10.9 C
Pontevedra
Domingo, 8 de Decembro de 2019

Tag: destacada

A Guarda entrega os últimos Premios da Educación 2019

Claudia Gómez Lomba, de 4º da ESO e Olalla Fuentefría Jareño, do Ciclo Formativo de Grao Superior de Administración e Finanzas, ámbalas dúas do IES A Sangriña recibiron do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, os dous últimos Premios de Educación 2019, nun acto que tivo lugar na Casa dos Alonsos, sede do concello guardés.

Pedro Duque recoñece o impacto da automoción en Vigo e a súa area de influencia na visita ao CTAG

A importancia da automoción no desenvolvemento socioeconómico presente e futuro de Vigo e da súa área de influencia foi protagonista esta mañá na visita que xirou o Ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, acompañado da presidenta da Deputación, Carmela Silva, e doutras autoridades, ás instalacións do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) no Porriño).

Nigrán posibilita que as persoas xordas poidan sentir a música do ‘Chan de Folk’ de Chandebrito

O que Nigrán estea a cabeza dos municipios galegos cando se fala de accesibilidade, tanto física como sensitiva, non é froito da sorte ou dunha acción puntual, senón pola posta en marcha, dende hai catro anos, de continuas iniciativas moi estudadas e pensadas para mellorar a vida cotía das persoas con discapacidade física ou sensorial.

Redondela coas bandeiras a media hasta e dous días de loito oficial polo pasamento do exalcalde Amado Ricón

O Concello de Redondela vive hoxe a primeira xornada de loito oficial, das dúas decretadas polo Goberno Local como mostra de condolencia polo pasamento, aos 86 anos de idade, do exalcalde Amado Ricón Virulegio. Durante a xornada de hoxe e a de mañá, as bandeiras da Casa do Concello estarán a media hasta e suspéndense todos os actos oficiais organizados polo concello redondelá.

Ponteareas fará cumprir os horarios dos locais nocturnos para asegurar a convivencia

O concelleiro de Bo Goberno, Roberto Mera, manterá esta semana unha reunión cos hostaleiros que son reiteradamente sancionados por incumprimento da normativa de horarios. Mera explicou que “se trata dun grupo moi reducido de locais de ocio nocturno, en concreto dez establecementos, que de maneira continua incumpren os horarios de actividade e terraza".

Zona Franca e A Cañiza colaborarán para aumentar a rendibilidade e competitividade do sector empresarial da zona

Co fin de ultimar o convenio de colaboración para a realización dun plan estratéxico empresarial para o desenvolvemento económico do Concello da Cañiza, o delegado do Estado para a Zona Franca de Vigo, David Regades e o alcalde da Cañiza, Luis Piña, mantiveron unha xuntanza de traballo na sede da Zona Franca de Bouzas.

Digna Rivas, “no prazo dun ano a Policía Local de Redondela terá a plantilla completa”

Dende o pasado 15 de xuño, tres policías procedentes da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) realizan o seu período de prácticas en Redondela para, unha vez rematado este –o 15 de agosto– voltar á Academia para superar as probas finais e incorporarse xa definitivamente, dous deles á Policía Local de Redondela e outro á de Soutomaior.

Tomiño pon en marcha unha campaña de verán de recollida de obxectos voluminosos

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Tomiño, que dirixe Ana Belén Casaleiro, vén de por en marcha unha campaña de verán de recollida de voluminosos, co obxectivo de reducir o número de vertedoiros incontrolados que, sobre todo, en verán, proliferan nas proximidades dos colectores de residuos sólidos e de recollida selectiva.

Carmela Silva comprométese a “redobrar a colaboración” da Deputación coa comandancia da Garda Civil

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, manifestou hoxe o seu compromiso para “redobrar a colaboración” que a institución provincial xa ven mantendo coa Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, tras recibir no Pazo Provincial ao seu novo responsable, o coronel Simón Venzal Contreras.

Deporte Galego renova o seu apoio á Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Iates de Baiona

O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, acaba de asinar co presidente do Monte Real Club de Iates, José Luis Álvarez, o contrato de patrocinio polo que a Xunta achega á entidade un total de 9.000 euros para as actividades da Escola de Vela adaptada para persoas con discapacidade física e psíquica.

