26.8 C
Pontevedra
Venres, 29 de Maio de 2020

Tag: a guarda

O Concello da Guarda leva á Xunta aos tribunais pola denegación parcial dunha subvención para socorristas

Os feitos remóntanse a maio do 2019, mes no que o Concello da Guarda solicitaba do Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, unha subvención por importe de 21.000 € para o cofinanciamento da contratación de 7 persoas desempregadas para o servizo de socorrismo das Praias con Bandeiras Azuis do municipio na época estival, Area Grande e O Muíño.

A Guarda acolle o sábado a performance «Un violador no teu camiño»

A praza Avelino Vicente da Guarda será o escenario no que o sábado 18 de xaneiro, ás 12 horas, representese a performance 'Un violador no teu camiño', creada polo colectivo feminista chileno Las Tesis, nunha actividade organizada polo Taller de Lectura Feminista da Guarda.

A Guarda amplía a apertura da Aula de Estudo

O Concello da Guarda ven de anunciar a ampliación ata o vindeiro 16 de xaneiro da Aula de Estudo para que todas aquelas persoas que ao longo das vacacións de Nadal precisen dun espazo para poder estudar, acudan ata o Sinde vello.

«Nadal con Paio e Aurelio» encheu de nenos e nenas o Centro Cultural da Guarda

O pasado venres día 3 de xaneiro o Centro Cultural da Guarda acolleu o espectáculo 'Nadal con Paio e Aurelio', unha actividade enmarcada na Programación de Nadal 2019/20 do Concello da Guarda e que completou o aforo con centos de nenos e nenas que aproveitaron esta actuación para pasar unha tarde diferente e divertida.

Os Reis Magos visitan a «Residencia Monte Santa Tecla» da Guarda

O venres 3 de xaneiro as súas Maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar aproveitaron a súa chegada á vila da Guarda para visitar aos nosos maiores na Residencia da Terceira Idade Monte Santa Tecla.

O Belén de Generoso Cadilla seduce á veciñanza da Guarda e a visitantes

O Porto da Guarda ten nestas datas un atractivo máis grazas o veciño Generoso Cadilla, que ano a ano instala un Belén artesanal nos baixos da súa casa no nº 48 da Rúa do Porto. O pasado xoves día 2 de xaneiro o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, visitaron este Belén, dando os parabéns a Generoso Cadilla por tan admirable traballo.

A Mancomunidade do Baixo Miño expresa os seus desexos para o 2020

Os membros da Mancomunidade do Baixo Miño, formada polos gobernos de Tui, Tomiño, O Rosal e A Guarda, reúnense antes de rematar o ano para tratar algúns temas importantes de cara ó ano que ven. Entre eles, amosan a súa preocupación por dúas cuestións que consideran cruciais para a veciñanza: a situación da Sanidade e do Transporte Público na Comarca.

Concerto de «Presumido» o sábado na Guarda

Este sábado día 4 de xaneiro ás 20:00 h a Praza do Reló acolle o Concerto do Grupo Presumido, enmarcado na Programación de Nadal 2019/20 do Concello da Guarda. En caso de choiva, como xa é habitual, o concerto trasladarase ao Centro Cultural con entrada gratuíta ata completar o aforo.

O venres chega á Guarda «Nadal con Paio e Aurelio»

Este venres día 3 de xaneiro ás 17:30 h a Praza do Reló acolle o espectáculo 'Nadal con Paio e Aurelio', unha actividade enmarcada na Programación de Nadal 2019/20 do Concello da Guarda. Trátase dun espectáculo especial para este Nadal con voces en directo a cargo do grupo musical Oviravai e no que 4 personaxes farán as delicias dos máis pequenos da casa.

A Guarda pecha as «Barferencias 2019» coa vida de Juan Bautista Alonso

O pasado xoves día 26 de decembro a cervexaría «La Bodega» da Guarda acollía a segunda Barferencia do ciclo finais 2019 ante máis de medio cento de persoas. Despois da primeira Barferencia celebrada no mes de novembro e que versou sobre «María Vinyals, unha galega de armas tomar» e que correu a cargo de Silvia Cernadas, chegou a segunda deste ciclo e derradeira do ano 2019 na cal o historiador local J. Miguel Villa falou sobre «Juan Bautista Alonso Español (1801-1879).

