16.9 C
Pontevedra
Venres, 14 de Agosto de 2020

Tag: carmela silva

A Deputación desenvolve en ‘Príncipe Felipe’ un plan de continxencia con simulacros para todo o persoal

A Deputación de Pontevedra está a desenvolver no Centro de Menores Príncipe Felipe un plan de continxencia específico que va máis alá dos protocolos e normas establecidas. Trátase dun programa exhaustivo e diferenciado que foi elaborado para o persoal educativo, de limpeza, servizo de enfermería, mantemento, lavandería, vixilancia, manexo de residuos e desinfección. Este plan leva aparellada a realización de simulacros a fin que todo o persoal, caso de ser necesario, saiba como proceder en todo momento.

A Deputación coordina co Goberno central o retorno do alumnado do ‘Practicum Depo’ en cidades europeas

A Deputación de Pontevedra está a coordinar co Goberno de España a repatriación voluntaria á provincia das e dos estudantes que estaban a desenvolver as súas mobilidades en cidades europeas, e que solicitaron á volta ao país pola crise xerada polo Covid19 Trátase de alumnas e alumnos de centros de Formación Profesional da provincia de Pontevedra que, desde fai uns meses, están a realizar as súas prácticas en empresas e centros de investigación de distintos países europeos coas bolsas do programa da Deputación Practicum Depo.

Carmela Silva insta a Feijóo a convocar ás deputacións para adoptar medidas ante as previsión sobre o pico da pandemia

Ante as novas previsións da Xunta de Galicia sobre a evolución da crise sanitaria na comunidade autónoma, que situarían o pico da pandemia ao longo deste mes de abril, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, instou hoxe ao presidente Feijoo a que convoque telematicamente, no prazo máis breve posible, ás...

A Deputación intensifica as medidas de desinfección no ‘Principe Felipe’, habilita novos espazos médicos e contrata a outras 6 persoas

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, supervisou hoxe na reunión do Comité de Seguimento específico de Príncipe Felipe, a adaptación dos protocolos do Centro de Menores, “que están en permanente actualización”, ás novas ordes ministeriais de Sanidade publicadas esta pasada semana para os centros de servicios sociais e de carácter residencial.

Carmela Silva salienta o “excelente traballo” do persoal do Príncipe Felipe para garantir a saúde das e dos menores

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou nunha nova xuntanza do Comité de Seguimento do COVID19, creado especificamente no Centro Príncipe Felipe para deseñar as medidas preventivas e de protección da saúde do alumnado e do persoal, así como para garantir o adecuado desenvolvemento psicosocial e pedagóxico dos nenos/as durante o...

Carmela Silva subliña “a extraordinaria resposta dos protocolos en Principe Felipe” logo de confirmarse o resultado negativo dun posible contaxio

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, trasladou esta mañá o seu agradecemento á dirección e ao persoal de Príncipe Felipe “pola extraordinaria resposta de todos os servizos do centro de menores e pola estrita aplicación dos protocolos, ante o primeiro caso de sospeita dun contaxio dun neno que, finalmente, deu negativo no test de coronavirus”.

A Deputación axiliza aínda máis o pago e provedores para “axudar a garantir a liquidez empresarial”

As xefaturas de tódolos servizos administrativos da Deputación de Pontevedra recibiron esta mañá unha instrución, para apurar ao máximo a tramitación do pago de tódalas obrigas con provedores e empresas. A medida ten por obxecto colaborar ata o límite do que permita a normativa económico-financeira na liquidez das empresas e autónomos que realizan obras, subministracións ou prestan servizos á Deputación

Carmela Silva destaca o “traballo excelente” do equipo directivo e persoal do ‘Príncipe Felipe’

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, presidiu hoxe a quinta xuntanza do Comité de Seguimento do COVID19 no Centro Príncipe Felipe. Despois dunha sesión cunha duración superior ás dúas horas, expresou o seu agradecemento ao “traballo excelente” que está a desempeñar este equipo directivo e todo o persoal. Silva adiantou o seu total apoio para tódalas decisións adoptadas, dende o primeiro momento, e indo sempre un paso por diante de tódalas normativas aprobadas polas Administracións competentes.