A Guarda incrementa o número de cursos ofertados pola Aula CeMIT

A Aula CeMIT da Guarda ven de ampliar a cantidade dos cursos ofertados cunha programación continua de actividades ao longo do ano, tanto para perfís básicos coma avanzados e para todas as idades. Curiosamente, no caso da Guarda, aínda que a aula de informática está integrada na rede CEMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia.

Ponteareas abre a inscrición para o tradicional ‘Concurso de Gaitas do País’

A Concellería de Culturado concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba, vén de dar conta da publicación das bases polas que se rexerá o Concurso de Gaitas do País de Ponteareas 2019 que, con esta, acada xa a súa quincuaxésimo segunda edición. É, sen dúbida de ningún tipo, o referente en Galicia no que á música tradicional atinxe xa que, os grupos que participen, deberán estar compostos, exclusivamente, por dúas gaitas, un bombo e un tamboríl.

A Deputación abre as inscricións para a Depoandaina da Toxa e as pasarelas de Pedras Negras

Desde este martes, 6 de agosto, estará aberto o prazo para que as persoas que o desexen poidan participar na terceira das DepoAndainas 2019 programadas pola Deputación de Pontevedra, que percorrerá distintos espazos do concello do Grove, entre eles o parque forestal da Illa da Toxa e a ruta das pasarelas de Pedras Negras.

O BNG cualifica de “desidia” que o goberno de Salvaterra tardara seis anos en xestionar o arranxo dunha rotonda

O BNG en Salvaterra de Miño lamenta o que cualifica de situación de “desidia e parálise” do goberno de Salvaterra de Miño que, segundo os nacionalistas, “tardou seis anos en asumir unha iniciativa presentada polo BNG para pór solución á perigosidade da rotonda situada na estrada PO403”, á altura das interseccións da rúa Fiás e o polígono industrial Chan da Ponte.

Enrique Cabaleiro asegura que a oficina de Urbanismo de Paramos “funciona con total normalidade”

A Oficina de Urbanismo que está a xestionar os expedientes relacionados coa catástrofe de Paramos funciona con total normalidade. Ten concedido 12 licenzas de obras maior e 96 comunicacións previas. Así o informou esta mañá o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto á concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez.

Nigrán ofrece o martes, unha ruta histórica e etnográfica pola parroquia de Panxón

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de verán, ofrece mañá martes 6 de agosto en Panxón unha nova ruta dentro do programa das 'Xeiras de verán 2019' do Instituto de Estudos Miñoranos titulada 'Retallos de historia, etnografía e arquitectura' que será guiada por Antonio Soliño Troncoso e Anxo Rodríguez Lemos.

O balonmán de alto nivel dáse cita no ‘XXI Trofeo Concello do Rosal’

A Casa do Concello do Rosal acolleu o acto de presentación do 'XXI Trofeo Concello do Rosal' no que se darán cita equipos de alto nivel como son o Frigoríficos do Morrado Cangas e o ABANCA Ademar de León da Liga Asobal –os leoneses remataron a tempada pasada en cuarta posición– o ADAI Maia ISMAI da liga Andebol 1 de Portugal e os anfitrións, o Acanor Atlético Novás da Primeira División Nacional.

A cultura urbana enche o porto da Guarda no ‘V Galifornia Beat’

A pasada fin de semana o Skate Park Atalaia do Porto da Guarda acolleu a V edición do Galifornia Beat, un evento congregou a unha gran cantidade de público cunha ampla variedade de actividades e disciplinas deportivas, conxugadas con arte urbano e outras manifestacións artísticas, o que lle da un atractivo singular e especial.

Salvaterra pide á Xunta a mellora da glorieta na PO-403 Salvaterra-Ponteareas

O Concello de Salvaterra de Miño aprobou no Pleno do pasado 29 xullo, por unanimidade, a proposta do Goberno local de solicitar á Xunta de Galicia as medidas necesarias para mellorar a seguridade na glorieta da PO 403. As pequenas dimensións da mesma e a súa situación, propician a que a maioría dos vehículos a pasen sen facer "a rotonda" con conseguinte risco para a circulación.

