Redondela

Carmela Silva pon en valor o relevante papel das mulleres á sustentabilidade do mar

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, xunto á deputada provincial, Isaura Abelairas; á alcaldesa de Redondela, Digna Rivas; a profesora e comisaria da exposición Mari Lires, e as mulleres e homes da Confraría de Redondela, asistiu esta mañá á inauguración da mostra itinerante “Achegas das Mulleres á sustentabilidade do mar” na lonxa de Cesantes, unha iniciativa promovida pola institución provincial en colaboración coa Universidade de Vigo para darlle visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño.

Digna Rivas: “Quero que Redondela convértase nun referente de Igualdade”

A socialista Digna Rivas converteuse hoxe na primeira alcaldesa da historia de Redondela, ao ser investida cos votos do PSdeG-PSOE (7), Agrupación de Electores de Redondela (3) e BNG (2) fronte aos 9 votos do candidato do Partido Popular, Javier Bas. Rivas, nas súas palabras xa como alcaldesa, agradeceu á veciñanza o seu apoio “co que nos estaban a dicir que un cambio era posible e que era posible comezar a construír un goberno que fixera da igualdade, a equidade, a xustiza social e a participación cidadá, as súas sinais de identidade”.

AER posibilita un goberno alternativo ao PP para Redondela

AER asegurou hoxe ter cumprido a súa palabra ao traballar "para conformar un goberno alternativo ao Partido Popular, acadando un pacto de investidura co PSdeG que recolle máis de 40 medidas aportadas por AER para que o Concello de Redondela sexa máis transparente e participativo, un Concello, sinala a formación asemblearia, "onde primen os servizos públicos, os servizos sociais, os criterios, a igualdade, a equidade, a cultura local e o respecto ao medio ambiente".

Digna Rivas converterase, o sábado, na primeira alcaldesa na historia de Redondela

O acordo acadado coa Agrupación de Electores de Redondela (AER) e BNG, polo que ámbalas dúas formacións apoiarán a investidura da candidata do PSdeG-PSOE como alcaldesa de Redondela, converterá a Digna Rivas na primeira muller que ocupa a Alcaldía na historia do municipio. O apoio de AER prodúcese logo de varias reunións nas que se matizaron os diferentes puntos achegados por cada unha das formacións para, finalmente, chegar a propostas consensuadas que como último paso, foron referendadas pola Executiva Local do PSdeG-Redondela.

O BNG facilitará a investidura de Digna Rivas

A comisión delegada pola Asemblea Local do BNG de Redondela, mantivo un encontro con membros do Partido Socialista, para exporlle a postura da organización nacionalista, ante a proposta de que Digna Rivas, sexa investida alcaldesa o vindeiro sábado 15 de xuño.

Malestar no cadro de persoal da Policía Local de Redondela

A Policía Local de Redondela vén de amosar o seu malestar pola situación creada ao designar o equipo de Goberno en funcións, "sen ningú tipo de sistema de concurso de méritos ou oposición", a dous axentes como "Oficiais de Policía en comisión de servizos, una delas rematada o pasado 31 de maio, logo de dous ano nesa situación, sendo pese a todo mantida na actualidade polo equipo de Goberno. O segundo nomeamento, produciuse fai escasos días por sorpresa do plantel a proposta deste mesmo Goberno en funcións", sinalan nun comunicado de prensa.

Suscribirse a este canal RSS