O Comité de Seguimento da Deputación suspende dende o luns a presenza laboral agás “persoal crítico”

O Comité de Seguimento da Deputación de Pontevedra fronte ao COVID19 reuniuse este domingo baixo a presidencia de Carmela Silva e a vicepresidencia de César Mosquera para, unha vez coñecidos todos os detalles do Real Decreto de Alarma pola situación de emerxencia sanitaria, tomar a decisión de suspender de xeito provisional para este luns a presenza de traballadoras e traballadores en todas as dependencias provinciais. A medida xa foi trasladada a todo o persoal mediante unha orde de servizo amais da información do emprego das tecnoloxías para realizar o traballo remoto.

Carmela Silva celebra a plantación da camelia ‘María Vinyals’ a primeira “con nome de muller”

Coas palabras de María Vinyals reflexionando sobre a posición das mulleres hai máis de 100 anos e a canción contra a violencia de xénero 'A porta violeta' de Rozalén, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, das deputadas provinciais Ana Laura Iglesias, Raquel Giráldez e Victoria Alonso, do autor do libro 'María Vinyals, a muller do porvir', Diego Piay, e da historiadora Silvia Cernadas, realizou esta mañá a plantación da camelia “María Vinyals” no Castelo de Soutomaior, a primeira “con nome de muller” do xardín.

Carmela Silva chama a traballar “dende o optimisno e facendo moito ruído a prol da Igualdade”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fixo un chamamento esta mañá en Redondela, no marco da acción musical de Somdolilá do programa da institución provincial 'Mulleres en acción. Violencia Zero', a traballar “dende o optimismo e facendo moito ruído a prol da igualdade”.

O acto central do 8M da Deputación mesturará arte, reivindicación, palabra e igualdade

A Deputación de Pontevedra xa ten todo preparado para celebrar este venres no Pazo Provincial o acto central do Día Internacional da Muller, enmarcado na ampla programación de actividades que, baixo o nome de 'Por nós, por todas', se está a desenvolver nas sedes provinciais de Pontevedra e Vigo.

Carmela Silva rexeita participar na apertura de curso 2020 da Academia Xacobea “inaceptable por machista e electoralista”

A presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva amosou o rexeitamento a participar mañá, 3 de marzo, ás 18.00 horas, na sesión solemne de apertura de curso 2020 da Academia Xacobea. “Trátase dun acto inaceptable polo seu sesgo machista e electoralista”, indicou Silva, quen tamén amosou a súa indignación tras coñecer que a organización non contemplase que a única muller da mesa presidencial tivera voz.

‘Por nós, por todas’, lema da Deputación para un amplo programa de actividades “nun marzo brutal de igualdade”

Unha “espectacular e rompedora” instalación “con mensaxes que non deixarán a ninguén indiferente, que falará de mulleres poderosas e libres, e da nosa sororidade contra os negacionistas”, protagonizará o acto central que a Deputación de Pontevedra celebrará para conmemorar este ano o 8M. Así o anunciou hoxe a presidenta, Carmela Silva, quen avanzou esta iniciativa na presentación da extensa programación que a institución provincial vai desenvolver ao longo de todo o mes de marzo, e que este 2020 leva o lema “Por nós, por todas”.

A Deputación aposta polo sector primario destinando 450.000 euros a confrarías, mariscadoras e cooperativas agrogandeiras

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar as bases reguladoras de dúas liñas de subvencións para investimentos no sector primario para este ano 2020, por un total de 450.000 euros. Por unha banda, cun orzamento de 250.000 euros, axudas ás confrarías de pescadoras e pescadores, á federación de confrarías e ás agrupacións de mariscadoras da provincia; e, pola outra, cun crédito total de 200.000 euros, subvencións dirixidas ás cooperativas agrogandeiras.

