24.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Setembro de 2023
Máis

    Tag: camiño escolar seguro

    O Concello de Ponteareas reordena o tráfico na rúa Trobador Xoán García de Guillade para as obras do camiño escolar

    No marco das obras iniciadas o pasado mes para a humanización da rúa Trobador Xoán García de Guillade e a creación do camiño escolar seguro ao CEIP Ramiro Sabell, este martes 5 de xullo iniciaranse os traballos sobre o tramo da rúa Trobador Xoán García comprendido entre a Avenida de Galicia e a rúa Camelias, que implicará a reordenación definitiva dos accesos e sentidos de circulación nas rúas Trobador, Salgueiros, Camelias, Forno Telleiro, Pedra de Auga e Nardos.

    Tomiño impulsa a redacción do proxecto «Camiño Escolar Seguro para o colexio de Goián»

    O Concello de Tomiño vén de adxudicar a redacción do proxecto e do plan de dinamización do “Camiño Escolar Seguro para o CEIP Pintor Antonio Fernández, en Goián (Tomiño)”. O proxecto foi adxudicado por valor de 33.333,33 euros, IVE incluído. A maior parte do custe procede dunha subvención da Deputación de Pontevedra, concedida o 14 de setembro pasado, para a redacción deste proxecto.

    Un Camiño Escolar transformará a rúa Trobador Xoán García de Guillade

    A presentación da proposta do Camiño Escolar recibíu onte o apoio dos asistentes á reunión participativa na que a tenente de alcalde e concelleira de Ensino, Cristina Fernández, acompañada do técnico redactor e do concelleiro de Mobilidade Roberto Mera, quixo compartir o resultado dos traballos realizados durante o último curso escolar para a redacción desta proposta.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.