En Redondela, o PP gaña e a esquerda manda

Redondela, ao igual que o fixo no 28 de abril, volve a decantarse pola esquerda. Pese a vitoria do PP que repite resultados con 9 concelleiros/as, a suba do PSOE acada 7 representantes quedandose a escasos votos do oitavo, a do BNG que pasa de 1 a 2 concelleiros e os tres de AER, poderían dar a maioría a o goberno progresista que a cidadanía reclama. –No meu país, 12 son máis que 9, mírese por onde se mire–.

Queda agora por ver se AER mantén o seu compromiso de permitir a composición dun Goberno alternativo ao do PP, tal e como manifestou tanto nos debates das radios como na prensa escrita. De ser así, Digna Rivas convertiríase na primeira muller ao fronte da alcaldía de Redondela.