21.5 C
Pontevedra
Luns, 28 de Setembro de 2020

Tag: covid-19

Nigrán ordena a “limpeza profunda e desinfección” de todos os centros educativos

O Concello de Nigrán, ante a situación de crise sanitaria e tendo en conta o parón da actividade educativa, deu orde esta semana á concesionaria da limpeza dos centros para que emprenda unha desinfección e limpeza profunda de todas as instalacións. O persoal iniciou os traballos seguindo o protocolo sanitario e realizando a limpeza sen manter contacto con outras persoas.

EU Ponteareas require ao Concello que cese “toda actividade non imprescindible”

Esquerda Unida de Ponteareas expresou hoxe o seu apoio á demanda realizada polos sindicatos con representación no Concello de Ponteareas ao pedir que "cese a actividade en todos os centros de traballo do Concello que non teñan a consideración de servizos mínimos esenciais".

Redondela prioriza a tramitación de facturas ás persoas e empresas provedoras do Concello

O Concello de Redondela vén de tomar as medidas oportunas para “priorizar ao máximo posible” o pagamento de facturas ás persoas e empresas provedoras do Concello. A medida adoptada polo Goberno que preside Digna Rivas, busca “que os nosos provedores e provedoras non teñan problemas de liquidez e poidan manter a súa actividade laboral e empresarial nestes tempos complicados”, explica a alcaldesa de Redondela.

O PP de Ponteareas solicita un plan de actuación na residencia de maiores e “que só traballen os servizos mínimos”

O Grupo Municipal do PP do Concello de Ponteareas solicitou por escrito a aplicación de melloras para a contención do virus Covid-19 no municipio. Entre as medidas presentadas ao Goberno polos populares están a adopción de medidas para a Residencia de Maiores 'Santa Ana' e que só traballen os servizos mínimos indispensables.

Carmela Silva subliña “a extraordinaria resposta dos protocolos en Principe Felipe” logo de confirmarse o resultado negativo dun posible contaxio

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, trasladou esta mañá o seu agradecemento á dirección e ao persoal de Príncipe Felipe “pola extraordinaria resposta de todos os servizos do centro de menores e pola estrita aplicación dos protocolos, ante o primeiro caso de sospeita dun contaxio dun neno que, finalmente, deu negativo no test de coronavirus”.

Ponteareas desinfecta diariamente as rúas e espazos públicos

A empresa concesionaria de limpeza do Concello de Ponteareas desenvolve, nestes días, "actuacións de desinfección diaria ao longo de toda semana nas rúas e espazos públicos de Ponteareas, especialmente en zonas de supermercado, farmacias, panadarías e mercado municipal", informou a concelleira de Medio Ambiente que dirixe Rosa Covelo. Amais, Covelo sinalou tamén que se procede "á desinfección e lavado dos colectores de lixo, tanto no que fai referencia ao casco urbano coma ás parroquias".

Mos pecha, temporalmente, todos os cemiterios do municipio

O Concello de Mos acordou, por resolución de Alcaldía, o peche temporal de todos os cemiterios do municipio para visitas ao público, abríndose únicamente no caso de sepelios. A medida adoptada polo executivo que preside Nidia Arévalo, comezou a aplicarse xa hoxe venres, 20 de marzo en que todos os cemiterios mosenses, tanto os municipais como os parroquiais, atópanse xa clausurados e debidamente precintados pola Policía Local.

Cinco veciños do Porriño denunciados por infrinxir as normas do estado de alarma

A Policía Local do Porriño deu conta que, ata o día de onte, procederon a denunciar a cinco veciños por infrinxir as normas que rexen no estado de alarma. Na meirande parte dos casos son persoas que sacan a pasear o can pero que "superan a marxe de 10 minutos que establecen as instruccións do estado de alarma". Outro dos casos denunciados foi o dun motorista que estaba a dar unha volta e cando foi apercibido polos axentes da Policía Local, alegou que "estaba a buscar un taller para unha reparación".

Nigrán propón a Residencia de Tempo Libre de Patos como espazo potencial de atención sanitaria ante o coronavirus

Residencia de Tempo Libre de Patos, vén de ser proposta polo Concello de Nigrán como un espazo potencial para a atención sanitaria ante a crise do Covid-19. Así, o Concello que preside Juan González da resposta a demanda do Ministerio de Sanidade na que solicita aos concellos lugares de posible uso no caso de que foran precisos. Cómpre lembrar que a residencia é un lugar xa dotado de medios, sen actividade ata xuño e que dispón de camas e habitacións inviduais, cociña industrial e comedor.

