Tag: hábitat natural
O Concello comeza as obras de recuperación de hábitats naturais no espazo Rede Natura nas Eiras
O Concello do Rosal acaba de poñer en marcha o proxecto de recuperación de hábitats naturais no espazo Rede Natura nas Eiras, unhas obras que comezaron a executarse esta mesma semana e que se prolongarán durante o ano 2021 coas que se busca dar un impulso á recuperación e posta en valor das ribeiras do Miño ao seu paso polo municipio.