Tag: castelo do sobroso
A Deputación inicia o proceso de contratación da esperada musealización do Castelo do Sobroso
A Deputación de Pontevedra da un novo paso cara a esperada musealización do Castelo do Sobroso ao aprobar, en Xunta de Goberno, o expediente de contratación cara a adxudicación do proxecto, que conta cun orzamento de máis de 300.000 euros. A previsión do ente provincial é que as actuacións estean rematadas ao longo deste verán, dotando con elas ao castelo dun equipamento museográfico actual e potenciando o seu atractivo acorde coas tendencias da demanda turística.
“Re-accion nos Castelos” pecha o verán cunha mobilización cultural de máis de 800 persoas en Soutomaior e Sobroso
“Expectativas desbordadas e unha excelente acollida do público. Estamos encantadas”. Así definiu a presidenta da Deputación, Carmela Silva o “éxito absoluto” do programa “Re-acción nos Castelos” que este verán acolleron os castelos de Soutomaior e Sobroso, mobilizando, a pesar das restricións da covid19, a máis de 800 persoas.
O vindeiro martes retoman a súa actividade os castelos de Soutomaior, O Sobroso e o centro Castro Deza
Os castelos de Soutomaior e O Sobroso e o centro Castro Deza reabrirán as súas portas, ao igual que o fará o Museo de Pontevedra, o martes 2 de xuño. “Farano con todas as garantías e medidas de seguridade, con plans de continxencia específicos, creados para cada un destes recintos, e serán protocolos vivos, para adecuarse ás novas normas que se vaian aprobando”, asegurou Carmela Silva. O obxectivo, tal e como destacou a presidenta, “é converter a todos os nosos equipamentos culturais en espazos seguros”.
O Castelo do Sobroso, marco espectacular para un desfile de traxes nupciais
O Castelo de Sobroso foi o espectacular marco que acolleu, este xoves, o desfile de traxes de noiva no que o estilita Óscar Novo presentou as novas apostas da deseñadora Patricia Avendaño, que forman parte da súa colección nupcial para o ano 2020. O evento contou coa presenza da presidenta da Deputación, Carmela Silva, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas e o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, entre outras autoridades.
As visitas teatralizadas aos castelos de Soutomaior e Sobroso, un éxito indiscutible
Os castelos de Soutomaior e do Sobroso serán escenario de visitas teatralizadas que, no caso de Soutomaior desenvolveranse os días 5, 12 e 19 de maio e para a fortaleza do Sobroso, no Concello de Mondariz, serán os días 10, 11 e 12 de maio. Do éxito da iniciativa...