Xela Arias, inmortalizada na Biblioteca de Chapela

A biblioteca pública municipal de Chapela pasará a chamarse, dende o vindeiro luns, 22 de abril, 'Biblioteca Pública Municipal Xela Arias'. Deste xeito, Redondela inmortaliza a esta escritora, poetisa y traductora finada no ano 2003. A cerimonia terá lugar ás 17:00 h no Multiúsos do Piñeiral do Crego onde se atopa situada a biblioteca de Chapela, distintas autoridades darán a coñecer a placa conmemorativa que asignará o nome de Xela Arias ao centro bibliotecario.

Ao acto asistirán Fran Alonso, escritor, xornalista e actualmente director da editorial Xerais, editorial á que sempre estivo ligada Xela Arias; Manuel Bragado, pedagogo, escritor e durante 24 anos director de Xerais e unha representación do IES de Chapela onde Xela Arias levou a cabo labores docentes. Así mesmo ao  acto asistirán familiares da autora.