22.5 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Maio de 2020

Tag: destacada

A Concellería de Emprego do Porriño realiza unha sondaxe para coñecer as necesidades de empresas e autónomos

O Concello do Porriño está a realizar unha sondaxe entre empresas e autónomos porriñeses para coñecer as súas demandas de axuda para reiniciar a a súa actividade económica "e polo tanto para axudarnos a definir que tipo de axudas pode prestar a administración municipal dentro das súas competencias", explica David Alonso, concelleiro responsable de Emprego.

A humanización da praza de Figueiró, en Tomiño, “recupera para as persoas” este espazo central da parroquia

O Concello de Tomiño está a levar a cabo as obras de 'Acondicionamento da contorna da Praza de Figueiró', co obxecto de convertir este espazo central da parroquia de Figueiró, nun espazo de uso peonil, accesible e seguro. A intervención, cun orzamento total de 440.000 euros, recuperará para as persoas máis de 2000 m2 de espazo público que se atopaba pavimentado con aglomerado asfáltico, usándose coma aparcadoiro e sen ofrecer seguridade e uso para as persoas.

A Feira Semanal de Vila Nova de Cerveira reanuda a súa actividade cun plan de continxencia que prima a seguridade

A CIM Alto Miño consensuou, este luns, o reinicio da actividade das feiras en todos os concellos do distrito a partir do día 25 de maio, unha vez que o Goberno luso incluíu este sector na 2ª fase do plan de desconfinamento da Covid-19. Con todo, este regreso vén marcado por un conxunto de medidas restritivas plasmadas nun plan de continxencia.

O Rosal implicouse para celebrar o seu Día das Letras Galegas máis dinámico e participativo

Balance moi positivo da celebración do Día das Letras Galegas no Rosal. A pesar das dificultades que se están a vivir por mor da crise sanitaria, o Concello do Rosal quixo facer un especial fincapé na conmemoración desta data dun xeito diferente, virtual e participativo con #Dálleálingua, un programa cargado de actividades culturais, lúdicas e de lecer que se puideron seguir a través da web e das redes sociais municipais e que remataron o propio 17 de maio cunha morea de sorpresas.

Deputación e Delegación do Goberno coinciden en reclamar á Xunta que convoque aos entes locais cara ao plan de reconstrucción para Galicia

Agradecendo a pronta resposta da Delegación do Goberno ante á única solicitude de reunión formulada pola Deputación, comezaba o encontro entre Javier Losada e Carmela Silva para intercambiar informacións relativas á xestión da crise derivada pola Covid-19 e afondar en demandas da administración provincial.

Aberto o proceso de admisión de alumnado na escola infantil A Galiña Azul do Rosal

A escola infantil A Galiña Azul do Rosal xa ten aberto desde este mesmo luns 18 de maio o seu proceso de admisión de alumnado para o curso 2020/21. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 29 de maio, como recolle a Resolución do 27 de...

As Neves inicia o cambio de céspede do campo de fútbol ‘Pepe Capón’ moi danado polos incendios do 2017

O Concello das Neves comezou este venres pasado, día 15 de maio, os traballos de substitución do céspede do campo de fútbol 'Pepe Capón', que estaba seriamente danado debido ao incendio de 2017.

A Deputación continua a coordinar a volta á provincia do alumnado do Practicum Depo dende cidades europeas

A Deputación de Pontevedra segue a coordinar co Goberno de España a repatriación voluntaria á provincia do alumnado que estaba a desenvolver a súa mobilidade en cidades europeas e que solicitou a volta ao país pola crise xerada polo Covid19. Trátase de alumnas e alumnos de centros de Formación Profesional da provincia de Pontevedra que, desde fai uns meses, están a realizar as súas prácticas en empresas e centros de investigación de distintos países europeos coas bolsas do programa Practicum Depo.

A rápida intervención de dous axentes da Policía Local de Redondela evita un incendio nunha cociña de Cedeira

A rapidez de resposta de dous axentes da Policía Local de Redondela na mañá de hoxe, fixo que o que podía ter sido un grave suceso, quedara tan só nun susto sen danos materiais nin persoais.

O Concello de Redondela colaborará cos centros escolares ante o reinicio do curso en bacharelato

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, mantivo esta semana unha reunión telemática coas equipas directivas dos centros escolares de Redondela, na que se puxo de manifesto “as reticencias que directivas e profesorado teñen ante un reinicio do curso sen antes garantir, ao cen por cen, a seguridade sanitaria tanto dos rapaces e rapazas coma dos e das docentes”, explicou a alcaldesa.