A Deputación destina máis de medio millón de euros a concellos e entidades nunha clara aposta pola igualdade

A Deputación de Pontevedra suma un investimento de 554.000 euros nas novas achegas que realizará a través de programas que teñen como destinatarios aos concellos e ás entidades da provincia, a fin de que poidan desenvolver accións en materia de igualdade. Un eido que, como reiterou a presidenta Carmela Silva, “é un eixo primordial desta administración provincial”.

O Goberno da Deputación reivindica a Rosalía como “guía” do futuro de Galicia e do pobo galego

O Goberno da Deputación, a través da presidenta Carmela Silva e da deputada de Lingua e Patrimonio María Ortega, reivindicou hoxe a Rosalía de Castro como “guía” do futuro de Galiza e do pobo galego. Así o fixeron no acto institucional organizado co gallo do Día de Rosalía –que se celebra o vindeiro luns– e coincidindo co Día da Lingua Nai que cada ano se conmemora de maneira internacional o 21 de febreiro.

A Deputación revalida o seu compromiso social co tecido asociativo da provincia

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, anunciou a convocatoria e as bases das axudas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social na provincia durante o ano 2020.

O Castelo do Sobroso, marco espectacular para un desfile de traxes nupciais

O Castelo de Sobroso foi o espectacular marco que acolleu, este xoves, o desfile de traxes de noiva no que o estilita Óscar Novo presentou as novas apostas da deseñadora Patricia Avendaño, que forman parte da súa colección nupcial para o ano 2020. O evento contou coa presenza da presidenta da Deputación, Carmela Silva, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas e o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros, entre outras autoridades.

«Pontevedra Trail League», a nova aposta deportiva da Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou hoxe a primeira edición da Pontevedra Trail League, iniciativa deportiva que conta coa colaboración da institución provincial e que xuntará a tres probas de referencia na provincia como son o Trail Adventure Muíños do Folón, o Trail do Románico e o Trail do Trega. No acto estivo acompañada por Anxela Fernández Callís, alcaldesa do Rosal; Mónica González, concelleira de Deportes de Silleda; Montse Magallanes, concelleira de Deportes da Guarda; Gorka Gómez, deputado de Deportes, e Justi Peixoto, organizador da proba.

A Deputación recupera para as persoas o antigo Campo da Feira da Devesa de Salceda

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou hoxe xunto á alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira; aos deputados de infraestruturas e Cooperación, Gregorio Agís e Santos Héctor, amais da tenenta de alcalde, Verónica Tourón e integrantes do Goberno local, dúas obras levadas a cabo con achegas da institución provincial neste concello cun investimento próximo ao millón de euros, a urbanización do antigo Campo da Feira da Devesa, incluída no Plan DepoRemse, e a actuación de mobilidade sostible na estrada provincial EP-2505 ao seu paso polo núcleo urbano.

A Deputación aproba concertos para 58 concellos ao abeiro do «Musigal 2020»

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno as actuacións autorizadas ós concellos dentro do programa ‘Musigal 2020’, orientado a municipios de menos de 50.000 habitantes. Deste xeito, aceptáronse as actuacións dos 58 concellos solicitantes, polo que o custe total para o ente provincial ascende a 614.045,25 euros, o que supón unha ampliación en relación cos 600.000€ que se proxectaran nun primeiro momento.

A Deputación rescata a tradición da cestería de madeira rachada na exposición «Tecendo a natureza»

Amosar a riqueza da tradición da cestería de madeira rachada e evitar que se perda este patrimonio material e inmaterial galego. Estes son os dous grandes obxectivos da exposición 'Tecendo a natureza', organizada pola Deputación de Pontevedra e que desde hoxe ata o día 29 de febreiro se poderá visitar no vestíbulo do Pazo Provincial. Con esta mostra, a institución provincial tenta poñer en valor esta artesanía a través das obras do último mestre cesteiro galego nesta modalidade, Enrique Táboas.

