Esquerda Unida de Ponteareas lamenta a utilización enganosa do PXOM por parte do Goberno

Esquerda Unida de Ponteareas asegura que o PXOM non podería de ningún xeito ser aprobado neste mandato por non estar aínda entregado o documento con todas as modificacións, nin contar co necesario estudo económico, nin cos informes da oficina técnica, intervención nin secretaría, algo que saben perfectamente os partidos da Xunta de Goberno. Así mesmo dende a organización de esquerda, denuncian que se están a levar a cabo presións aos técnicos municipais para que realicen informes sen tempo suficiente para estudar as modificacións.

A falta de maioría impide ao Goberno de Ponteareas levar o PXOM ao Pleno

As forzas políticas do Concello de Ponteareas pronunciáronse onte, na comisión de urbanismo, sobre a posible aprobación do PXOM no pleno ordinario da vindeira semana. O Partido Popular, ACIP e Esquerda Unida, que suman 11 edís, opuxéronse á aprobación do Plan mentres BNG, PSOE e A Riada do Tea, que contan con 10 edís, amosáronse a favor de aprobalo de inmediato. Xosé Represas asegura que, coa súa postura, "o PP rompe o consenso acadado no 2016 cando PP, BNG e PSOE aprobaron o Plan en sesión plenaria".

A Xunta 'riza o rizo' no problema da Escola de San Mateo

"Pouco serio e incomprensíbel" foron os cualificativos utilizados pola concelleira de Ensino do Concello de Ponteareas, Cristina Fernández, para definir a postura da Xunta de Galicia que, unha vez máis "cambia os seus criterios para xustificar o peche da Unitaria de San Mateo de Oliveira" un peche ao que o concello ponteareán "opónse frontalmente". O pasado ano, a Xunta pechou o centro porque non se chegaba ao mínimo de 6 matrículas. Para o curso que ven, con 8 matrículas xa confirmadas, a administración cambia o seu criterio e mantén a decisión de peche.

Suscribirse a este canal RSS