XVI Trofeo Amizade de Natación

O vindeiro sábado 11 de abril, no Complexo Álvaro Pino e a partires das once da mañá, terá lugar a décimo sexta edición do Trofeo Amizade de natación. Unha competición organizada polo Clube de Natación de Ponteareas que xa comeza a consolidarse como unha das citas destacadas dentro do calendario galego.

Ponteareas quedará sen Rexistro Civil

O BNG de Ponteareas vén de acusar ao Alcalde, Salvador González Solla, de non facer absolutamente nada e aplaudir as decisións do goberno de Rajoy que prexudican gravemente a Ponteareas. Os nacionalistas fan referencia ao feito de que o municipio do Tea perderá o Rexistro Civil a partir do 15 de xullo, unha vez que entre en vigor a reforma legal aprobada polo goberno do PP que preside Mariano Rajoy.

Máis de 225.000 euros en humanizacións

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ponteareas, na súa sesión do día 06 de abril de 2015, vén de aprobar a licitación das obras de humanización das rúas Reveriano Soutullo (Tramo II) e Amado Garra (Tramo I), que serán reformadas completamente. As obras a realizar apostan pola creación dun espazo urbano máis adecuado ás necesidades do cidadán, poñendo especial énfase no maior ancho de beirrarúas, o deseño de pasos de peóns máis seguros, a creación de zonas onde se instalarán bancos, árbores, etc, a ordenación das prazas de aparcamento, o coidado de accesos aos garaxes etc. Tamén se contempla a renovación do firme da calzada, levantándose o pavimento existente, así como a execución dun novo, asfáltico, en quente.

O Concello denuncia actos de sabotaxe na iluminación pública

O Concello de Ponteareas denuncia que durante varias semanas se están producindo sabotaxes nos cadros eléctricos do sistema de iluminación pública en diferentes parroquias do municipio, e tamén no casco urbano, detectándose manipulacións nos cadros eléctricos, rotura de portas, roubo de fusibles e material do cadros, así como a desconexión dos mesmos. Dende o Concello pídese a colaboración veciñal, imprescindible para identificar aos autores de ditos actos.

O BNG rexeita a eliminación de paradas de autobús no Condado

A supresión de catro paradas de autobús na liña denominada Ribarteme (San Xosé)-As Neves-Taboexa-Ponteareas vén de espertar a indignación entre os usuarios da liña, moitos deles estudantes que non teñen outro medio de transporte para achegarse a Ponteareas e outros moitos, persoas da terceira idade que utilizan o transporte público para acudir ás citas médicas.

Francisco Chivite, a volta dun veterano

Despois de 10 anos Francisco Chivite volta a primeira liña da política local ao ter aceptado a proposta do consello local do Bloque de Mondariz Balneario para encabezar a lista que os nacionalistas presentarán nas eleccións de maio. A proposta foi tratada pola asemblea aberta celebrada este sábado no Pub Yago´s da vila Balnearia. Chivite da así relevo a Alicia Lorenzo, actual portavoz municipal que encabezou a proposta nacionalista nas dúas últimas convocatorias e que con toda probabilidade seguirá ocupando un posto de saída na candidatura que terá tamén unha importante presenza de mocidade.

Suscribirse a este canal RSS