17.5 C
Pontevedra
Mércores, 17 de Abril de 2024
Máis

    Tag: baño

    A Guarda terá un baño público autolimpable no porto

    Na liña de traballo de mellora dos servizos municipais o concello da Guarda viña procurando financiamento para a instalación dun aseo público no porto da Guarda coas mesmas características co instalado na alameda no ano 2021.

    EU Ponteareas solicita ao concello un cambio no balizamento da zona de baño da Freixa

    Esquerda Unida de Ponteareas vén de solicitar ao Concello un cambio no sistema de balizamento da praia da freixa ao entender, como xa o fixo o pasado ano, que o sistema de 'corcheras' non é o máis adecuado ao provocar que se acumulen restos na zona de baño algo, sinala EU "algo que resulta como mínimo molesto para as persoas bañistas e que eventualmente podería ser contraproducente dende o punto de vista da hixiene".

    Nigrán permite o acceso as súas prias ao baño “sempre que se cumpra cos requirimentos de seguridade”

    O Concello de Nigrán, coincidindo coa fase 2 da desescalada, permitirá o acceso aos seus areais este luns 25 de maio sempre que se cumpran os requerimentos sanitarios esixidos, tal e como especificará en diferentes lonas informativas a pé de praia.

    O Porriño remata as obras de valado e sinalización das canteiras para bloquear o acceso de bañistas

    A mellora do valado e peche perimetral e a ampliación da sinalización de perigo das canteiras que se estaban a converter nun lugar habitual para bañistas e curiosos –sen ter en conta os múltimples riscos que ten bañarse na zona– xa remataron conforme o acordo acadado polo Concello de Porriño e titulares das explotacións de Atios para bloquear o acceso de bañistas e curiosos ás canteiras.

    As augas da praia de Cesantes, perfectamente aptas para o baño

    Os análises realizados no día de onte pola consellería de Sanidade e remitidos ao concello ás 16 horas da tarde de hoxe, indican que a praia de Cesantes é totalmente apta para o baño ao dar uns niveis de Escherichia coli moi por debaixo do límite recomendado.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.