O indie rock chaga este sábado á Guarda da man de «Inertes»

Este sábado día 28 de decembro ás 20:00 h a Praza do Reló acolle o Concerto do grupo 'Inertes', enmarcado na Programación de Nadal 2019/2020. No caso de que as condicións meteorolóxicas foran adversas, o concerto trasladarase ao Centro Cultural con entrada libre ata completar o aforo.

Mancomunidade de Baixo Miño e membros do «San Xerome» reúnense co director xeral de Política Social

Hoxe, 26 de decembro, reuníronse na Consellería de Política Social co director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa Montenegro, tres membros da directiva do centro 'San Xerome Emiliani' e os membros da Mancomunidade do Baixo Miño (Tui, Tomiño, O Rosal e A Guarda) representados polo concelleiro e concelleira de Benestar de Tui e Tomiño, Ismael Diz e Cristina Martínez, respectivamente; Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal e Antonio Lomba, alcalde da Guarda.

Exposición de «anetadocamilo», expresando coa pintura o que con palabras non pode

Ata o vindeiro 4 de xaneiro estará aberta, na Casa dos Alonso, a mostra de pintura de «anetadocamilo», alcume utilizado por Beatriz Bascoy Cao para "expresar con pintura o que con palabras non pode," unha exposición nas que a autora amosa máis dunha ducia de obras.

A Guarda abre unha Aula de Estudo

O Concello da Guarda ven de habilitar unha Aula de Estudo para todas aquelas persoas que ao longo das vacacións de Nadal precisen dun espazo para poder estudar. Ante a demanda dun grupo de estudantes universitarios da vila, o Goberno local habilitou, este Nadal, unha aula do Sinde Vello como sala de estudo.

O luns arrancan as actividades infantís do Programa de Nadal da Guarda

O vindeiro luns día 23 de decembro arrancan na Guarda as actividades infantís incluídas na Programación de Nadal 2019/2020 actividades que debido ás malas previsións meteorolóxicas para a fin de semana, cambian de emprazamento de desenvolveránse nos baixos da Casa dos Alonso.

O Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE presenta unha proposición non de lei en defensa do Centro de Saúde da Guarda

O deputado Socialista Julio Torrado desprazouse ata a Guarda para dar a coñecer, diante dos medios de comunicación e do Grupo Municipal Socialista, a proposición non de lei en defensa do servizo de saúde pública de Galicia e do Centro de Saúde da Guarda, presentada á mesa do Parlamento.

Continua a programación navideña na Guarda pese á suspensión do Mercado de Nadal

Debido aos graves danos sufridos durante a tarde de onte nas carpas instaladas na Praza de Avelino Vicente, a empresa encargada da súa montaxe decidiu retiralas todas ante a posibilidade de que as dúas que quedaron en pé puideran acabar sendo danadas durante a noite polas fortes rachas de vento.

Novo vehículo de emerxencias para o GES da Guarda

O pasado mércores día 11 de decembro o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do concello da Guarda recibiu un novo camión tipo Bomba Rural Lixeira (BRL) que será empregado tanto para incendios urbanos coma forestais e diversas incidencias coma accidentes de circulación.

Rúa Concepción Arenal, unha referencia peonil e comercial no centro da Guarda

O deputado de Infraestruturas e Vías Provinciais, Gregorio Agís, e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, visitaron os traballos de mellora da mobilidade da rúa Concepción Arenal, EP-3401, de acceso ó porto. As obras, froito dun convenio entre a Deputación e o Concello, foron adxudicadas por un total de 1.171.888,13 euros, dos cales o ente provincial financiou un 78,53 %. Ademais, para esta acción foron destinados 100.000 euros do Plan Concellos 2017.

O Conservatorio da Guarda presume de coro

Este xoves día 12 de decembro a Casa dos Alonsos da Guarda foi o escenario elixido para a celebración do 'Concerto de Nadal' do Coro do do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, que ven de cumprir o seu primeiro ano de actividade, e que estaba incluído dentro da Programación de Nadal 2019/2020 do Concello guardés.

