17.2 C
Pontevedra
Martes, 3 de Outubro de 2023
Máis

    Tag: 112 galicia

    Falece un home en Mondariz tras sufrir unha indisposición mentres podaba unha árbore

    Un varón faleceu na tarde de hoxe no concello de Mondariz despois de sufrir unha indisposición mentres tallaba unha árbore na estrada que une as localidades de Cernadela e Sabaxáns. O aviso ao 112 Galicia foi dado por varias persoas arredor das 15:45 en chamadas que daban conta que un home atopábase inconsciente nas proximidades da ponte de Sabaxáns.

    Saída de vía en Redondela

    Hoxe unha muller resultou ferida despois de saírse da vía co seu vehículo e precipitarse por un terraplén. O accidente tivo lugar ás 5:30 horas da madrugada de hoxe cando unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para informar do suceso.

    Cinco feridos onte en Redondela

    O 112 Galicia era informado dun accidente en Redondela, no cal, cinco persoas precisaron asistencia sanitaria, dous menores e tres adultos. Segundo se lle informou ao 112 Galicia, os dous menores foron recollidos nun coche particular que os derivou ao centro de saúde da localidade.

    Morre un motorista logo de chocar a súa motocicleta cun coche no Rosal

    Unha persoa perdeu a vida logo de que a moto que conducía colisionase cun vehículo na estrada PO-552, Baiona-A Guarda, no termo municipal do Rosal. Os feitos aconteceron pasadas as sete e media da tarde do sábado, no punto quilométrico 40, cando varios veciños chamaron ao 112 Galicia para dar conta dunha colisión entre un turismo e unha motocicleta na que viaxaba unha soa persoa.

    Desaloxado un edificio en Ponteareas por un lume nun establecemento comercial

    Un incendio no almacén dun establecemento comercial obrigaba á Policía Local de Ponteareas e como medida de precaución, a desaloxar un edificio do Paseo Matutino. Cara ás 8 da mañá, un particular daba o aviso ao 112 Galicia que, a súa vez, alertaba aos bombeiros de Ponteareas.

    Os servizos de emerxencia rescatan a un home que se bañaba na praia da Ladeira en Baiona

    Segundo rescate nas praias baionesas na tarde de onte. Despois da menor que sacaron da auga con síntomas de afogamento en Barbeira, contra as oito da tarde de onte rescataron a un bañista en apuros na desembocadura do Miñor, no areal de Ladeira. Por fortuna, unha embarcación da Cruz Vermella recolleu...

    Un parapentista ferido ao bater contra unha ladeira en Baiona

    Unha persoa resultou ferida ao bater contra unha ladeira mentres practicaba parapente na parroquia de Belesar, no concello de Baiona. Os feitos aconteceron pasadas as 19 horas cando un particular chamaba ao 112 Galicia para dar conta que un parapentista atopábase ferido, logo de bater contra unha ladeira no...

    LIBROS

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.