Tag: camión
O Consorcio Contra Incendios dota aos parques da provincia dun novo camión para rescate e extinción en altura
O Parque do Servizo Contra Incendios do Porriño recibiu hoxe o novo vehículo pesado de rescate e de extinción en altura que se incorpora aos medios materiais do Consorcio provincial, adscrito á Deputación de Pontevedra e participado ao 50% pola Xunta de Galicia.
Arde por completo o tráiler parado no interior do túnel da Cañiza xunto cos oito coches que transportaba
O lume calcinou totalmente ao camión parado dentro do túnel da Cañiza, xunto cos oito coches que este transportaba, segundo confirmaron os medios de extinción ao 112 Galicia, arredor das dez da mañá.
A autovía A-52 atópase cortada no túnel da Cañiza por mor dun camión que está a arder no seu interior
Esta mañá, o 112 Galicia recibiu varias chamadas de conductores, que circulaban pola a autovía A-52, debido a que un camión portacoches estaba comezando a arder a altura do túnel da Cañiza.
Tomiño farase cun camión con guindastre para continuar implantando o plan de compostaxe
Tomiño continúa coa implantación do plan de compostaxe no marco do Revitaliza, impulsado pola Deputación de Pontevedra. Estando previsto que no primeiro trimestre do ano conclúa xa o reparto dos composteiros individuais e a instalación dos comunitarios, o Concello decidiu levar a cabo a adquisición dun camión dotado con guindastre.
Un accidente entre un camión e un bus en Redondela deixou dúas persoas feridas á altura da praia de Cesantes
Unha colisión entre un camión e un autobús que circulaban pola recta da praia de Cesantes, en Redondela, deixou esta tarde a dúas persoas feridas, unha delas excarcerada polos bombeiros.
Novo camión do lixo no Concello das Neves
O Concello das Neves vén de adquirir un novo camión do lixo subministrado pola empresa Ros Roca, gañadora do proceso de contratación pública, por valor de 113.135 euros. As características deste camión foron adaptadas para poder chegar a zonas dificultosas en condicións de seguridade e comodidade.