Logo
Imprimir esta página

Concello e Asociación de Empresarios de Redondela, asinan un convenio de colaboración

Javier Bas, alcalde de Redondela e Enrique Granados, presidente da Asociación de Empresarios, asinan o convenio de colaboración Javier Bas, alcalde de Redondela e Enrique Granados, presidente da Asociación de Empresarios, asinan o convenio de colaboración

O Alcalde de Redondela, Javier Bas, vén de asinar esta semana un convenio coa Asociación de Empresarios de Redondela dotado con 6.000 euros e que axudará ao desenvolvemento de actividades de dinamización comercial e empresarial en Redondela. Entre as actividades promovidas están a Ruta do Pincho ou a Feira de Oportunidades. A asociación terá que xustificar os gastos mediante facturas para poder cobrar o importe concedido no antedito convenio.

© 2015 Comarcasnarede.es Todos los derechos reservados