4.4 C
Pontevedra
Sábado, 5 de Decembro de 2020

Tag: louriña

O Concello do Porriño expresa o seu fondo pesar polo falecemento do profesor Moncho Iglesias

A alcaldesa Eva García lembrou a inestimable colaboración que o profesor mantivo co Concello nos traballos que se editaron ao longo destes últimos anos sobre a obra e figura do arquitecto Antonio Palacios. Moncho Iglesias tiña un extraordinario coñecemento sobre Palacios como acredita a súa bibliografía na que hai varios títulos sobranceiros adicados ao arquitecto porriñés.

Desconvócase a concentración da Vaquería ante o anuncio da Xunta de que informará do proxecto o luns 16

O Concello do Porriño anuncia que decidiu desconvocar a concentración de protesta que ía celebrarse o xoves 12 na Vaquería ante o anuncio da Xunta de Galicia de que o luns 16 informará sobre o proxecto de reforma e mellora da seguridade viaria desa travesía.

Comezan os obradoiros educación en valores co apoio de cans de terapia en centros docentes do Porriño

A actividade, nomeada “Valores que deixan pegada”, é promovida pola Concellería de Educación e a OMIX do Concello do Porriño. O obradoiro comezará hoxe martes o seu desenvolvemento polos diversos centros docentes da vila ata o 12 de novembro.

Eva García convoca á Comisión de Seguimento do Covid-19

A alcaldesa asinou este mediodía a convocatoria da Comisión Municipal de Seguimento da Evolución do Covid que terá lugar mañá martes 3 de novembro, ás 13 horas. Forman a devandita comisión a alcaldesa e os cinco concelleiros do goberno local; os voceiros de PP, EU SON e UDDL, o Inspector Xefe da Policía Local, o responsable da Agrupación de Protección Civil e o secretario municipal.

Mos namórase das mulleres

Onte presentouse no auditorio do Pazo de Mos a exposición fotográfica ‘Namórate de ti’ baseada no curso de autoestima e empoderamento a través da fotografía impartido a 12 mulleres grazas á colaboración entre EURURAL da Asociación de Desenvolvemento Rural MAIV Baixo Miño GDR 14, a Xunta de Galicia, o Concello de Mos, o CIM de Mos e a Fundación Pazo de Mos.

Dúas persoas feridas tras colidir catro turismos na A-55

Un total de catro coches que circulaban pola A-55, dirección Vigo, en Petelos, á altura do concello de Mos, colidiron por alcance a tarde de onte e dúas persoas resultaron feridas.

A Xunta de Galicia subvenciona con 44.000 euros máis ás Comunidades de Augas de Mos

A Xunta de Galicia destina 43.989,39 euros máis a outras 5 Comunidades de Usuarios de Augas para Usos Domésticos a través de Augas de Galicia da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. As 5 Comunidades beneficiarias son a C.U. Mina do Ferreiro, a C.U. Campo do Monte-Santa Marta, a C.U. de Casal, Casalmorto e Roublín, a C.U. de Pombal e Pantaño e a C.U. Os Castros.

Mos xa ten a súa propia mascarilla oficial de La Vuelta 20

A clase de 2º curso de Bacharelato de Artes do IES de Mos recibiu onte os seus exemplares da mascarilla oficial da etapa de La Vuelta Ciclista a España que sairá do Pazo de Mos o 5 de novembro. A mascarilla oficial é o deseño de Ezequiel Ramos Prino, alumno gañador do concurso.

A Consellería de Sanidade informa á alcaldesa que O Porriño acadou os 46 positivos

A alcaldesa do Porriño, Eva García considera que a situación sanitaria do Porriño polo número de infectados pola Covid-19 "é verdadeiramente preocupante", segundo valorou despois de recibir este mediodía datos concretos sobre a incidencia actual da pandemia no concello. O número de persoas infectadas ata onte é de 46 das que 19 son contaxios acaecidos entre o luns (12) e martes (7).