Igualdade e música, na nova sede da Deputación en Vigo nos «IV Premios Sofía Novoa Ortiz»

A nova sede da Deputación de Pontevedra en Vigo encheuse esta tarde de sensibilidade, igualdade e música para acoller a entrega da cuarta edición dos 'Premios Sofía Novoa Ortiz' que valoran aos mellores traballos de Fin de Grao e Máster con perspectiva de xénero, presentados na Universidade de Vigo durante o curso 2018/2019.

A Deputación busca poñer en valor a figura de Concepción Arenal no bicentenario do seu nacemento

A Deputación, a través dos departamentos de Patrimonio e Igualdade, e o Ateneo de Pontevedra iniciarán este mes a conmemoración do bicentenario do nacemento de Concepción Arenal co fin de poñela en valor como unha das primeiras feministas galegas e como importante figura do patrimonio histórico feminino polo legado do seu pensamento nunha grande produción de publicacións.

A Deputación volve a sorprender en Fitur con #sigueoteuinstinto, unha aposta pola natureza, a sensibilidade e a vangarda

“Fuxir do estrés, atopar a paz… a provincia de Pontevedra ten todos os ingredientes para deterse, mirar, reencontrarnos con nós mesmas e desfrutar doutra forma de facer turismo en harmonía coa natureza”. Deste xeito Carmela Silva iniciou o seu diálogo coa actriz pontevedresa Celia Freijeiro, tras visualizar en Fitur o espectacular vídeo 'Sigue o teu instinto', do que Freijeiro é a imaxe, e co que a Deputación de Pontevedra vai promover os atractivos naturais da provincia ao longo do 2020.

Carmela Silva, na sesión constitutiva da Comisión de Deputación Provinciais da FEMP

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou hoxe en Madrid na reunión constitutiva da Comisión de Deputacións Provinciais, Cabildos e consellos insulares da FEMP, na que o despoboamento, o financiamento das administracións locais e a visibilidade das entidades locais intermedias foron os principais eixos de traballo da xornada

A Deputación presentará en Fitur a campaña 2020 «Sigue o teu instinto»

'O esplendor da natureza' da provincia de Pontevedra será neste 2020 protagonista de 'Sigue o teu instinto', a campaña de promoción turística das Rías Baixas que se presentará o xoves 23 de xaneiro ás 12.30 horas na feira FITUR de Madrid nun acto no que “non imos deixar a ninguén indiferente”, tal e como afirmou a presidenta da Deputación, Carmela Silva.

A Deputación realizará o estudo técnico para a reforma integral da estrada Tabagón-Goián

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou hoxe o Concello de O Rosal, onde mantivo unha xuntanza de traballo coa alcaldesa, Ánxela Fernández, e intercambiou opinións co persoal municipal e a veciñanza. A visita institucional, a primeira do mandato, foi cualificada por Silva como “rápida, concreta e con decisións”. “Nótase que estamos a traballar entre mulleres”, remarcou.

A Deputación inviste máis de 820.000 euros na mellora da seguridade viaria da EP-5003 A Cañiza-Arbo

O goberno de Carmela Silva vén de aprobar a adxudicación das obras de reposición do firme e mellora da seguridade viaria na estrada provincial EP 5003, que transcorre polos termos municipais da Cañiza e Arbo e ten unha lonxitude total de 12,3 quilómetros. En total, a Deputación de Pontevedra vai investir máis de 820.000 euros na mellora da seguridade viaria deste tramo

Carmela Silva presentou ás e aos novos integrantes do novo Consello Asesor do Museo de Pontevedra

A arqueóloga Beatriz Comendador, o empresario das industrias culturais Kin Martínez, a directora de Esdemga Lola Dopico, a artista Menchu Lamas, o crítico de arte Ramón Rozas, a arquitecta Teresa Táboas e o pedagogo e escritor Xaime Toxo son os integrantes do novo Consello Asesor do Museo de Pontevedra que hoxe foi presentado pola presidenta Carmela Silva nun acto celebrado no Sexto Edificio.

