis no reparto de subvencións do Concello do Porriño

Finalmente son dez as comunidades de augas de consumo que acadaron subvencións do Concello do Porriño para realizar control sanitario, mantemento de instalacións e reparacións na rede de distribución durante este ano 2020.

A Escola de Música de Mos comeza o curso con todas as medidas anti Covid-19 e sen sufrir disminución de alumnado

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto co Presidente da Comunidade de Montes de Torroso, Camilo Grandal, a concelleira de Educación, Julia Loureiro, a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, e o edil da parroquia de Torroso, Alberto Méndez; visitou esta tarde a Escola de Música de Mos e o Conservatorio Profesional de Música de Torroso, sitos no Centro Dotacional de Torroso, con motivo do comezo do novo curso 2020/2021 que hoxe se inicia “con ilusión e afrontándoo con todas as medidas de seguridade protocolarias ante a COVID-19” segundo declaran desde a directiva do Centro Cultural Recreativo de Torroso.

O Concello do Porriño manifesta o seu orgullo de que unha empresa local sexa a primeira de España en producir unha vacina contra a Covid-19

O Concello do Porriño manifesta “o seu orgullo de que unha empresa asentada neste termo municipal” sexa a primeira de España en producir unha vacina contra a Covid-19. Trátase de “Biofabri”, filial do grupo “Zendal” que foi elixida pola compañía norteamericana “Novavax” para realizar a produción da vacina para a Unión Europea, segundo o acordo anunciado.

Nace en Ponteareas a asociación “Móvete polo TDAH”

A Concellería de Ensino, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina F. Davila, presentou a asociación “Móvete polos nosos fillos”, que nace para loitar pola visibilidade e polos dereitos das persoas afectadas polo trastorno de aprendizaxe TDAH nas comarcas do Condado, da Paradanta e da Louriña.

Eva García ofrece a súa mediación aos traballadores de ‘Maderas Iglesias’ e instará unha reunión conxunta de alcaldes co conselleiro de Industria

A plantilla da firma porriñesa “Maderas Iglesias” solicitou hoxe a Eva García de la Torre que inste unha reunión conxunta de alcaldes dos concellos afectados por la crise desta firma co conselleiro de Industria e vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde.

Deporte seguro en Mos, reabre a Piscina Municipal

Hoxe ás 08.00 horas da mañá entraban pola porta do Pavillón Óscar Pereiro os primeiros usuarios da Piscina Municipal de Mos desde que o pasado mes de marzo cesara a súa actividade por mor da crise sanitaria da COVID-19.

Salceda de Caselas xa conta un Regulamento de Participación Veciñal

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou a aprobación definitiva do regulamento de participación veciñal do Concello de Salceda de Caselas, que entrou polo tanto en vigor, e que será o primeiro regulamento de participación cidadá do Concello de Salceda.

A Escola Municipal de Música abre a matrícula para o curso 2020/2021

Os días 15, 16, 17 e 18 de setembro, na sede da Escola Municipal de Música (no Centro Cívico), en horario de 16 a 21 horas, pódese formalizar a matrícula e reserva de horarios, segundo a preinscrición realizada no mes de xullo.

Ábrese o prazo das axudas municipais para comedor e material escolar coincidindo co inicio do curso

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, informaron de que onte, data na que se iniciaron as clases para parte do alumnado de Educación Infantil e Primaria, saíron publicadas no Boletín Oficial da Provincia, BOPPO, as axudas para material escolar e comedor do Concello de Mos, co que se abre o prazo de presentación de solicitudes para as familias mosenses interesadas en optar a elas.

A alcaldesa e a concelleira de Educación comprobaron os protocolos no primeiro día de volta ás clases

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, acompañada da concelleira de Educación, Lourdes Moure acudiron esta mañá ao CEIP “Antonio Palacios” para comprobar in situ o desenvolvemento dos protocolos anti-covid no primeiro día de volta ás clases.

Mos adquirirá novo material agrario forestal para reforzar os labores de limpeza e desbroce

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Parques e Xardíns e Servizos para a mellora do entorno rural e urbano, Baldomero Lorenzo, informaron hoxe de que o Concello adquirirá nova maquinaria agraria forestal para reforzar os labores de de desbroce, limpeza viaria e prevención de incendios forestais nos que a admistración local mosense se atopa volcada.

O Porriño vai ter Festas do Cristo “diferentes e seguras” neste 2020

O Porriño vai ter Festas do Cristo neste 2020 “pero serán completamente diferentes cun formato reducido pola obriga de observar os protocolos anti-covid e de coidar da nosa seguridade”, manifestou hoxe Eva García de la Torre coa ocasión da presentar o programa festivo.

A Policía Local verificará que o acceso aos centros docentes realícese de xeito seguro no comezo das clases

Axentes da Policía Local do Porriño verificarán a partir de mañá xoves e durante uns días que o acceso a todos os centros educativos sexa conforme aos protocolos anti-Covid e se faga coas debidas garantías de seguridade e de xeito ordenado. Tamén se efectuará a mesma vixilancia na saída dos escolares.

O Concello amosa a súa “grave preocupación” pola escalada de sinistros laborais

O Concello do Porriño amosa a súa “grave preocupación” pola escalada de accidentes laborais con saldo mortal que están a acontecer este ano en empresas radicadas neste termo municipal. Preto de media ducia de vítimas no que levamos de 2020, sumando o falecemento dun traballador dunha empresa de granito no polígono das Gándaras, ocorrido onte martes. Como nos casos anteriores, dende a Alcaldía, a súa titular, Eva García trasladou as condolencias do Concello por este doloroso suceso.

Un incendio obriga a evacuar a unha muller por mor dunha crise nerviosa

Os servizos sanitarios de urxencia atenderon a unha muller asustada por un incendio declarado na súa propiedade, no lugar da Revolta, en Salceda de Caselas. A señora tivo que ser evacuada ao Centro de Saúde do Porriño, mentres que os bombeiros fixeron fronte a un lume que arrasou un pendello e un coche.

O equipo Louriña Cyling Team participou na Volta a Cantabria

O novo equipo ciclista porriñés de categoría elite e sub-23, masculino e feminino, “Louriña Cycling Team” participou a pasada semana na Volta a Cantabria. Trátase da primeira volta por etapas na que participa esta nova formación que ten como patrocinador principal ao Concello do Porriño, despois da súa estrea oficial nos Campionatos de España de fondo e contra reloxo celebrados hai unhas datas en Jaén.

Visita do concelleiro de Emprego a “Staroil”, empresa colaboradora co programa ‘Porriño Accede’

Unha delegación do Concello do Porriño encabezada por David Alonso, concelleiro de Emprego realizou o pasado venres unha visita ás instalacións da estación de servizo da firma Staroil no polígono da Granxa.

Colaboradores