Tag: limpeza de fincas
O Concello da Cañiza lembra á veciñanza a obriga de manter limpos os montes e fincas lindeiros con vía pública
O alcalde da Cañiza, Luis Piña asinou onte o un Bando de Alcaldía para requirir aos titulares de terreos que limiten coas pistas municipais, "que procedan á realización das tarefas de rozado, limpeza, retirada de maleza, así como tala ou clareo/ poda de árbores, observando as medidas de seguridade establecidas pola normativa aplicable".