Baiona esixe da Xunta de Galicia a gratuidade da AG-57 como “medida dinamizadora” do turismo de proximidade

O alcalde de Baiona e presidente da Mancomunidade de Municipios do Val Miñor, Carlos Gómez, esixiu hoxe á Xunta de Galicia a gratuidade da AG-57, unha medida “que servirá como elemento dinamizador do turismo de proximidade” do que, afirma o rexedor local, “depende en gran medida a recuperación económica dos concellos no prazo máis inmediato”.

A Deputación, preparada para o remate da desescalada cara á atención ao público e á reorganización do traballo interno

A Deputación de Pontevedra xa ten todo preparado, cara ao remate da desescalada, para a aplicación das novas normas de protección e seguridade e dos criterios de organización, tanto na atención ao público como para o funcionamento interno da institución provincial.

Arbo desinfecta gratuitamente os taxis con ozono

O Concello de Arbo, contratou a pasada semana os servizos dunha empresa especializada para a desinfección con ozono dos vehículos municipais, o camión do lixo e os taxis do municipio.

Patos reabre o seu mercado con 20 postos agroalimentarios

O Concello de Nigrán autorizou esta semana a reapertura do tradicional mercado ao aire libre de Patos para retomar a actividade este sábado despois de dous meses pechados pola crise sanitaria do Covid-19. Así, a feira arrancarou con vinte postos agroalimentarios convintemente delimitados para que permitisen gardar distancias de seguridade, tal e como se regula nesta Fase 1 de desconfinamento.

Redondela celebra o Día das Letras Galegas con distintas iniciativas a través das redes sociais

A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, vén de anunciar a posta en marcha distintas propostas coa finalidade de celebrar a Semana das Letras Galegas. As iniciativas desenvolveránse través das redes sociais de cara a afondar sobre a figura do homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero, a pesar das restricións que impón a actual situación de crise sanitaria da COVID-19.

O PSdeG-PSOE de Ponteareas lamenta a oposición “irresponsable e mentireira” do PP ponteareán

Os socialistas de Ponteareas veñen de denunciar o que cualifican de "última falcatruada" dos concelleiros do PP de Ponteareas difundindo entre o persoal municipal "a mentira de que o Goberno Municipal coa colaboración de ACIP" tiña a intención de baixarlle o soldo os traballadores "atrevéndose incluso a dicirlles que ían quedar sen paga extra", afirma o PSdeG-PSOE.

Redondela leva repartidas máis de 12.000 máscaras de protección entre o comercio de todo o municipio

O Concello de Redondela ven de rematar a distribución de máscaras cirúrxicas entre todos os comercios do municipio de cara a que poidan retomar a súa actividade coa maior seguridade posible. Para ese fin distribuíronse máis de 12.000 máscaras de protección nunha iniciativa enmarcada na campaña de protección e concienciación 'Faino por Todxs' Redondela Segura.

O PP de Ponteareas solicita ao Concello que “axilice” os pagos de facturas pendentes e que non pasen os 30 días

O PP de Ponteareas, dentro da batería de propostas que están a facer ao Goberno local para afrontar a crise derivada da COVID-19, vén de propoñar que se axilicen os pagos a provedores "e abónense as facturas pendentes", xa que os datos facilitados, do último trimestre, aseguran os populares, "reflicten que a administración local atrásase no pago unha media de 54 días, cando a lei establece que deben ser menos de trinta días".

O BNG de Redondela, satisfeito polo compromiso de urbanizar a estrada ao colexio Portocabeiro

Xoán Carlos González, voceiro municipal do BNG de Redondela amosou a súa satisfacción "por teren conseguido o compromiso de que, nos vindeiros orzamentos, se recolla unha partida co fin de urbanizar esta estrada de acceso ao colexio de Portocabeiro, na parroquia de Vilar de Infesta”.

A Mesa Local de Comercio da Guarda reúnese para estudar as medidas tomadas polo Concello para o sector

O xoves 14 de maio tivo lugar unha sesión extraordinaria da Mesa Local de Comercio, na que ademais do Alcalde e as Concelleiras de Facenda e Desenvolvemento Local, participaron os/as representantes das catro asociacións vinculadas a este sector, a Asociación de Consumidores Aldraman, así como os/as portavoces do resto de grupos políticos.