O Pleno de Mos aproba por unanimidade a maioría dos puntos da Orde do Día

Esta mañá celebrouse no Pazo de Mos o Pleno Ordinario do mes de outubro no que a maioría dos puntos da orde do día foron aprobados por unanimidade dos membros da Corporación Municipal. De 9 asuntos tratados, 7 aprobáronse por unanimidade e 2 por maioría.

O Banco de Alimentos “SOS Porriño” reparte a domicilio a partir deste mes

O concelleiro de Servizos Sociais, David Alonso, con voluntarios e persoal da Agrupación de Protección Civil, iniciou hoxe a distribución de caixas de alimentos entre as familias en emerxencia social do concello que reciben axuda a través de "SOS Porriño".

O Porriño aínda está en alerta vermella

Por segundo día consecutivo, o concello do Porriño mantense no nivel 3 ou alerta vermella por un aumento das infeccións pola Covid-19. O mapa de alertas actualizado diariamente na páxina web do Sergas volve situar hoxe luns ao municipio porriñés en vermello ao superar as 21 infeccións nos últimos set

Lorenzana enxalza en Mos a formación da mocidade como oportunidade para mellorar as condicións dos traballadores

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou a pasada semana na Axencia de Colocación de Mos o obradoiro de emprego de garantía xuvenil que se imparte na localidade co apoio da Xunta, e destacou a “oportunidade” que este tipo de actuacións brindan aos máis novos para seguir formándose e adquirir habilidades “que lles permitan axustar o seu perfil único ás especificidades do mercado laboral”.

O Porriño sae de alerta vermella e baixa a laranxa, pero o Concello no modificará as restricións decididas onte

O Porriño abandonou hoxe a relación de concellos galegos en nivel vermello ou máximo de contaxios na que entrara onte. O concello porriñés baixou ao nivel laranxa, segundo informa a autoridade sanitaria.

Concello e COGAMI debaten sobre a creación dunha Comisión Municipal de Accesibilidade

O Concello do Porriño e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade valoraron a creación dunha Comisión Municipal de Accesibilidade. Sería un órgano participado polos grupos políticos da corporación e COGAMI.

O Porriño entrou hoxe en alerta vermella

O Porriño entrou hoxe en alerta vermella (nivel 3) segundo publica o mapa que diariamente difunde o Servizo Galego da Saúde. O Porriño aparece en nivel de alerta 3 por ter máis de 21 casos de covid activos nos últimos 7 días.

A alcaldesa reúnese sobre a sentencia do TSXG coa A.VV. de Torroso, representante de parte dos veciños de Mos usuarios da PassVigo

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, afirma estar “segura de que o Concello de Vigo e o seu alcalde non se atreverán a quitarlle a Pass Vigo aos cidadáns de fóra da cidade olívica, vista a sentencia do TSXG na que se deixa ben claro que a utilización do transporte de viaxeiros non pode ser discriminatoria, como tampouco poden introducirse discriminacións por razón do territorio ou da residencia (artículo 82 da lei galega), rechaza calquera tarifa que diferencie a uns usuarios de outros en razón ao lugar onde residan e declara que supón un trato desfavorecido e discriminado sendo improcedentes as vantaxes tarifarias en razón ao lugar de empadroamento”. Polo que retirar a Pass Vigo á veciñanza non empadroada na cidade sería prevaricar, tal e como esta mañá llo explicou aos veciños dunha das parroquias mosenses interesadas, Torroso, o asesor xurídico do Concello, avogado que levou este caso, nunha xuntanza mantida nos exteriores do local social da Asociación de Veciños, coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro da parroquia de Torroso, Alberto Méndez. A rexedora local mosense está convencida de que “o alcalde de Vigo non se atreverá a quitarnos a Pass Vigo, pero si se atreve a facelo, serán os propios veciños individualmente os que denunciarán persoándose como parte directamente afectada, e desde o Concello apoiarémolos asumindo os gastos derivados do xuízo”. A veciñanza fundamentalmente interesada neste tema é a das parroquias de Torroso, Dornelas e Guizán, que colle diariamente o Vitrasa en Peinador. Se as accións legais as emprende directamente a veciñanza afectada progresará a favor da mesma, porque o motivo da desestimación do recurso de apelación interposto polo Concello de Mos non é máis que unha cuestión meramente formal baseada en que a administración local mosense non ten facultades para alzarse fronte a actuacións que repercutan na esfera patrimonial dalgúns dos veciños do municipio por máis que poidan ser ilegais, nin exercitar accións en defensa dalgún grupo de veciños, para o que non ostenta lexitimación. O que quere dicir que se fosen os propios veciños afectados os que tiveran presentado o recurso, este sí houbese sido estimado.

