A candidata do PSdeG-Redondela, Digna Rivas, reúnese coas asociacións de Negros e Cabeiro

A candidata do PSOE de Redondela, Digna Rivas, na súa visita á parroquia de Cabeiro A candidata do PSOE de Redondela, Digna Rivas, na súa visita á parroquia de Cabeiro

A candidata socialista á alcaldía de Redondela, Digna Rivas, visitou esta pasada semana a parroquia de Cabeiro, para manter unha xuntanza co tecido asociativo e coñecer, sobre o terreo, os principais problemas que teñen os veciños e veciñas, ao igual que o fixera, días antes na parroquia de Negros. Antes das xuntanzas cos colectivos, a candidata socialista percorreu distintos lugares de ámbalas dúas parroquias onde, veciños e representantes de colectivos, explicáronlle ás demandas máis urxentes.

Tanto en Cabeiro como en Negros, logo de realizar unha visita á parroquia coñecendo in situ os seus problemas máis urxentes, mantivo unha reunión con representantes dos diferentes colectivos para coñecer as súas principais preocupacións.

Non se trata, aseguroulles Digna Rivas, de “prometer o imposible e logo esquecerse ou dar largas, como fai o alcalde Javier Bas, senón de estudar de xeito serio, detallado e, sobre todo, realista, os principais problemas, analizar a súa urxencia e ver o que realmente se pode levar a cabo”.

A candidata do PSOE transmitiulles aos representantes veciñais, tanto de Cabeiro como de Negros, a súa intención de desenvolver un programa de traballo “organizado e estruturado” para incluír nel “as actuacións que realmente se poidan levar a cabo de cara a conseguir que as parroquias teñan garantidos servizos básicos de calidade”.

Rivas expresou o seu convencemento de que, parroquias e Concello, teñen que traballar da man, e de xeito planificado, co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas do rural dos que, rematou Digna Rivas, “o Goberno de Javier Bas tan só se lembra á hora de pedir o voto”.