11.1 C
Pontevedra
Venres, 1 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: cpa condado

    Seis patinadoras do CPA Condado acadan a categoría Nacional

    As patinadoras do Club de Patinaxe Artística Condado de Salvaterra de Miño, Zoe García, Alia Balboa e Noa Garcia en cadete, Dubra Outeiro en Xuvenil, e Lucia Soto e Aldara Balboa en Junior, acadaron o pasado 5 de febreiro o ascenso á categoría Nacional no decurso do Campionato de Preseleccións das categorías cadete, xuvenil e junior disputado en Salvaterra de Miño.

    Dous ouros para o CPA Condado na Copa Galega de Grupos Show celebrado no Carballiño

    O Club Patinaxe Artística Condado de Salvaterra de Miño, vén de facerse con dous ouros, dos seis posibles, na Copa Galega de Grupos Show celebrado entre o 9 e o 11 de xullo no Carballiño.

    O CPA Condado de Salvaterra campión Galego de Grupos Show Junior

    O pasado 10 de Abril celebrouse en Salceda de Caselas o Campionato Galego de Grupos Show Junior e Cuartetos, alí, o Club Patinaxe Artistica Condado, coa coreografía Unidade 630 revalidaba o título de Campión Galego na modalidade de Grupos Junior. Con esta vitoria, o grupo junior conseguía praza para participar no próximo Campionato de España que se celebrará en Alcoy o 7 e 8 de Maio.

    O CPA Condado de Salvaterra subcampión galego en Grupos Show Pequenos

    O Club Patinaxe Artística Condado de Salvaterra de Miño, coa coreografía Detrás de la piel revalidaba onte domingo, 9 de febreiro, o seu título de subcampión galego na modalidade de 'Grupos Show Pequenos' no transcurso do campionato celebrado en Vigo e organizado polo C.A.R.P.A. Viqueira.

    Magnífico papel das patinadoras do CPA Condado en Ponteareas

    A pasada fin de semana celebrouse en Ponteareas a III Fase de Categoría Rexional e Probas de Acceso a Categoría Nacional e o CPA Condado de Salvaterra asinou un extraordinario papel co acceso á categoría nacional de Ruth González en alevíns, mentres que Dubra Outeiro, en categoría infantil, quedaba ás portas do ascenso.

    María Miranda do CPA Condado de Salvaterra, subcampiona galega benxamín

    O Club Patinaxe Artística condado de Salvaterra acadou unha medalla no transcurso do Campionato Galego nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil que se disputou en Gondomar. Na categoría Benxamín, Marta Fraga, do CPA Maxia da Coruña conseguia o ouro mentres que a prata e o título de subcampiona galega...

    Magnifica actuación do C.P.A. Condado no Campionato de Grupos Show de Alacante

    O Club Patinaxe Artística Condado de Salvaterra de Miño asinou, o pasado 22 de marzo en Alcoy (Alacante) un extraordinario papel no Campionato de España de Grupos Show Junior. O club do Condado foi quen de clasificarse no top ten rematando a competición en noveno posto entre un total de 20...

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.