O BNG rexeita a eliminación de paradas de autobús no Condado

A supresión de catro paradas de autobús na liña denominada Ribarteme (San Xosé)-As Neves-Taboexa-Ponteareas vén de espertar a indignación entre os usuarios da liña, moitos deles estudantes que non teñen outro medio de transporte para achegarse a Ponteareas e outros moitos, persoas da terceira idade que utilizan o transporte público para acudir ás citas médicas.

Francisco Chivite, a volta dun veterano

Despois de 10 anos Francisco Chivite volta a primeira liña da política local ao ter aceptado a proposta do consello local do Bloque de Mondariz Balneario para encabezar a lista que os nacionalistas presentarán nas eleccións de maio. A proposta foi tratada pola asemblea aberta celebrada este sábado no Pub Yago´s da vila Balnearia. Chivite da así relevo a Alicia Lorenzo, actual portavoz municipal que encabezou a proposta nacionalista nas dúas últimas convocatorias e que con toda probabilidade seguirá ocupando un posto de saída na candidatura que terá tamén unha importante presenza de mocidade.

O BNG de As Neves presenta “un equipo para gobernar”

O Bloque Nacionalista Galego vén de presentar aos cinco homes e mulleres que acompañarán ao candidato a alcaldía, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, nun hipotético goberno no caso de acadar a maioría necesaria para gobernar e que, no caso das Neves, ten en seis concelleiros a súa maioría absoluta. É, segundo os nacionalistas, "un equipo formado por xente nova pero coñecedora das áreas que terían baixo a súa responsabilidade".

CxG apoia o informe de mínimos de Ponte Solidario

Compromiso asinou o informe de mínimos de PonteSolidario, e apoia a concentración convocada para hoxe, martes 17 ás 19.30 horas diante da Casa do Concello de Ponteareas, anterior ao pleno onde se debaterá a moción presentada polo colectivo. Para a candidata a alcaldía de Ponteareas de CxG, Sandra Araúxo, Ponte Solidario está a realizar unha excelente labor "suplindo a que tería que facer unha administración local totalmente carente de ideas e iniciativas".

Día Internacional da Muller en Ponteareas

O salón de sesións do Concello de Ponteareas acolleu o acto institucional conmemorativo do Día Internacional da Muller coa finalidade de homenaxear e visibilizar a todas as mulleres. No decurso dos actos, a ponteareá Marcelina Guisande Nogueira foi homenaxeada por toda unha vida de traballo, unha homenaxe que se quixo facer extensiva a todas as mulleres.

Ponteareas substitúe máis de 650 colectores das parroquias

O Concello de Ponteareas procederá á renovación completa do parque de vehículos, maquinaria e demais equipamento do Servizo de Limpeza e Recollida do Lixo para prestar un mellor servizo á cidadanía. Así nestes días estase a proceder á substitución dos colectores de residuos sólidos urbanos das parroquias, instalando 656 novos colectores, dun total de 800 instalados no rural.

Suscribirse a este canal RSS