Tag: en negro contra as violencias
Comercio, clubes deportivos e colexios tínguense de negro en Gondomar
Un ano máis o comercio local de Gondomar súmase á campaña 'En negro contra as violencias' coincidindo coa celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Carteis con diferentes mensaxes contra a violencia que permanecerán nos seus escaparates durante toda a semana, e mandís que identificarán aos comerciantes nesta loita de toda a sociedade.
Baiona senta as bases da campaña «En Negro contra as violencias»
O Concello de Baiona vén de adherirse, por pirimeira vez, á campaña 'En negro contra as violencias', unha iniciativa nacida en Santiago de Compostela no 2015 que busca a sensibilización contra as violencias machistas e implicar a toda a cidadanía na súa erradicación. Catro anos despois da súa posta en marcha, son xa 119 os concellos adheridos.