ADENCO amosa a súa preocupación polos impactos ecolóxicos da Vespa velutina no Condado

O Grupo Ecoloxista ADENCO quere amosar a súa preocupación polos efectos ecolóxicos que pode ter a expansión da Vespa velutina polos concellos do Condado. Esta especie de avespa, alóctona e invasora, causa importantes estragos nas poboacións de abellas, insectos tan importantes para a polinización e o mantemento da biodiversidade e xa está a afectar aos abelleiros do Condado.

Areas celebra a súa décimo cuarta edición da Festa do Polo á Brasa

O domingo 23 de agosto terá lugar a tradicional Festa do Polo á brasa no Parque da Bouza Vella, no barrio de Ganade, na parroquia ponteareá de Areas, a partir das 12:00 horas. José Enrique Porto Lareo, gañador de dúas medallas nos Xogos Paralímpicos de Londres 2012 na modalidade de ciclismo en pista, será o pregoeiro de luxo para a celebración deste ano.

Os participantes no Campus Tea coñeceron a importancia dos produtos do mar

Os nenos e as nenas do Campus Tea, un campamento urbano organizado pola concellería de Ensino que dirixe Cristina Fernández, tiveron a oportunidade de ampliar os seus coñecementos sobre os produtos do mar, as especies que neste medio habitan e o papel das persoas consumidoras de peixe á hora de preservar os recursos do mar a través da iniciativa “O sabor da aventura está no mar”.

Suscribirse a este canal RSS