Redondela

Redondela presenta “Apego”, dinamización lingüística na primeira infancia

O concelleiro de cultura, Julio Alonso Monteagudo, e a técnica de normalización lingüística, Eva García Rei, presentaron o proxecto APEGO, de dinamización lingüística na primeira infancia. É un proxecto colaborativo desenvolvido por doce concellos (A Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago de Compostela e Vigo).

O BNG quere que as entidades deportivas participen na xestión desta área

O candidato do BNG á Alcaldía de Redondela, Xoán Carlos González, apostou ante as entidades deportivas, por “unha participación democrática na xestión da área” e asegurou que a creación dun Consello Municipal de Deportes, as Escolas Deportivas Municipais, e o fomento do deporte como recurso para mellorar a saúde “son eixos básicos da proposta do BNG-AA”.

O BNG de Redondela quere "núcleos urbanos máis habitables"

O candidato á Alcaldía de Redondela polo BNG-Asembleas Abertas, Xoán Carlos González, asegurou en Chapela que “o proxecto nacionalista pasa por núcleos urbanos máis habitábeis” ao mesmo tempo que se reafirmou na gratuidade da peaxe de Rande que, dixo, “debe ser o obxectivo dun alcalde do BNG”.

Suscribirse a este canal RSS