Redondela

Redondela acolle cos brazos abertos aos nenos saharauís

Como todos os anos o Concello de Redondela vén de realizar a recepción oficial ás familias de acollida do programa “Vacacións en Paz”, que leva a cabo a Ongd Solidariedade Galega co Pobo Saharaui en Galicia. Este programa ten coma finalidade que nenos e nenas que viven nos campamentos de refuxiados do Sahara poidan pasar os meses de verán en concellos de toda a nosa comunidade, gracias ó acollemento de familias nas que estes cativos e cativas viven eses meses coma un máis.

AER presenta unha moción ao Pleno sobre as horas extras no Concello

A Agrupación de Electores de Redondela, entre as mocións que levará ao Pleno que se desenvolverá o xoves, presenta una destinada a rematara cunha “situación de desigualdade e arbitrariedade” no que fai relación a asignación de horas extras ao persoal municipal. AER tamén pedirá a comparecencia do alcalde Javier Bas para que explique todo o relativo ás obras de ampliación da AP-9 ao seu paso por Chapela.

Redondela prepárase para o XVI Festival Internacional de Artistas de Rúa

O Concello de Redondela volve a apostar forte, un ano máis, por este Festival tan arraigado coma querido na vila dos viaductos e que se desenvolverá os días 31 de xullo e 1 de agosto coa participación de artistas de Cuba, Arxentina, Italia, Bélxica, Madrid ou Galicia. Circo, maxia, performance, música... encherán as rúas redondelás da man de 19 artistas ou compañías con máis de 30 funcións.

Suscribirse a este canal RSS