A Deputación aposta por entrar na rede «Eurovelo» e poñer á provincia no mapa europeo do cicloturismo

Poñer a provincia de Pontevedra no mapa europeo do cicloturismo e ofertar a calquera que lle guste percorrer un territorio en bicicleta unha ruta de calidade e segura homologada. Ese é o obxectivo da Deputación de Pontevedra, que onte presentou a candidatura da provincia para entrar no EuroVelo, unha rede de 16 rutas de longa distancia que conectan todo o continente europeo con itinerarios ciclables tanto de uso turístico como para a vida cotiá avalados pola Federación Europea de Ciclismo.

Carmela Silva inaugura as obras do Complexo Deportivo da Lagoa, en Mondariz

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, inaugurou este sábado as renovadas instalacións deportivas da Lagoa, en Mondariz. Silva, que estivo acompañada polo alcalde, Xosé Emilio Barros, e o presidente do Mondariz C.F, José Manuel Vicente, puxo esta actuación como exemplo de actuación pública que fai posible asentar poboación no rural, proporcionando servizos de calidade no territorio.

Carmela Silva, “non teño ningunha dúbida, o mundo local é o gran centro da acción polo clima”

A presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva participou na clausura do Cume do Clima COP25 onde interveu na mesa de debate 'Os compromisos internacionais dos gobernos locais', no marco da xornada 'Os retos dos gobernos locais fronte ao cambio climático', que foi inaugurada no IFEMA de Madrid polo Secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, e polo presidente da FEMP Abel Caballero.

Reciclaxe, inclusión e diversidade, protagonistas do Nadal máis sostible da Deputación

A aposta do Goberno de Carmela Silva polo respecto ao Medio Ambiente e a transición ecolóxica xa se reflexa este Nadal na decoración elixida para o Pazo Provincial de Pontevedra. Deste xeito, a presidenta provincial manifestou que “ten que haber un compromiso cos parámetros dos ODS proxectos pola ONU, porque o noso planeta non soporta que sigamos a tratalo como estamos a facer".

Carmela Silva presenta «Aprendizaxes para a vida»

Baixo o nome de 'Aprendizaxes para a vida’, a Deputación de Pontevedra en colaboración coa mestra creadora e coordinadora do traballo, Teresa Domínguez, vén de publicar a cuarta edición dos calendarios competenciais para infantil e primaria, unha innovadora experiencia de aprendizaxe que foi cualificada pola presidenta Carmela Silva como “marabilla didáctica”.

O Goberno de Carmela Silva aproba a contratación da quinta edición de «En Ruta coa Depo»

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou que a Xunta de Goberno aprobou o expediente de contratación para a adxudicación do contrato de servizo de xestión, desenvolvemento e execución do programa “En ruta coa Depo 2020” mediante procedemento aberto.

O «CAAN» rompe o seu récord de adopción nun mesmo ano, 457 dende xaneiro

Para o Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra este 2019 xa é un ano de récord. O CAAN acaba de romper o seu mellor rexistro de adopcións de cans nun mesmo ano, que estaba nas 430 acadadas en 2016, porque no que vai deste 2019, xa se conseguiron un total de 457, unha cifra que incluso se espera que se incremente notablemente neste mes de decembro.

A arte urbana chega ao Centro Penitenciario da Lama para “sementar pola igualdade”

Implicar a un grupo de mulleres internas no Centro Penitenciario da Lama dende a acción artística para promover unha actitude crítica fronte á desigualdade, foi o obxectivo fundamental da elaboración do graffiti presentado este mércores no penal pontevedrés, ó abeiro da campaña institucional da Deputación de Pontevedra con motivo do 25 de novembro 'Sementando pola Igualdade'.

«Bertín», o ‘avó’ do CAAN xa desfruta no seu novo fogar

Seis anos despois, a historia de “Bertín”, o avó do CAAN, por fin ten un final feliz. Este mestizo desfruta xa no seu novo fogar en Cerdedo-Cotobade, onde foi trasladado esta mesma tarde polo persoal do centro despois de pasar os seus primeiros seis anos de vida nas instalacións da Armenteira.

Colaboradores