16.3 C
Pontevedra
Mércores, 29 de Novembro de 2023
Máis

    Tag: duchess

    Digna Rivas acusa ao Porto de Vigo de “ningunear a Redondela, a súa veciñanza e a súa alcaldesa”

    Por segunda vez, e pasados tres meses dende o relevo na alcaldía de Redondela, a Autoridade Portuaria de Vigo vén de remitir ao Concello de Redondela a convocatoria para o Consello de Administración do Porto na que, como vogal, figura o exalcalde Javier Bas e non a actual alcaldesa, a socialista Digna Rivas. Este feito foi cualificado pola rexedora local como un intento de "ningunear" ao Concello de Redondela e a súa alcaldesa e de "falta de respecto sen precedentes" aos veciños e veciñas.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.