Concentración de vehículos clásicos e históricos: cando o pasado vólvese presente

Organizada polo Club Clásicos e Históricos do Condado e da Paradanta, a terceira edición da concentración de vehículos clásicos e históricos do Condado e da Paradanta chega a Ponteareas este domingo 11 de agosto a partir das 9 horas na praza Bugallal donde se exhibirán máis de setenta coches anteriores ao ano 1989.

O C. N. Ponteareas segue amosar o seu enorme potencial na especialidade de Augas Abertas

Esta fin de semana, Pablo Cabana del Amo, e Andrea Domínguez, ámbolos dous deportista do C. N. Ponteareas, formaron parte do equipo de España de Natación en augas abertas en escenarios distintos. Pablo Cabana competía na República Checa no Europeo de Augas Abertas de Račice, mentres que Andrea Domínguez o facía na Copa de Asturias de Augas Abertas. O equipo ponteareán amosou, ben as claras, o seu potencial na especialidade de Augas Abertas.

Nigrán remata a humanización da rúa do Cean cun investimento de 132.000 euros

O Concello de Nigrán rematou esta semana as obras de humanización da rúa do Cean (parroquia de Nigrán) dentro da política de mellorar a seguridade viaria e peonil dos espazos ruráis que vertebran o seu territorio. As obras, cun orzamento de 132.000 € ao cargo do Plan...

Oito persoas descobren en Tomiño os secretos do modelado da man do escultor Magín Picallo

Oito persoas celebran estes días de verán o seu primeiro encontro coa arte da escultura en Goián, unha das parroquias de Tomiño con maior concentración de artistas e sede da Aula Museo Antonio Fernández. A maioría dos aspirantes son principiantes, aínda que hai algún con estudos de Belas Artes.

Tui contratará a catro persoas desempregadas ao abeiro do programa ‘O teu primeiro emprego’ da Deputación

O Concello de Tui contratará nas próximas semanas a catro persoas desempregadas tituladas universitarios e de ciclos superiores de Formación Profesional sen experiencia laboral previa. Será ao abeiro do programa 'O Teu Primeiro Emprego' da Deputación de Pontevedra, logo de que a institución provincial aprobase a selección...

A Deputación finaliza o acondicionamento da estrada EP-5003 na Lomba, Arbo

A Deputación de Pontevedra ven de concluír as obras de acondicionamento da estrada EP-5003 no lugar de A Lomba, no concello de Arbo. Nestes traballos, a institución provincial abordou a renovación da pavimentación desta vía así como a dotación de servicios no devandito lugar.

Panxón-Praia América converteuse, un ano máis, na pista de atletismo máis fermosa do mundo

O areal Panxón-Praia América acolleu, na mañá de hoxe, unha nova edición do 'Nigrán Area' todo un clásico das probas de atletismo á que, o escenario natural converte, sen dúbida, na pista máis fermosa do mundo.

Máis de 600 deportistas tomarán a saída o sábado en Nigrán na ‘IX Nigrán Area’

Máis de 600 deportistas disputan mañá en Nigrán a popular carreira pola praia 'Nigrán Area', a maioría deles na categoría absoluta. Un ano máis, o Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e Deporte Galego, ofrecen esta carreira de atletismo pola praia que é xa un referente da programación estival e deportiva na comarca.

Ponteareas crea unha comisión interdisciplinar para dar solución ao “problema complexo” do botellón

O goberno municipal de Ponteareas constituíu unha comisión de estudo e de traballo sobre o fenómeno do botellón. Dita comisión, presidida polo Alcalde, está formada polas concellerías con competencias na materia, Bo Goberno como área encargada de convivencia cidadá, Mocidade, Igualdade e Educación e Saúde.

Rúa Concepción Arenal, A Guarda gaña espazos para a cidadanía e marca un cambio de modelo urbano

O Concello da Guarda estrea estes días a súa nova rúa Concepción Arenal tras as obras acometidas nos últimos meses nun proxecto cofinanciado pola Diputación de Pontevedra. Anteriormente esta rúa soportaba unha alta presión de tráfico rodado, e coa intervención acometida convertiuse nun espazo onde as guardesas e guardeses poden pasear, mercar ou tomar algo nos establecementos da zona.