A decisión de Abanca de abrir nas Neves só dous día á semana causa aglomeracións e atrasos de máis dunha hora nas xestións

O Goberno local das Neves amosou hoxe o seu "desacordo total" coa decisión da dirección da oficina de Abanca da vila de non abrir ao público de luns a venres e seguir atendendo ás veciñas e veciños que son clientes desta entidade só dous días á semana.

ACiP negocia do Goberno local o incremento das partidas económicas para a reactivación comercial de Ponteareas

O portavoz do grupo municipal de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, anunciou hoxe o acordo acadado co Goberno local de cara a incrementar as partidas económicas destinadas ás axudas a empresas e autónomos que están a pasar unha complicada situación.

Tomiño convida a Margarita Ledo e a Méndez Ferrín a colaborar na conmemoración do Día das Letras Galegas

O Concello de Tomiño convidou a Margarita Ledo e Xosé Luís Méndez Ferrín, dous grandes persoeiros da lingua e cultura galegas, a gravar unha mensaxe de vídeo coa que conmemorar dun xeito moi especial as Letras Galegas 2020.

Nigrán festexa as Letras Galegas lembrando a Carvalho Calero cunha postal e bolsa de agasallo ao pequeno comercio

O Concello de Nigrán festexará o Día das Letras Galegas este ano recordando a figura de Ricardo Carvalho Calero a través das librerías do municipio e o pequeno comercio. Pese as circunstancias derivadas do Covid-19 que obrigaron a trocar as datas de homenaxe oficial ao autor, o Concello de Nigrán quere celebrar a súa figura neste 17 de Maio que a el lle correspondería.

Os socialistas denuncian o abandono “á súa sorte” do ensino público e as residencias de maiores durante a crise sanitaria

O PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra acordou, na xuntanza do Comité Executivo Provincial (CEP) celebrada hoxe, expresar a súa máxima preocupación pola situación de abandono educativo do alumnado dos centros de ensino público, polo esquecemento da clase traballadora e o desamparo ao que están sometidas as persoas das residencias de maiores. En palabras do secretario xeral provincial, David Regades, “a Xunta, coa súa frialdade burocrática habitual, está a perpetrar un ataque a colectivos especialmente sensibles nesta crise”.

A ‘Mesa de Reactivación Local de Redondela’ recolle máis de 100 propostas para o estímulo económico do municipio

O Concello de Redondela, abría o pasado 24 de abril, un proceso de participación para que o sector produtivo do municipio, asociacións e partidos políticos, puideran presentar medidas específicas para a reactivación da economía local, logo da parálise sufrida como consecuencia da crise sanitaria da COVID-19 e estado de alarma decretado.

O Monte Real Club de Iates reabre as súas instalacións con novos protocolos de seguridade e hixiene fronte á COVID-19

Tras dous meses prestando os servizos mínimos establecidos polo goberno para os portos deportivos, o Monte Real Club de Iates de Baiona reabre mañá parte das súas instalacións con novos protocolos de seguridade e hixiene fronte ao coronavirus.

Alfombristas de Ponteareas participan nun programa mundial de arte efémera

Un grupo de alfombristas de Ponteareas participaron no Proxecto 'Momento de solidariedade', organizado pola Coordinadora Internacional de Entidades de Arte Efémera, coa confección de dúas alfombras, realizadas en domicilios dos alfombristas.

O mercado ao aire libre de Patos, Nigrán, reabre este sábado só con postos agroalimentarios

O Concello de Nigrán vén de autorizar a reapertura do tradicional mercado ao aire libre de Patos para este sábado 16 de maio despois de dous meses pechados pola crise sanitaria do Covid-19. Así, a feira arrancará con vinte postos agroalimentarios convintemente delimitados para que permitan gardar distancias de seguridade, tal e como se regula nesta Fase 1 de desconfinamento.

Indignación na Guarda pola descrición realizada no programa “El Hormiguero” das Festas do Monte

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, vén de remitir unha carta á dirección do programa “El Hormiguero” de Antena 3 despois do malestar e disconformidade postos de manifesto na emisión do pasado martes día 12 de maio de 2020, onde o colaborador habitual do programa “Marron”, fixo unas declaracións sobre as Festas do Monte Santa Trega que "en nada exemplifican a esencia das festas, identificando erroneamente as arraigadas tradicións das mesmas", explica o alcalde guardés.

