Redondela

O PSOE reclama a apertura do centro de día de Cesantes

O candidato á alcaldía de Redondela polo PsdGPSOE de Redondela, Eduardo Reguera Ocampo, e a deputada autonómica Carmen Gallego acudiron hoxe ás inmediacións do centro de día e residencial de Cesantes para demandar a súa apertura tras catro pechado trala súa construción.

Redondela pon en marcha o programa “Nos tamén facemos”

A Concellaría de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, dirixida por Teresa París, vén de poñer en marcha o programa “Nos tamén facemos”, dirixido a menores con idades comprendidas entre os 4 e 14 anos, e que ten como obxectivo transmitir a importancia de participar e comprometerse coas tarefas familiares e domésticas para manter relacións respectuosas que favorezan a convivencia e o benestar da familia e garantir a conciliación e a igualdade entre mulleres e homes dende idades temperás.

A transparencia, unha peza chave para Eduardo Reguera

O candidato á alcaldía de Redondela, polo PSdeGPSOE, Eduardo Reguera, comprometeuse a poñer en marcha un “portal de transparencia” ademáis da publicación da axenda do alcalde e do goberno municipal. Entende o candidato socialista, que a sociedade “demanda a máxima transparencia ás administración spúblicas” e asegurou que para o PSOE redondelán esa transparencia “é unha peza chave”.

Festa do Choco, superando as previsións ano tras ano

Un ano máis a Festa do Choco de Redondela volveu a converter a vila dos viadutos no centro gastronómico de Galicia e, un ano máis, a festa superou as expectativas máis optimistas que realizara a organización. Amais, o Club Deportivo Choco quería engadirse a festa, derrotando ao Deportivo B e colándose nos play-off de ascenso a Segunda B.

Suscribirse a este canal RSS