GNR e HMB na sexta edición do «Cerveira Acústica»

O tributo á música portuguesa nun rexistro intimista co público, volve a estar presente no escenario do Auditorio Municipal de Vila Nova de Cerveira. Continuando coa aposta en artistas de renome e "cunha carreira internacional xa consolidada" sinala a organización, a sexta edición do «Cerveira Acústica» manten o nivel de excelencia dos artistas convidados.

O PP do Porriño asegura que “se suceden” as sentenzas por impago a provedores aos que se lle rexeitan as facturas

O PP do Porriño denunciou o que cualifica de "goteo de sentenzas condenatorias ao Concello do Porriño por impago a provedores". Nesta ocasión, sinalan os populares porriñeses, o xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra ven de condenar á entidade local a pagar 468.000 euros, aos que...

Tui solicita á Xunta un segundo Plan Integrado de Emprego

O Concello de Tui vén de presentar ante a Consellería Economía, Emprego e Industria a solicitude dun segundo Programa Integrado de Emprego, PIE, tras a convocatoria realizada por este departamento da Xunta cuxas bases reguladoras se publicaron no DOGA o pasado 20 de xuño. O obxectivo de mellorar a empregabilidade de 100 persoas desempregadas empadroadas no municipio. A subvención solicitada polo Concello de Tui ascende a 250 mil euros.

Participantes no programa de maiores de Tomiño pechan outro ano de actividades cunha xornada en contacto coa natureza

As máis de 20 persoas que participan no programa de maiores organizado polo Concello de Tomiño, co apoio da Deputación Provincial, pecharon o curso 2019-2020, cunha xornada en contacto coa natureza, que compartiron ademais con usuarios e usuarias do Centro de Día.

Contra atrás para o «Berete Rock» que o sábado enche de música o paseo de Cardona en Chapela

Todo está disposto para que este sábado, 3 de agosto, dende as 21:30 horas, o paseo de Cardona, en Chapela, énchase de rock –de moi bo rock, por certo– nunha nova edición do Berete Rock, un festival que comezou sendo unha especie de "cita de amigos" para...

«Nigrán Area» e a «Batalla de gallos» Freestyle en Praia América, abren a ampla programación de actividades de agosto en Nigrán

O Concello de Nigrán ofrece neste mes de agosto máis de medio cento de actividades de lecer que dan continuidade sen transición á programación cultural e deportiva do mes de xullo. As actividades de agosto combinan os eventos xa consolidados coas colaboracións con distintas asociacións artellando, dese xeito, un programa diverso e con actividades para todos os gustos e todas as idades.

A provincia de Pontevedra volve a superar os seus resultados de ocupación cun 70,4 % en xullo

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ofreceu hoxe os datos de ocupación media na provincia de Pontevedra durante o mes de xullo, que salientan que “seguimos a ter uns resultados extraordinarios cunha media na provincia do 70,4 %, 3 puntos máis que no mes de xullo de 2018”.

Arbo realiza obras de mellora do Pavillón Polideportivo Municipal

O Concello de Arbo está a desenvolver traballos de mellora das instalacións do Pavillón Polideportivo Muncipal, obras que, segundo o Concello que preside Horacio Gil, son necesarias "para que as actividades e eventos que organiza o Concello de Arbo durante todo ano non supoñan un risco para os usuarios".

A Guarda amosa a súa historia comercial e industrial nunha exposición na Casa dos Alonsos

O pasado xoves día 1 de agosto a Casa dos Alonsos acolleu a inauguración da Exposición da a Asociación ACIGU - A Guarda Centro Comercial Aberto titulada «Historia Comercial e Industrial guardesa: Dende Mediados do Século XX ata a actualidade».

«Versos de Area» ou o gusto pola poesía en Ponteareas

A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba, en colaboración coa asociación Versos de Area, está a adobiar as rúas do centro da vila con versos dos nosos poetas e poetisas dos que todos os veciños e veciñas poderán gozar mentres agardamos nos pasos de peóns.

Salvaterra asina o contrato do cambio de pavimento para o Pavillón Municipal de Leirado

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, vén de asinar o contrato de subministro e instalación de pavimento deportivo no Pavillón Polideportivo de Leirado coa empresa Mondo Ibérica, por un importe de 61.752,29 €, cun prazo de execución de dous meses.

Colaboradores