12.3 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis

    Tag: lois vázquez

    Tomiño axuda, por cuarto ano consecutivo, ás traídas de augas para mellorar os sistemas de captación, almacenamento e potabilización

    Por cuarto ano consecutivo, unha trintena de comunidades de auga de Tomiño, poderá acceder á liña de subvencións municipais que pretende contribuír á mellora dos sistemas de captación, abastecemento e potabilización. As bases das axudas, aprobadas esta semana en Xunta de Goberno, serán publicadas en breve no BOP (Boletín Oficial da Provincia).

    O CRA Mestre Manuel Garcés de Tomiño estrea biblioteca

    Un espazo “adaptados aos rapaces, máis polivalente e que cubre as necesidades do centro”. Así describe o concelleiro de Servizos Públicos, Lois Vázquez, as obras de remodelación levadas a cabo este verán na biblioteca do CRA Mestre Manuel Garcés, que permitiron transformar a estancia nun espazo máis versátil

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.