31.5 C
Pontevedra
Sábado, 11 de Xullo de 2020

Tag: antonio lomba

As vellas glorias do ciclismo galego danse cita na Guarda este sábado

Máis de 80 exprofesionais do ciclismo galego daranse cita na Guarda para participar na 'Carreira de Vellas Glorias do Ciclismo', que terá lugar o sábado 23 de novembro a partires das 16:30 horas. A presentación deste evento, que xa se celebrara na vila guardesa anos atrás, tivo lugar na Casa dos Alonsos coa presenza do alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes e o coordinador da proba, Roberto Portela.

Preto de 500 deportistas tomarán a saída dun esixente «Trail do Trega»

O luns día 18 de novembro a Casa dos Alonso acolleu a presentación da VI edición do Trail do Trega, contando coa asistencia do alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes e o representante de Qualité Sports, Serafín Acevedo.

A Guarda acolle un curso de adestradores de fútbol de Nivel C UEFA

A Casa dos Alonsos, sede do Concello da Guarda, acolleu o pasado luns a presentación do 'Curso Curso de Adestradores Nacional C' que se desenvolverá a partir do vindeiro 25 de novembro nas aulas da antiga Casa do Concello guardés. O Curso desenvólvese a petición do Club Sporting Guardés e está aberto á participación da veciñanza de todos os concellos lítrofes.

Zona Franca e concellos do Baixo Miño traballan no impulso do sector hortifrutícola da comarca

Dentro do marco das reunións periódicas que veñen mantendo o Delegado do Estado na Zona Franca de Vigo coas alcaldesas de Tomiño, Sandra González e O Rosal, Ánxela Fernández Callís e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, esta mañá mantiveron unha nova reunión na que concretaron as liñas de traballo a desenvolver no informe estratéxico sobre a actividade hortofrutícola en Baixo Miño

Regades pon en valor as sinerxias das administración socialistas “para darlle solución ás necesidades da Guarda”

O secretario xeral do PsdG-PSOE de Pontevedra, David Regades, desprazouse esta mañá ata A Guarda, acompañado polo candidato ao Congreso, Guillermo Meijón e a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, para coñecer de primeira man os proxecto estatais que se están levando adiante no municipio. Acompañados do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, concelleiros e membros da agrupación local, visitaron en primeira instancia o xacemento arqueolóxico do 'barrio de Mergelina', en Santa Trega.

Concello e «Mecalia Atlético Guardés» asinan un convenio de colaboración

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes e o presidente do 'Mecalia Atl. Guardés', José Manuel Silva, asinaron na mañá deste luns día 21 de outubro un convenio de colaboración mediante o cal se promove, fomenta e incentiva a práctica deportiva do balonmán de base e de alta competición cunha subvención de 35.000 €.

Antonio Lomba: “En todo momento intentei manter e salvar o acordo de Goberno”

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, acompañado polos concelleiros e concelleiras do grupo municipal socialista, mantivo na mañá de hoxe un encontro cos medios de comunicación, na Casa dos Alonsos, para dar a coñecer a súa versión dos feitos que levaron á ruptura do pacto de Goberno asinado tan só catro meses antes.

O BNG abandona o Goberno da Guarda

O Grupo Municipal do BNG na Guarda fixo público un comunicado no que cualifican de “irresponsabilidade” a actitude do alcalde, o socialista Antonio Lomba, "tras seguir interferindo de forma clara nas áreas de competencia exclusiva dos nacionalistas".

Aduxicada a obra de mellora dos accesos á praia do Muíño da Guarda

A Deputación de Pontevedra vén de adxudicar a obra de mellora do acceso á praia do Muíño de A Guarda á empresa Marconsa S.L. por un importe de de 168.287,34 euros. A actuación forma parte do proxecto de cooperación europea ‘Visit Rio Miño’, de Preservación e valorización do Río Miño Transfronteirizo, do que a Deputación provincial é socia.

A Guarda contará cunha nova escola infantil con 41 prazas

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a concelleira de Servicios Sociais, Beatriz Lomba, mantiveron o martes 24 de setembro unha xuntanza nos Edificios de San Caetano coa conselleira de Política Social da Xunta de Galicia, Fabiola García, onde se lles trasladou o compromiso da Xunta para o financiamento da nova escola infantil da Guarda, para a cal a Administración autonómica achegará 410.000 € e o consistorio local os fondos restantes ata os 690.000 €.

A Guarda da a coñecer os sentidos do tráfico rodado en Concepción Arenal

O martes 24 de setembro de 2019 o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, enviou un escrito a Deputación de Pontevedra sobre a continuación das obras de Concepción Arenal onde explica a sinalización definitiva. Con este escrito do alcalde guardés, respondíase a unha comunicación do Servizo de Infraestructuras e Vías Provinciais da Deputación no que requiría “información necesaria en relación a sinalización para proceder a súa colocación e remate das obras”.

Todo listo para a ‘VII 15 K do Atlántico–Banco Mediolanum’

A VII 15 K do Atlántico Banco Mediolanum 'Multisport Camiño Portugués dá Costa' entrará nunha nova dimensión o próximo día 29, data na que se disputará a xa emblemática proba entre Oia e A Guarda pasando polo Rosal. Á marxe do espectacular percorrido, os organizadores dispuxeron dunha serie de actividades paralelas para converter o evento nunha gran festa do atletismo e tamén lúdica.

