O aroma do Corpus Christi de Ponteareas chega ao Museo dos Aromas

En Ponteareas a celebración do Corpus Christi vívese con alegría e intensidade; ao espectáculo visual das belas alfombras de flores que cada ano realízanse, únense os aromas que invaden desde hai días as rúas da Vila do Corpus. Cheiros de fiuncho, mirto, tuia, árnica, mimosa, etc... e aos que todo o mundo refírese coa frase “Ponteareas cheira a Corpus”. Estes cheiros do Corpus Christi de Ponteareas, únicos nestas datas do ano, foron os elixidos polo Museo dos Aromas para formar parte do seu catalogo de aromas.

O nome de Ponteareas chegará a Valencia da man do laureado ciclista Delio Rodríguez

O concello de Ponteareas acolleu hoxe a presentación da marcha ciclista Madrid-Valencia nunha soa etapa de 350 quilómetros de percorrido, organizada por Ricardo Sánchez de Piñón Fijo. Os e as participantes sairán da localidade madrileña de Arganda del Rey para chegar ao concello valencián de Cheste logo de pedalear durante máis de quince horas. Esta proba recreará o gran premio CIFESA que se organizou durante catro anos consecutivos, sendo Delio Rodríguez o gañador de tres edicións.

O alumnado de Ponteareas estuda o percorrido do seu futuro camiño escolar

Acompañados dos técnicos da coooperativa de arquitectos e arquitectas, da Policía Local, protección civil e da concelleira de Ensino en funcións, Cristina Fernández, ademais de outros membros do goberno en funcións, o alumnado do CEIP Mestre Ramiro Sabell saíu onte de andaina para estudar sobre o terreo o percorrido do camiño escolar seguro polo que ir á escola a pé ou en bicicleta gozando do contorna en compaña ou en solitario.

A Casa Cultural de Arcos invita a percorer pozas, presas e presóns

A Casa Cultural de Arcos, continuando cun magnífico traballo de recuperación do patrimonio inmaterial e material da parroquia de Arcos, e tras realizar a recollida, análise e publicación de toda a microtoponimia, céntrase agora "noutros elementos fundamentais para a nosa parroquia: as pozas, presas e presóns", sinala a directiva da Casa Cultural.

Suscribirse a este canal RSS