Afaga alerta que o illamento polo coronavirus “pode provocar un empeoramento cognitivo nas persoas con alzhéimer”

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias, Afaga, alerta dos riscos cognitivos que pode carrexar o illamento na persoas que teñen unha enfermidade neurodexenerativa. As persoas con demencia, sobre todo as que se atopan en fase leve ou moderada, seguen unhas rutinas diarias que lles axuda a estar máis conectados coa realidade e a contorna.

Ponteareas pon en marcha un servizo especial de voluntariado para axudar á veciñanza fronte á crise do Covid-19

O Concello de Ponteareas, a través da Concellería de Mocidade e Voluntariado que dirixe Miguel Bouzó, lembra que o Goberno local ten en funcionamento, dende o pasado día 17 de marzo, un servizo especial para axudar ás persoas máis vulnerables nesta crise do coronavirus que, durante o estado de alarma, non poidan saír do seu domicilio para cuestións de primeira necesidade.

A Mancomunidade do Baixo Miño adopta medidas de prevención ante o Covid-19

A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño ven de adoptar medidas de funcionamento con motivo do decreto do Estado de Alarma trala crise do COVID-19 mediante unha resolución da presidencia pola que se acordou, entre outras medidas, priorizar a atención telefónica e telemática nos Servizos de atención ao público e no caso de atención presencial se establecerán as quendas imprescindibles para garantir a prestación do servizo.

Policía Local de Mos e Garda Civil interveñen 11.000 luvas, 124 litros de alcohol sanitario e 510 mascarillas

A Policía Local de Mos conxuntamente coa Garda Civil veñen de realizar dúas actuacións en empresas que se adicaban ao almacenamento, venda e distribución de material sanitario relativo á presente crise do COVID-19 e non respectaban a orde do Ministerio de Sanidade de dar conta do material sanitario de que dispoñen.

O PSOE de Ponteareas apoia a solicitude dos sindicatos para reducir á actividade “ao mínimo indispensable”

Unha vez coñecida a solicitude feita hoxe polos sindicatos maioritarios, CC OO, UGT, CSIF e CIG, na que solicitan que no Concello de Ponteareas "tan só se manteñan os servizos esencias", entendendo como tales os que serían calificados así nun periodo de folga xeral, o Partido Socialista entende que a solicitue feita polos axentes sociais "trátase dunha medida extraordinaria que busca cumprir coas indicacións das autoridades sanitarias".

Tui recibe a doazón de 3.500 pares de luvas para Policía Local, Policía Nacional, Protección Civil e Emerxencias

O Concello de Tui, a Policía Nacional, e os Servizos de Emerxencias recibiron este mediodía unha doazón de 3.500 luvas de nitrilo realizada polo futbolista J. Peleteiro do Aston Villa e do seu colaborador, o tudense Miguel Hermida. Mercaron todo o stock de luvas tiña a empresa local Recambios Rager para doar este material aos forzos e corpos de seguridade do Estado presentes en Tui así coma ao Concello de Tui que os empregará tanto na Policía Local, Protección Civil, e outro persoal municipal.

Carmela Silva destaca o “traballo excelente” do equipo directivo e persoal do ‘Príncipe Felipe’

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, presidiu hoxe a quinta xuntanza do Comité de Seguimento do COVID19 no Centro Príncipe Felipe. Despois dunha sesión cunha duración superior ás dúas horas, expresou o seu agradecemento ao “traballo excelente” que está a desempeñar este equipo directivo e todo o persoal. Silva adiantou o seu total apoio para tódalas decisións adoptadas, dende o primeiro momento, e indo sempre un paso por diante de tódalas normativas aprobadas polas Administracións competentes.

Salvaterra de Miño impulsa actividades dinamizadoras para sobrelevar o confinamento do covid-19

O confinamento obrigado a causa da pandemia do Covid-19, non é doada de levar e precisamente por iso, para facer máis doada a situación, o Concello de Salvaterra de Miño vén de impulsar unha serie de actividades dinamizadoras que, sinala a alcaldesa Marta Valcárcel, " poidan paliar os efectos da cuarentena como poden ser o aburrimento, o estrés, a ansiedade ou a ausencia de actividade física".

Ponteareas chama á “responsabilidade” e á “solidariedade co comercio local”

A concellería de Promoción Económica do Concello de Ponteareas, Eva Gil, fixo hoxe un chamamento á responsabilidade de cara a que a veciñanza siga as recomendacións de illamento e hixiene sanitaria ditadas polo Estado e, ao mesmo tempo, "de solidariedade co comercio local" deixando as compras que poidan agardar para facelas "unha vez os nosos comercios de toda a vida e de confianza volvan pode abrir as súas portas".

