Tag: depuradora
Ponteareas proxecta unha EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais) en Moreira para máis de 4.600 habitantes
O Concello de Ponteareas comunicou a contratación do proxecto da nova depuradora a ubicar na parroquia de Moreira cunha capacidade para máis de 4.600 habitantes. Esta nova EDAR está prevista no Plan Director de Saneamento redactado en 2018 EDAR, distinta da prevista a realizar polo Estado na Moscadeira.
Os Orzamentos Xerais do Estado prevén 11,7 millóns para ampliar a depuradora de Ponteareas e rematar coa contaminación do Tea
O goberno municipal de Ponteareas, formado polo BNG e PSdG-PSOE, avaliou onte o proxecto de orzamentos presentado polo Goberno do Estado para o seu debate e aprobación no Congresos dos Deputados. Tanto o alcalde, Xosé Represas, coma a segunda tenente de alcalde, Chus Garrote, salientaron como dato moi positivo a previsión no orzamento de 11,7 millóns de euros para acometer a ampliación da estación depuradora de augas residuais da Moscadeira.
A Xunta recibe as obras da depuradora de augas residuais da plataforma loxístico-industrial de Salvaterra-As Neves
Técnicos do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) acaban de proceder á recepción das obras de construción da estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Plataforma Loxístico-Industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan), dando un paso máis cara a posta en funcionamento do parque empresarial.
A Guarda mellora o subministro de auga na zona da Depuradora
Operarios municipais traballan dende fai unha semana na substitución dun tramo da rede de subministro de auga na zona da subida da E.D.A.R. da Guarda.
Estas obras realízanse despois de terse detectado numerosas incidencias no subministro nesta zona, polo que se decidiu realizar a substitución completa da tubaxe de subministro de auga ao longo de máis de 200 metros.
Tomiño visita a depuradora de Coristanco (A Coruña) para coñecer novas alternativas de baixo impacto ambiental
Catro concelleiros e concelleiras do equipo de goberno de Tomiño; entre eles, os de Servizos Públicos e Medio Ambiente, realizaron unha visita á depuradora de augas do municipio de Coristanco (provincia da Coruña), o día 17 de xullo pasado.
O Ministerio para a Transición Ecolóxica confirma un investimento de máis de 14 millóns de euros para ampliar a depuradora da Moscadeira
A sociedade mercantil estatal Augas das Concas de España (ACUAES), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, vén de anunciar a contratación dos servizos de asistencia técnica para a elaboración do estudo de alternativas, dos estudos ambientais e a redacción do anteproxecto de mellora da EDAR da Moscadeira e do proxecto dos interceptores xerais de Ponteareas.
ACUAES licita o contrato para a redacción do anteproxecto de mellora da EDAR de Ponteareas
A sociedade mercantil estatal Aguas de las Cuencas de España (ACUAES), do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, vén de licitar por 112.015 euros os servizos de asistencia técnica para a elaboración do estudo de alternativas, dos estudos ambientais e a redacción do anteproxecto de mellora da estación depuradora da Moscadeira e do proxecto de mellora dos interceptores xerais de Ponteareas.
O alcalde de Ponteareas, satisfeito “co interese da Xunta” en cofinanciar a ampliación da depuradora
O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, amosou a súa satisfacción polo “enorme interese” da Xunta de Galicia en cofinanciar a ampliación da depuradora da localidade. A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, explicou onte que ven de solicitar “a celebración dunha xuntanza urxente para que a Xunta e o Goberno de España poidan abordar conxuntamente, o antes posible, o financiamento (…) da depuradora de Ponteareas”.
O PSOE de Ponteareas agradece que o Goberno socialista en funcións apoie ao municipio con máis de 7 millóns de euros
Hai unha semana, o Consello de Ministros aprobaba a modificación do convenio coa Sociedade Estatal de Augas das concas de España para a execución da ampliación da depuradora de Ponteareas. Esta obra de máis de 7 millóns de euros financiarase nun 60 % polo Estado a través da Unión Europea, un 20 % polo Concello de Ponteareas e outro 20 % pola Xunta, a través dun convenio pendente de asinar.