19.3 C
Pontevedra
Martes, 16 de Abril de 2024
Máis

    Tag: ceip antonio carpintero

    Arbo convoca unha nova edición do concurso escolar de carteis e redacción sobre a ‘Festa da Lamprea’

    O Concello de Arbo convoca e abre o praza de inscrición do concurso de carteis e redacción que celebra habitualmente con motivo da Festa da Lamprea que chega a súa sexaxésimo primeira edición e que se desenvolverá os días 23, 24 e 25 de abril de 2021. O certame está dirixido a todo o alumnado do CEIP Antonio Carpintero, mentres que o de redacción está só enfocado aos alumnos de 3º a 6º de Primaria. Cartel e a redacción terán como tema central Arbo, a LXI Festa dá Lamprea, gastronomía, paisaxe, patrimonio, o viño, a lamprea, os ríos Miño, Cea, Deva, etc.

    Arbo convoca unha nova edición do concurso de redacción e carteis «Antonio Carpintero»

    O Concello de Arbo vén de facer públicas as bases polas que se rexerá o concurso de carteis e redacción, destinado exclusivamente aos alumnos e alumnas matriculados no CEIP 'Antonio Carpintero', con motivo da celebración da 'LX Festa da Lamprea' que se desenvolverá lugar os días 24, 25 e 26 de abril do 2020.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.