Redondela habilita medidas extraordinarias de protección para Policía Local, Emerxencias e Protección Civil

Dotar á Policía Local das maiores medidas de protección posibles é o obxectivo dun protocolo de actuación posto en marcha polo Equipo de Goberno do Concello de Redondela e que será de aplicación, tanto no traballo que desenvolven os axentes na rúa, como no interior das dependencias policiais. O mesmo protocolo será válido, agás as normas específicas, para o SEIS (Servizo de Emerxencias e Incendios en Redondela).

O Rosal fai un chamamento á veciñanza para axudar ás persoas máis vulnerables

Ante a situación de emerxencia xurdida a raíz da expansión do coronavirus e das medidas adoptadas polas autoridades para a súa contención, o Concello do Rosal pide a colaboración da veciñanza para axudar ás persoas que se atopan nunha situación máis vulnerable neste escenario de alerta sanitaria.

Carmela Silva, “é a hora de atender sobre todo á xente máis vulnerable, todo o demáis virá logo”

“É a hora de atender á xente, e sobre todo á xente máis vulnerable. Todo o demais xa virá logo”. Deste xeito, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, dirixiuse esta mañá ao Comité de Seguimento fronte ao Covid19, reunido no Pazo Provincial, ao que deu conta das medidas extraordinarias que a institución está a activar en materia de política social, para achegar recursos aos concellos máis pequenos da provincia e ás familias en situación máis vulnerable.

Nigrán inicia a entrega de alimentos entre as familias especialmente vulnerables

O Concello de Nigrán iniciou esta mañá o servizo especial de asistencia a persoas en especial risco ante o Covid-19 atendendo ás 33 familias en situación de vulnerabilidade económica ou ailladas (acorde aos datos dos Servizos Sociais) despois de contactar telefónicamente con cada unha delas para atender as necesidades especiais destes intres.

Garda Civil e Policía Local de Ponteareas coordínanse para velar pola protección da veciñanza

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o concelleiro de Bo Goberno, Transparencia e Participación Cidadá, Roberto Mera, mantiveron esta mañá no salón de plenos, e dacordo coas medidas de seguridade e prevención establecidas, un encontro co tenente da Garda Civil de Ponteareas, o xefe da Policía Local da localidade, así como o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros e o axente de policía deste concello.

As Neves habilita un servizo de entrega de bens de primeira necesidade

O Concello das Neves vén de anunciar a posta en marcha dun servizo de entrega de bens de primeira necesidade destinado a aquelas persoas que non dispoñan de medios para adquirilos nestes momentos.

Redondela activa un servizo de axuda aos colectivos de especial vulnerabilidade

O Equipo de Goberno do Concello de Redondela segue adoptando medidas non só para evitar a propagación do coronavirus, senón tamén para axudar aos colectivos máis vulnerables como persoas maiores que vivan soas ou aqueles de especial vulnerabilidade que miran agravada a súa situación polo confinamento nas súas vivendas.

A Concellería de Ensino de Ponteareas facilita enlaces útiles “para manter a actividade lectiva dende o fogar”

A concelleira de Ensino do Concello de Ponteareas, Cristina Fernández, vén de compartir con todas as familias ponteareás que teñan fillos e fillas en idade escolar, os primeiros enlaces facilitados pola mestra de educación primaria Susana Lamela para continuar coa actividade lectiva, na medida do posible, e un mellor aproveitamento do tempo que teñamos que permanecer nos fogares para combater o espallamento do COVID-19.

Nigrán crea un servizo de asistencia a veciñanza de risco e persoas sen medios para facilitar a compra de mediciñas e alimentos

O Concello de Nigrán pon desde hoxe en funcionamento un servizo de asistencia a persoas en especial risco ante o Covid-19, ou en soidade ou sen medios, co obxectivo de facilitarlles a compra de alimentos, menciñas e mesmo o préstamo de libros, revistas ou dvds da Biblioteca Municipal (instalación pechada, como todas as dependencias municipais).

Ponteareas reforza a atención telefónica e telemática durante o estado de alarma

O Concello de Ponteareas reforzará, durante o tempo que dure o estado de alarma decretado polo Goberno, o servizo de atención telefónica e telemática e non prestará atención presencial. Esa é unha das medidas adoptadas na tarde de onte pola Comisión Municipal de Seguimento da Crise do...

A Agrupación Gaiteira de Salceda agasalla música contra o coronavirus

A música é, e sempre foi, unha fiestra aberta aos sentimentos porque a música non é outra cousa que un sentimento, intimo e persoal, plasmado nun pentagrama. Pero a Agrupación gaiteira de Salceda, nestes tempos tan estraños coma descoñecidos que supón un confinamento contra unha pandemia, decidiu ir máis aló e sacar a música pola fiestra... literalmente.