O Concello de Mos logra que o TSXG ratifique a ilegalidade do criterio do empadroamento para establecer a taxa da PassVigo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ven de desestimar o recurso contencioso-administrativo interposto polo Concello de Mos ante a pretensión de Vigo de aplicar tarifas discriminatorias no transporte público urbano en función do empadroamento a través da tarxeta PassVigo.

Mos vólcase na formación e o fomento do emprego en tempos de crise económica pola Covid-19

A alcaldesa de Mos e a concelleira de Promoción Empresarial, Economía e Emprego mosense, Julia Loureiro, anunciaron hoxe dúas boas novas en materia de formación e fomento do emprego, tales como a prórroga concedida pola Xunta de Galicia de dous meses máis para o Programa Integrado de Emprego e o inicio do curso AFD de soldadura, con subvención autonómica tamén.

O Concello do Porriño aprobou a Conta Xeral de 2019

A corporación municipal aprobou por maioría a Conta Xeral do Concello do Porriño do exercicio de 2019, nunha sesión extraordinaria telemática celebrada esta onte pola tarde. A aprobación acadouse cos 9 votos que sumaron PSOE, BNG, EU Son e Manuel Carrera (UDDL).

A Xunta de Galicia apoia ás Comunidades de Augas de Mos con preto de 52.000 euros

A Xunta de Galicia destina este ano 51.700 euros a subvencionar melloras en Comunidades de Usuarios de Augas de Mos. As 5 beneficiarias son a Comunidade de Usuarios de Augas para Usos Domésticos do Barrio de Castro-Mos, a Comunidade de Usuarios Mina do Ferreiro, a Comunidade de Augas de Torroso, a Comunidade de Augas Fonte do Pobo, e a Comunidade de Usuarios de Fonteliña.

Iníciase en Mos a programación do Xacobeo 2021

Onte pola tarde celebrouse nos exteriores do Pazo de Mos o primeiro concerto da serie Cantando á Nosa Terra, subvencionada pola Xunta de Galicia, concretamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, e organizada pola Banda de Música Xuvenil de Torroso, que nesta ocasión actuou acompañada dos cantantes Andrea Pousa e Antonio Barros interpretando, entre outros coñecidos temas da música galega, os famosos ‘Negra Sombra’, ‘Semente dun Home Sabio’ ou ‘Lela’.

Iniciadas as obras de cubrición da zona de comunicación no Campo de Fútbol de Cototorrón

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e a edil mosense de Deportes, Begoña Toucedo, visitaron o venres pola tarde o Campo de Fútbol de Cototorrón, acompañados polo presidente do Club Louro Tameiga, Patricio Farrapeira, con motivo do inicio das obras con cargo ao Plan Concellos 2020 polas que se está a acometer un proxecto de cerramento, aproveitamento, e cubrición da zona común de Cototorrón.