O Mercado de Nadal da Guarda abre as súas portas esta fin de semana

Despois do arranque da programación do Nadal 2019/20 na vila da Guarda co acendido do alumeado de Nadal a pasada fin de semana, dende este venres comeza o Mercado de Nadal na Praza de Avelino Vicente (As de Copas), tamén as primeiras actividades programadas na Praza de Juan Bautista (Monterreal) e continúa aberta a Pista de Xeo da Alameda.

A Corporación Municipal da Guarda expresa o seu rexeitamento “á deficiente atención sanitaria”

Os portavoces dos grupos municipais do concello da Guarda, en representación da Corporación Municipal, reuníronse onte martes día 10 decembro para valorar a situación pola que está pasando o centro de saúde da localidade. Na xuntanza acordaron trasladar, a opinión pública e aos responsables do SERGAS, "a preocupación pola deficiente atención que se está prestando aos veciños e veciñas.

A Guarda recupera a esfera da emblemática «Torre do Reló»

O Concello da Guarda ven de recuperar a esfera do reló da praza grazas a unha actuación que permitiu fabricar unha nova esfera en metacrilato e substituír o antigo marco de cemento por un novo de aluminio e aceiro inox. Ademais a nova esfera conta con retroiluminación led que lle confire un novo e chamativo aspecto polas noites.

Escolares da Guarda participan nunha visita guiada ás escavacións das salinas romanas

O pasado xoves día 5 de decembro escolares da Guarda participaron nunha xornada patrimonial e medioambiental na cal os alumnos e alumnas IES A Sangriña, HH Carmelitas e PP Somascos aproveitaron para coñecer as escavacións das Salinas do Seixal e as das Lagoas, ademais de recoller lixo sobre as rochas da zona do Puntal.

Preto de 40 veciños e veciñas da Guarda piden unha Comunidade de Montes “democrática e transparente”

Preto de 40 veciños e veciñas da Guarda veñen de constituir a plataforma veciñal 'Afectadxs pola Comunidade de Montes en Man Común da Guarda' como xeito de "visibilizar" o conflito veciñal que, segundo a recen constituida plataforma, existe arredor da Comunidade de Montes da Guarda, "onde a sua directiva leva anos negando sistematicamente a entrada de novos comuneiros".

A Guarda ilumínase para iniciar a programación do Nadal

O xoves día 5 de decembro a Praza do Reló acolleu as primeiras actividades programadas para o arranque da programación do Nadal 2019/20 na vila da Guarda co acendido do alumeado de Nadal. Nesta primeira xornada festiva tiña lugar, ás 18:00 h, a actuación de Mere-Clown co espectáculo 'Aparvaolimpiadas', congregando a un bo número de persoas entorno á Praza do Reló.

A Guarda abre a inscrición para o curso de preparación das probas libres da ESO

O Concello da Guarda abre o prazo de inscrición para un curso de formación de persoas adultas co obxectivo de preparar aos alumnos e alumnas para a obtención do Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou ESO. O inicio das clases está marcado a partires do mes de decembro de 2019.

A Guarda imparte un obradoiro de Agasallos de Nadal

O Concello da Guarda vén de anunciar a apertura do prazo de inscricións para o Obradoiro de Agasallos de Nadal que terá lugar o vindeiro 19 de decembro en horario de 18:00 h a 20:30 h. A iniciativa está aberta a todos os veciños e veciñas maiores de 12 anos.

O alcalde da Guarda reclama do SERGAS a cobertura das baixas de persoal do Centro de Saúde

Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, e Montserrat Magallanes, tenente de alcalde, mantiveron unha xuntanza, hoxe martes, no Centro de Saúde da localidade para coñecer de primeira man os problemas que están a sufrir, tanto os pacientes como os profesionais sanitarios, motivados pola falta de persoal.

A Guarda da a benvida ao Nadal este xoves

A Casa dos Alonsos acolleu, este martes, a presentación da axenda coa programación para este Nadal 2019/2020, cun programa cargado de actividades para nenos e maiores. O alcalde, Antonio Lomba, acompañado das concelleiras de Comercio e Cultura, Fátima Rodríguez e Montserrat Magallanes, respectivamente, era o encargado de facer público este programa que se alongará ata os primeiros días de xaneiro do 2020.

