Redondela

Redondela acolle cos brazos abertos aos nenos saharauís

Como todos os anos o Concello de Redondela vén de realizar a recepción oficial ás familias de acollida do programa “Vacacións en Paz”, que leva a cabo a Ongd Solidariedade Galega co Pobo Saharaui en Galicia. Este programa ten coma finalidade que nenos e nenas que viven nos campamentos de refuxiados do Sahara poidan pasar os meses de verán en concellos de toda a nosa comunidade, gracias ó acollemento de familias nas que estes cativos e cativas viven eses meses coma un máis.

AER presenta unha moción ao Pleno sobre as horas extras no Concello

A Agrupación de Electores de Redondela, entre as mocións que levará ao Pleno que se desenvolverá o xoves, presenta una destinada a rematara cunha “situación de desigualdade e arbitrariedade” no que fai relación a asignación de horas extras ao persoal municipal. AER tamén pedirá a comparecencia do alcalde Javier Bas para que explique todo o relativo ás obras de ampliación da AP-9 ao seu paso por Chapela.

Suscribirse a este canal RSS