Mos conclúe a campaña intensiva estival contra incendios tras ter actuado en 112.000 metros cadrados de terreo

O venres concluiu a campaña intensiva de prevención contra incendios en Mos coa finalización do contrato dos últimos brigadistas contratados durante o verán. A campaña remata tras ter intervido nun total de 111.900 metros cadrados, preto de 12 hectáreas, e realizado 66 actuacións entre talas, desbroces, execucións subsidiarias de limpeza de fincas, prevención e mantemento de zonas forestais e incendios forestais.

Mos aporta este ano preto de 50.000 euros aos seus deportistas

A pesar da crise da Covid-19, que facía dudar ao Concello de Mos de se podería asumir a cantidade orzamentaria presupostada para adicar a axudas deportivas, a máis alta dos últimos tempos e que ascendeu de 33.100 euros en 2019 a 49.100 euros en 2020, como así llo trasladara hai uns meses aos clubes e deportistas beneficiarios das memas o equipo de goberno local; a administración local mosense estalle a gañar o pulso á crise e anunciou xa que sí está en disposición de aboar as 13 subvencións que suman preto de 50.000 euros, e que así o fará antes de que remate o ano.

Cancélase a asamblea da comunidade de montes de Atios prevista para este sábado

A asemblea xeral ordinaria da comunidade de montes de Atios prevista para este sábado non poderá celebrarse finalmente. Responsables municipais puxéronse en contacto verbalmente co presidente da xunta reitora e comunicáronlle que, amparándose na orde de onte da Xunta, o Concello do Porriño non permite a celebración de eventos asemblearios, nin deportivos, nin doutro tipo que xunten máis de dez persoas.

Mos abre a programación de La Vuelta 20 cunha ‘MasterClass’ a cargo de Pereiro, Pino, “Purito” e Javier Mínguez

Onte tivo lugar a apertura da programación municipal de actividades previas á saída dunha etapa de La Vuelta Ciclista a España 2020 desde o Pazo de Mos o 5 de novembro cunha charla ofrecida por ciclistas de recoñecido prestixio internacional entre os que se atopou o mosense Óscar Pereiro, gañador dun Tour de Francia, e embaixador de La Vuelta.

Os comuneiros de Atios convocan unha asamblea o vindeiro 17 de outubro

Cumprindo estritamente todas as medidas de hixiene e seguridade sanitarias para evitar contaxios de Covid-19, a xunta reitora da comunidade de montes de Atios convoca aos comuneiros á asemblea xeral ordinaria para este sábado 17 de outubro.

Os servizos sociais municipais incrementan nun cento o número de usuarios por mor da crise sanitaria da Covid-19

Mos está a optimizar a atención ao público e o protocolo anti COVID nos servizos sociais municipais co traslado do departamento ao Multiusos que se produciu a semana pasada. Con este cambio de ubicación elimínanse ademais barreiras arquitectónicas e increméntase a comodidade para traballadores/as e usuarios/as nestas dependencias que, debido á crise sanitaria da COVID-19, viron aumentado nun cento o número de usuarios/as que reciben.

A pista 2 do Polideportivo Municipal do Porriño estrea nova imaxe

A pista 2 do Polideportivo Municipal, unha vez rematadas as obras de lixado, arranxo e colocación da nova superficie de madeira para concluír a reparación dos danos ocasionados polas inundacións do 1 de xuño, estrea nova imaxe co pintado das liñas da cancha en cor morada.

Inicio en Mos das “Certificacións en Competencias Tecnolóxicas Básicas” a través de BecaMos e IC3-GS5

O Concello de Mos (a través da Concellería de Promoción Empresarial, Economía e Emprego que dirixe a edil Julia Loureiro), como entidade certificadora de Microsoft a través da Rede Conecta, á que se adheriu fai anos a través da Fundación Esplai, ofrece a posibilidade mediante probas oficiáis e de validez e recoñecemento a nivel internacional, acreditar os coñecementos fundamentais en informática e internet no caso do IC3-GS5, e de validar os coñecementos e habilidades prácticas no uso de Microsoft Office, no caso de BecaMos, que é o Programa no que se encuadra as certificacións de Microsoft Office Specialist, sendo o validador, directamente Microsoft.

