Digna Rivas reúnese coa veciñanza de Cabeiro

A candidata do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Redondela, Digna Rivas, mantivo onte unha xuntanza coa veciñanza de Cabeiro no Centro Cultural da parroquia, de cara a darlles conta das actuacións que inclúe o seu programa de Goberno de cara a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas das parroquias. 

“Non existe veciñanza de primeira e de segunda, só veciños e veciñas cos mesmos dereitos e as mesmas obrigas”, aseguroulles a candidata socialista quen explicou a importancia da posta en marcha da iniciativa “Concelleiro/a 22” que figura no seu programa electoral.

DignaRivas cabeiro (6)

“Nestes momentos –dixo Digna Rivas– a Corporación está formada por 21 concelleiros e concelleiras pero falta, posiblemente, o máis importante: o Concelleiro/a 22, a voz da veciñanza”. “Os veciños e veciñas teñen que ter participación activa e directa no Goberno do seu municipio e, polo tanto, é imprescindible que teñan voz nos Plenos, que poidan falar, expresar as súas queixas e facer as achegas que consideren importantes”. “Esa é –afirmou con rotundidade– a verdadeira democracia, na que vós teñades voz, esa voz que terá o Concelleiro/a 22”.

A candidata socialista fixo tamén especial fincapé na importancia de impulsar un servizo de teleasistencia municipal “que permita ás persoas maiores das parroquias a permanecer no entorno que lles é familiar e, ao mesmo tempo saber que en caso de producirse unha emerxencia, serán atendidos de inmediato”.

DignaRivas cabeiro (36)

Medidas como esas, aseguroulles Digna Rivas aos veciños e veciñas de Cabeiro, “permitirán mellorar a calidade de vida dos nosos maiores nas parroquias”.

As reunións da candidata socialista coa veciñanza terán continuidade hoxe luns, ás 20 horas na antiga escola de nenos e nenas da Teixeira e o martes 14 de maio, ás 17 horas, na explanada do Colexio de Quintela.