Unha aplicación informática fará máis eficiente a xestión das avarías no alumeado público da Guarda

O martes día 17 de setembro o Concello da Guarda, a través do departamento de Novas Tecnoloxías e Vías e Obras, puxo en funcionamento unha nova aplicación de carácter interno que permitirá unha mellor e eficiente xestión das avarías do alumeado público do municipio.

Arrancan as obras de mellora da seguriade na contorna das rúas Vigo e Celta na Guarda

O concelleiro de Vías e Obras no Rural, Miguel Español e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, visitaron esta mañá o arranque das obras na Rúa Vigo. No entorno destas rúas da parroquia de Salcidos, A Guarda conta con numerosas instalacións e equipamentos públicos.

A Guarda reclama “un parque seguro” para Concepción Arenal

O pasado mércores 28 de agosto se daba por rematada a instalación do parque infantil de Chan de Conde na rúa Concepción Arenal, na Guarda, unha área infantil cuns elementos que , segundo sinalou o alcalde Antonio Lomba, "poden resultar inseguros" ao estar nunha superfice inclinada polo que pediu aos responsables da obra que tomen as medidas adecuadas.

A Mancomunidade do Baixo Miño molesta por un proxecto de transporte que non soluciona a mobilidade na comarca

Os concellos da mancomunidade do Baixo Miño (Tomiño, Tui, O Rosal e A Guarda) mantiveron esta mañá unha reunión co xefe territorial de Infraestructuras e Mobilidade, Jose Luis Díez. A Mancomunide xa presentou as alegacións conxuntas dos concellos membros que recollen os puntos fundamentais que afectan ao servizo público de transporte.

A Guarda entrega os últimos Premios da Educación 2019

Claudia Gómez Lomba, de 4º da ESO e Olalla Fuentefría Jareño, do Ciclo Formativo de Grao Superior de Administración e Finanzas, ámbalas dúas do IES A Sangriña recibiron do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, os dous últimos Premios de Educación 2019, nun acto que tivo lugar na Casa dos Alonsos, sede do concello guardés.

A Guarda amosa a súa historia comercial e industrial nunha exposición na Casa dos Alonsos

O pasado xoves día 1 de agosto a Casa dos Alonsos acolleu a inauguración da Exposición da a Asociación ACIGU - A Guarda Centro Comercial Aberto titulada «Historia Comercial e Industrial guardesa: Dende Mediados do Século XX ata a actualidade».

O proxecto da Nova Escola Infantil da Guarda pendente do visto e prace da Consellería de Política Social

O Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, asistiu o xoves día 1 de agosto a unha reunión co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, para pechar de forma definitiva o proxecto de Escola Infantil Municipal, tanto dende o punto de vista técnico como económico. Na reunión estiveron presentes, tanto o arquitecto redactor do proxecto como o do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.

A Guarda recibe a «Fala» unha nena saharauí participante no programa «Vacacións en Paz»

O luns 29 de xullo o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, recibiu na Casa do Concello a representantes a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí,grazas á cal «Fala», unha nena de 10 anos de idade, pode pasar este verán cunha familia de acollida na vila da Guarda.

Olga Alonso e Modesto Pose apoian a Lomba na procura dunha solución á Lamiña

Olga Alonso e Modesto Pose participaron este mércores nun encontro organizado pola agrupación municipal socialista da Guarda na que brindaron o seu apoio ao actual alcalde e candidato á reelección, Antonio Lomba, para buscar unha solución á praia da Lamiña.  Como expuxo o alcalde,...

Concello da Guarda e Érguete Baixo Miño, da man na prevención de condutas aditivas

Na mañá do pasado martes 26 de marzo o Concello da Guarda acolleu unha xuntanza, solicitada polo alcalde, Antonio Lomba, a que asistiron representantes da asociación Érguete Baixo Miño; a concelleira de asuntos sociais, Tere Vicente, ademais dunha traballadora social e a educadora familiar do concello da...

A Guarda incrementa os efectivos da Policía Local

A Guarda ven de publicar a Oferta de Emprego Pública 2019 na que se inclúen 3 Policías Locais e un oficial de Policía local, 4 novos efectivos que formarán parte dos efectivos fixos deste corpo de seguridade para suplir as baixas e reforzar o cadro de persoal...

A Guarda contará cun operativo ampliado de seguridade cidadá

Nesta xuntanza, estivo tamén presente o máximo responsable da Garda Civil na provincia, o tenente coronel, Manuel Touceda e o capitán da compañía da zona Sur da provincia. No encontro e ante os datos dos últimos roubos decidiuse ampliar o operativo de seguridade...

A Guarda intensifica a presenza policial

Na mañá do luns 18 de marzo o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, mantivo unha xuntanza no Concello co Comandante do Posto da Guarda, Eligio Rivas, de cara a trasladalle a preocupación de comerciantes, veciñanza e responsables municipais, polos roubos que últimamente véñense producindo na Guarda. 

A Guarda reclama un acceso sur ao Porto da Guarda

O pasado mércores día 6 de marzo de 2019 o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, reuniuse en Santiago de Compostela coa Conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, para trasladarlles novamente a necesidade dunha infraestrutura que de acceso e...

Colaboradores