A Policía Local rescata a un veciño maior que camiñaba desorientado pola autovía

A Policía Local localizou a un home de 85 anos de idade, veciño de O Porriño, que circulaba a pé pola Autovía A-52, onte luns, ás 13:40 horas. A través do 112, recibiuse aviso de que un varón, de idade avanzada, camiñaba pola Autovía en dirección Vigo e que corría serio risco.

Catro podios nunha intensa fin de semana de ponte

A escola de ciclismo Avanza fixo fronte a unha intensa fin de semana de ponte, participando nas distintas probas que se levaron a cabo na fin de semana. Unha pequena delegación desprazábase a primeiras horas da mañá do venres desde as instalación de Tramo Libre camiño da Comunitat Valenciá para disputar dúas xornadas de ciclocross.

Mos tomará a temperatura a todos os asistentes aos actos sociais e culturais organizados polo Concello

Na mañá do xoves, celebrouse semipresencialmente (algúns dos seus membros presentes no Salón de Sesións do Concello de Mos e outros por videoconferencia) a terceira Comisión de Seguemento da Evolución da Covid-19 en Mos tras a reanudación destas reunións de seguemento e control o pasado 1 de setembro, que foran interrompidas despois da última Comisión de Seguemento levada a cabo o 17 de xuño e que era a 16ª.

Luz verde a unha das principais promesas electorais da alcaldesa de Mos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, mantivo o martes pola tarde unha xuntanza coa Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, no despacho desta en Santiago de Compostela, sobre temas de gran importancia para Mos como a humanización entre o Colexio de Atín e a Igrexa de Pereiras, diversos saneamentos e axudas para varias Comunidades de Usuarios de Augas mosenses.

As alcaldesas do Porriño, Mos, Tomiño e Salceda comprometéronse de novo cos traballadores de ‘Maderas Iglesias’ na procura de solucións

Seis dos concellos máis afectados pola crise de “Maderas Iglesias” xa que teñen máis veciños entre os 148 traballadores, estiveron representados na xuntanza celebrada hoxe no Porriño co comité de persoal desa industria.

Mos optimiza a atención ao público e o protocolo anti COVID nos servizos sociais municipais co traslado do departamento ao Multiusos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, visitaron onte as dependencias do departamento municipal de servizos sociais, recentemente trasladado para o edificio Multiusos das Pozas, onde se atopa prestando servizo desde esta semana.

Dúas persoas feridas en Mos tras producirse un accidente

Un accidente entre dous coches na A-55, ao paso pola parroquia de Sanguiñeda, no termo municipal pontevedrés de Mos, deixou a dúas mulleres feridas na noite de onte. Os feitos tiveron lugar poucos minutos antes da medianoite á altura do punto quilométrico 13.

Distintos accidentes en Mos e Porriño alteran a circulación na A-55

Afortunadamente, ningún dos accidentes rexistrados deixou feridos de gravidade. Nun intervalo de aproximadamente tres horas a circulación pola A-55 viuse alterada a causa das distintas colisións por alcance ocorridas nos concellos de Mos, Vigo e Porriño.

Acto de presentación da saída de “La Vuelta” no Concello de Mos

Onte luns, 5 de outubro de 2020, ás 19:00 horas no Pazo de Mos, celebrouse a presentación da nova saída e actividades relacionadas con “La Vuelta” ciclista. Presentaron o acto Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos; Javier Guillén, Director de “La Vuelta”; Óscar Pereiro, embaixador de “La Vuelta - Mos” e Nava Castro, Directora de Turismo de Galicia. Tamén asistiron como invitados membros do tecido asociativo, deportivo, cultural e empresarial da mesa “Mos con La Vuelta” e concelleiros da corporación de Mos.

Colaboradores