Policía Local e Nacional de Redondela traballan na vixilancia das medidas adoptadas para evitar a propagación do coronavirus

Policía Local e Policía Nacional de Redondela traballan, de xeito coordinado, na vixilancia do cumprimento das normas marcadas no estado de alarma decretado polo Goberno Central para evitar, na medida do posible, a propagación do coronavirus, controlando o peche dos establecementos e recomendando a veciños e veciñas que permanezan nas súas casas.

O Comité de Seguimento da Deputación suspende dende o luns a presenza laboral agás “persoal crítico”

O Comité de Seguimento da Deputación de Pontevedra fronte ao COVID19 reuniuse este domingo baixo a presidencia de Carmela Silva e a vicepresidencia de César Mosquera para, unha vez coñecidos todos os detalles do Real Decreto de Alarma pola situación de emerxencia sanitaria, tomar a decisión de suspender de xeito provisional para este luns a presenza de traballadoras e traballadores en todas as dependencias provinciais. A medida xa foi trasladada a todo o persoal mediante unha orde de servizo amais da información do emprego das tecnoloxías para realizar o traballo remoto.

O Consorcio de Augas do Louro suspende temporalmente a atención presencial nas súas oficinas

O Consorcio de Augas do Louro, en coordinación coa empresa xestora do servizo e co fin de minimizar os riscos para os traballadores e usuarios dos servizos, debido á alerta sanitaria polo Coronavirus COVID-19, manterá pechadas as oficinas de atención ao público cando menos dende o luns 16 de Marzo ata o luns 30 de Marzo.

O Rosal pecha as instalacións municipais e manterá servizos mínimos de atención ao público

O Concello do Rosal acordou as medidas establecidas como protocolo de prevención do coronavirus, que se aplicarán durante os vindeiros 14 días a partir do luns 16 de marzo sen prexuízo da súa prórroga e revisión transcorrido o prazo inicialmente previsto e que remata o 29 de marzo. A duración ou modulación das medidas adoptadas tomarase de acordo coas directrices establecidas polas autoridades sanitarias competentes tras a avaliación do avance da situación.

A Policía Local de Ponteareas vela polo cumprimento das normas da Alerta Sanitaria

A Policía Local de Ponteareas está velando polo cumprimento da alerta sanitaria decretada pola Xunta de Galicia e fai un chamamento á poboación "para evitar a aglomeración de persoas nos establecementos de alimentación". Durante esta mañá as e os axentes constataron que "un grande número de persoas acudiron aos supermercados da localidade creando un risco para a saúde pública".

Goberno de Redondela adopta medidas para evitar a propagación coronavirus

O Comité de Seguimento do Covid-19 do Concello de Redondela vén de tomar unha serie de medidas que, na medida do posible, contribúan a evitar expansión do virus. O Comité, do que forman parte a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, a interventora e secretaria municipal e as tres tenentas de alcalde “informará puntualmente”, logo de cada reunión, aos portavoces dos grupos municipais da Corporación Municipal “porque é un asunto que trascende á vida política e atinxe a toda a cidadanía”, afirma a alcaldesa Digna Rivas.

Salceda adopta medidas extraordinarias para evitar a propagación do Covid-19

A corporación municipal de Salceda de Caselas, ante a expansión que se está a vivir do novo coronavirus (Covid-19), ven de adoptar unha serie de medidas para todo o termo municipal, medidas que se manterán mentres o goberno autonómico ou estatal non comuniquen o cambio de situación.

A Xunta decreta o Estado de Emerxencia Sanitaria e ordena o peche de bares, restaurantes e locais de ocio

O Consello da Xunta de Galicia, reunido hoxe en sesión extraordinaria, decidiu decretar o estado de Emerxencia Sanitaria no territorio da comunidade autónoma de Galicia, segundo deu a coñecer o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo esta mesma tarde.

O Concello de Nigrán adopta medidas excepcionais como prevención ante o coronavirus

O Concello de Nigrán, atendendo ao criterio das máximas autoridades da Sanidade Pública, toma medidas excepcionais como medida de prevención ante o avance do coronavirus ao tempo que fai un chamamento á calma da cidadanía. Así, como medida de profilaxis, suspéndense desde este luns 16 de marzo e, como mínimo ata o 1 de abril, todas as actividades municipais culturais, deportivas e de envellecemento activo e péchase a Biblioteca Municipal para evitar a concentración dun alto número de persoas nun espazo pechado.

Román Rodríguez reúnese co sector turístico para abordar a situación actual do coronavirus

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, reuniuse con representantes dos distintos ámbitos do sector turístico galego, encabezados polo presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, para abordar evolución que o coronavirus está a ter na Comunidade. Esta xuntanza dá continuidade á mantida a semana pasada co obxectivo de establecer unha vía de diálogo fluído que permita facer seguimento da situación cunha canle de comunicación estable.

Colaboradores