A Guarda aposta pola reforestación do Camiño de Santiago con especies autóctonas

O Concello da Guarda desenvolverá unhas xornadas medioambientais, ao abeiro do programa 'O Camiño Aguárdate' presentado hai uns días, nas que amais dunha andaina, inclúese unha actividade de reforestación en colaboración A Jalleira AFEA e a Comunidade de Montes de Camposancos.

A vida de María Vinyals, protagonista da primeira «Barferencia» de finais de 2019 na Guarda

O pasado xoves día 28 de novembro celebrouse a primeira Barferencia do ciclo finais 2019 no bar «Bugus Zentral» da Guarda, unha Barferencia que versou sobre «María Vinyals, unha galega de armas tomar» contando coa ponencia de Silvia Cernadas.

A Guarda aposta pola dinamización e posta en valor do Camiño Portugués pola Costa

O Concello da Guarda acolleu este pasado mércores día 27 de novembro de 2019 a presentación do Proxecto «O Camiño Aguárdate», un proxecto que nace coa idea de promocionar, dinamizar e por en valor todos os atractivos do Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola Guarda con iniciativas que inclúen Xornadas Divulgativas, unha Xornada Medioambiental e Visitas Teatralizadas.

A Guarda recibe dúas flores de honra nos «Galardóns de Vilas en Flor Galicia 2019»

O pasado venres día 22 de novembro de 2019 a Concelleira de Cultura e Patrimonio, Montserrat Magallanes e persoal municipal do Concello da Guarda, participaron na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela na entrega dos Galardóns de Vilas en Flor Galicia 2019.

Unha concentración na Praza do Reló pecha as actividades do Día Internacional da Violencia de Xénero na Guarda

A Guarda pechou este luns as actividades en conmemoración do Día Internacional da Violencia de Xénero cunha multitudinaria concentración na Praza do Reló da vila, onde se deu lectura a un manifesto por parte da concelleira de Igualdade e alumnos e alumnas dos centro educativos da vila e onde a cantautora viguesa, Su Garrido, realizou unha actuación musical acompañada da súa guitarra. Esta actuación estivo subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

Daniel Pazó e Maria del Carmen Arias, vencen na categoría «Advance» do Trail do Trega

Daniel Pazó e María del Carmen Arias, na proba de advance, e David Patiño e Deneb Álvarez, na de experience, foron os gañadores do VI Trail do Trega que se desenvolveu no emblemático monte Trega da Guarda. Case 500 participantes de varias categorías, tomaron parte nunhas probas que se desenvolveron nun escenario espectacular e ao mesmo tempo con bastante dificultade.

A Guarda promove dúas «Barferencias» ata fin de ano

As charlas sobre «María Vinyals, unha galega de armas tomar» e «Juan Bautista Alonso Español (1801-1879). Relembrando a este deputado á corte da Guarda no 140 aniversario do seu pasamento» serán as protagonistas do ciclo «Finais 2019» das Barferencias da Guarda, unha iniciativa que cada vez conta con máis adeptos e que amosouse como importante ferramenta de dinamización cultural e social.

As vellas glorias do ciclismo galego danse cita na Guarda este sábado

Máis de 80 exprofesionais do ciclismo galego daranse cita na Guarda para participar na 'Carreira de Vellas Glorias do Ciclismo', que terá lugar o sábado 23 de novembro a partires das 16:30 horas. A presentación deste evento, que xa se celebrara na vila guardesa anos atrás, tivo lugar na Casa dos Alonsos coa presenza do alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes e o coordinador da proba, Roberto Portela.

Preto de 500 deportistas tomarán a saída dun esixente «Trail do Trega»

O luns día 18 de novembro a Casa dos Alonso acolleu a presentación da VI edición do Trail do Trega, contando coa asistencia do alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes e o representante de Qualité Sports, Serafín Acevedo.

A antiga vivenda dos mestres da escola da Poza en Camposancos recupérase para manter a súa utilidade social

O Concello da Guarda vén dar a coñecer a adxudicación das obras de rehabilitación da antiga vivenda de mestres da Escola da Poza en Camposancos empregada polo Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda. Unha vez rematadas as obras, a vivenda pasará a formar parte do programa de Vivendas Baleiras da Xunta de Galicia do que, o Concello da Guarda, é entidade adherida.

Colaboradores