Redondela pon en marcha ‘Faino por todxs’, unha campaña de sensibilización e prevención fronte á COVID-19

O Concello de Redondela, vén de anunciar a posta en marcha dunha campaña de sensibilización e prevención contra a COVID-19 que, baixo o nome de ‘Faino por todos e por todas’ busca poñer os medios precisos para garantir a seguridade dos veciños e veciñas do municipio nesta pandemia do coronavirus.

A Concellería de Innovación de Ponteareas porá en marcha unha aplicación para obter o ticket electrónico de atención cidadá

O concelleiro de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico do Concello de Ponteareas, Benito Márquez, deu a coñecer a implantación nestas semanas dun novo sistema intelixente de atención cidadá en tódolos departamentos que prestan actualmente servizos de atención ao publico.

A Guarda establece un plan de actuación para retomar a atención presencial dos servizos municipais

Este martes, 12 de maio, reuniuse no salón de plenos do concello da Guarda a Mesa de Negociación para dar traslado dos traballos que se están realizando por parte do equipo de Goberno dende o inicio do estado de alarma, o 14 de marzo, e tamén da elaboración de protocolos previos á reapertura de determinados servizos. Esta semana procedeuse a atender, con cita previa, na Biblioteca Municipal, no Punto Limpo, así como na Casa do Concello.

Baiona inicia, mañá xoves, a reapertura gradual da Biblioteca Pública Municipal e a Casa da Navegación

Coa posta en marcha da denominada Fase 1 do ‘Plan de Transición cara á Nova Normalidade’ o Concello de Baiona iniciará o xoves 14 de maio o proceso de reapertura gradual das instalacións da Biblioteca Pública Municipal e do Museo Casa da Navegación que se fará “priorizando as medidas se seguridade que garantan a saúde tanto dos usuarios e usuarias coma do persoal municipal”, adianta a concelleira de Cultura, Miriam Costas.

As medidas de protección impulsadas polo Concello da Neves axudan a que o municipio rexistrase un só caso de COVID-19

Ante a entrada na 'fase 1' da desescalada da limitación da mobilidade por mor da pandemia do Covid-19, o Goberno municipal das Neves vén de facer públicas as medidas aprobadas polo Goberno do Estado e de lembrar a necesidade de seguir gardando a distancia social, o lavado frecuente de mans e uso de mascarilla nos supostos recomendados.

O Concello de Tui recomenda transitar pola dereita nas beirarrúas

Ante a crise sanitaria xerada polo COVID-19 e tendo en conta as recomendacións sanitarias dende o concello de Tui recoméndase á veciñanza transitar sempre pola dereita nas beirarrúas, para deste xeito evitar cruzarse con algunha persoa en sentido contrario e mantendo así a distancia de seguridade.

Tomiño participará na Asamblea Estatal ‘Eurodesk’ de maneira virtual

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño, asistirá virtualmente, o vindeiro 3 de xuño, á Asamblea Estatal de Multiplicadores Eurodesk que ía ter lugar en Mollina (Málaga), pero que debido á crise sanitaria, non poderá celebrarse de forma presencial, tal coma estaba previsto.

A Concellería de Cultura de Ponteareas aposta por un Día das Letras Galegas virtual con dúas interesantes actividades

A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas vén de animar a toda a cidadanía a participar nas iniciativas 'Tesouros da Lingua' e 'Carvalho na rúa voz', promovidas con motivo do Día das Letras Galegas que, por mor da pandemia do Covid-19, non poderá contar coas súas tradicionais actividades de rúa o vindeiro 17 de maio.

O AECT Miño consegue o compromiso da Delegación do Goberno de interceder ante os ministerios de Sanidade e Interior para a apertura de máis pasos na fronteira do Miño

O director do AECT Rio Minho e deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez, manifestou a súa “satisfacción” trala reunión co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, a quen trasladou a petición da apertura de máis pasos na fronteira de Portugal para aliviar a situación de milleiros de traballadores e traballadoras que só poden cruzar a ‘raia’ polo paso de Tui-Valença e realizan rodeos de ata 100 quilómetros.

Salceda de Caselas porá en marcha un Gabinete Psicolóxico

O Concello de Salceda botará a andar este ano un gabinete de atención psicolóxica que xorde ante a necesidade de proporcionar apoio e asesoramento psicolóxico individual e familiar a todas as persoas que o precisen, sendo previamente derivadas dende os Servizos Sociais. O gabinete suporá un investimento anual de 10.925 €, e estará financiado dentro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Colaboradores